Iamos tres nun
coche, era de plena noite por una vía máis que coñecida, un amigo meu conducía,
eu ia de copiloto e a súa irma no asento de atrás. Nunha recta cruzámonos con
un camión enorme sen luces, nos viámolo pero el andaba fora o seu carril
invadindo o noso, o meu amigo que ten gran destreza o volante metese no valado
fora da vía, meteu a roda dereita fora da calada levando consigo a súa herba,
xusto despois puido volver o carril, pouco máis adiante encontrase cun vehículo
lento, adiántao meténdose no carril contrario mentres faciamos unha curva, non
se vían vehículos no carril pero o parar o coche lento encontrouse con unha
valla amarela no medio do carril contrario con unha sinal de prohibido pasar,
outro rápido xiro e librámolo polos pelos.
Chegamos a unha
casa, era un primeiro piso pero era enorme, tiña unha estrutura central anchísima
e cadrada de varios metros, unha columna que sostiña o edificio, rodeada de mobles, televisións e decorados. Redor
dela nos 360 grados había salas, salóns enormes, montañas enormes de películas,
libros, etc… Como se fose unha tenda importante dentro da casa, noutras salas
había cociña, salóns de estar, ordenadores e habitacións para durmir. Nesa casa
cada un facía o que lle apetecía, cando cheguei eu a maioría estaban vagos, eu
estou cansado e tírome a durmir un cacho.
O espertarme tiña
ganas e explorar o lugar, outro amigo que tamén andaba sen nada que facer acompáñame,
eu paro nun montón enorme de películas e series en DVD, case todos incluían caixa
de promoción, fíxome nunha caixa de 1ª parte da terceira temporada de Juego de Tronos , na portada aparecía un
guerreiro no medio da neve berrando de furia, non tiña claro se era un vivo ou
morto, esa temporada estaba dividida en tres caixa, debaixo das tres había unha
caixiña pequena, aparecían na portada uns bárbaros vestidos con roupa negra e
coas armas tamén negras, era unha historia no mundo de Gorge R.R. Martin pero
sen coincidir no tempo da éxitosa saga.
Cando me dispoñía
a ver ese CD o resto dos amigos que vivían pola casa achéganse a sala e dinme
que deixe iso, que vamos facer unha sesión de películas especial aberta o
público para dentro de un ratiño, pouco despois aparece unha morea de xente que
vai collendo asento orientado cara a enorme pantalla plana apoiada na columna,
eu sigo de pe e diríxome a un amigo a preguntarlle unha dúbida que non entendía,
“unha cousa, porque todo o mundo que entra a ver a película esta espido ? “ e
dinme “ é unha condición que puxemos pero se non queres podes facer coma nos que
como somos os donos do local podemos levar roupa “. Tamén me dou de conta de
que canto máis lonxe estaban os espectadores da televisión, estes podían levar
un pouquiño máis de roupa, a min volven preguntarme se quero ver espido a película,
eu quedo decidindo se seguir vestido coma se nada ou animarme e poñerme en
primeira fila sen nada, pero no medio non me ia quedar iso seguro.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.