Estamos un rapaz
e máis eu camiñando cara un destino por esclarecer, el estaba escribindo
Whatsapps a unha rapaza que respondía moi ben, el acababa de recibir un pero aínda
non respondera, o mesmo tempo pasamos a carón dun instituto onde vimos de
pasada a rapaza tonteando con outro rapaz que pese a non coñecer, eu tiña a certeza
de que o rapaz era un camelo que vendía Hachís, nos seguimos camiñando.
Co tempo xorden
máis persoas que se unen a nos seguindo o mesmo obxetivo, resulta que chegamos
a un vello instituto con pouca xente, un tanto baleiro, os que andabamos
formabamos unha clase, un especie de recepcionista dáme un papel e dinos que
escribamos nel o Nome do grupo, eu intento escribir unha palabra como proposta
pero na primeira letra doume conta de que non sei como escribila, sentíame
analfabeto e mentres intentaba escribir unha letra E eu terminaba facendo un símbolo
abstracto, ademais dáme por debuxar con eso de que non lograba escribir, cando
un compañeiro mira o papel ve todo repleto de debuxos e ningunha palabra, eu
reacióno intentando borrar os debuxos para deixar sitio a palabra pero pese o
esforzo eran inborrables, mentres, aparece un coñecido e case como saúdo
abalanzase a unha persoa que tiña o meu carón, acaban os dous tirados no chan e
eu agachado borrando no folio.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.