Estou con un home
traballando nunha pequena obra, estabamos cavando e quitando terra, el era un
home de mediana idade e negro, os dous estábamos traballando arreo cando
chagado a un momento achegase un rapaz, era o fillo daquel home, un rapaz novo,
mirando de seguido o móbil, con una gorra e cunha cara de desganado, achegábase
a falar co pai.
Da conversa que o
pai monopolizaba so se lle escoitaba repetir un tipo de frases “ Tes que
espabilar algo, agora eu inda podo tirar pero cando eu non de, vaste pegar un
bo golpe, aínda que non queiras estudar polo menos fai algo por ehí “. O rapaz
non respondía a penas e permanecía nunha actitude pasiva todo o rato.
Pouco máis tarde
eu paro un cacho e vou a un sitio o carón da obra, alí había unha morea de
xente mirando cara un comedeiro de herba para as vacas, aínda non pasara nada
pero estaban esperando algo, de entre os espectadores estaba un amigo meu co
cal fora o lugar da obra, el faloume e díxome que se tiña que marchar xa que
xurdira non sei que cousa e que debía marchar xa, o momento fíxome en como mo
esta a dicir e respóndolle “ haber, que xa nos coñecemos moi ben, temos unha
morea de confianza, non digas escusas que podes dicir que te queres marchar
porque simplemente queres, xa noto que neste lugar te aburres, se queres
marchar faino, pero non me veñas con escusas tontas “, “ non que si que teño
que facer unhas cousas e tal “ repetía el, “haber home que ca confianza que temos
non me veñas con tonterías, eu xa me quedarei, se hai alguén que me poida
baixar ben, se non xa me molestarei en ir a pé inda que tarde uns días, un
momento “, de súpeto un insecto achegouse o meu xeonllo esquerda producindo un
agudo dor, eu paro de falar e xiro a mirar mentres mando a man a apartalo,
antes de que me para a pensar cacei o insecto, e mateino, simplemente cando
saquei a man por el seguiu no bicado.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.