Eramos tres, un rapaz, unha rapaza e eu, estamos
indo nunha avioneta sobrevoando o polo norte sen ningunha roda na que apoiarse,
nun sei en que aterramos pero ia caernos a noite e abandonamos o vehículo, e
metémonos na auga, nadando atopamos un escóndite, un estraño refuxio, unha vez
dentro quedamos impresionados do ben preparado que estaba, de inicio unha cousa
que me sorprendeu foi o deseño das paredes, tiñan formas cadradas salientes
como si foran tabletas de chocolate, daban unha sensación de relevo moi cómoda,
o material recórdame o que se usa nas impresoras 3D.
Empezamos
a camiñar polas diferentes habitacións, había unha impresionante, de varios
metros de altura con escaleiras de caracol aderido a pedra na que se sostiña a
caverna, estibemos un bo cacho discutindo de que podía ser este local, tamén
desconfiabamos que tivera algún sistema de seguridade, esa noite non tiñamos
outra opción pero non sabiamos con quen nos estabamos metendo. Cando estabamos
a punto de durmir eles dous estaban xogando con uns pequenos ferriños montando
figuriñas, unha que me chamou a atención tiña a forma de ese mítico animal
prehistórico, un dos máis antigos fósiles do mundo, un animal acuático con
concha e tentáculos.
É
o día seguinte, estou na casa, saio a fora seguindo a vida normal, cando chego
ao patio un home ben vestido achegase falándome, entón dime que non debería
entrar en sitios descoñecidos sen permiso, despois dime que coas cámaras
descubriron a nosa incursión no seu santuario, este home viña no nome dunha
asociación de autores que teñen ese local como centro de inspiración,
finalmente déixame claro que non comente a ninguén a existencia do lugar senón
apareceran consecuencias.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.