Estou na sala
central dun edificio enorme, o edificio era todo de formigón, pintado todo con
unha cor cinza, tiña moitísimo pisos incluíndo algúns subterráneos, na sala
había catro entradas en cada esquina as que se lle sumaban outras catro portas
de ascensor o lado, no centro da mesma había unha torre cadrada da altura do edificio
pero independente, a estrutura tiña a súa base un par de pisos máis abaixo.
Acompañado por a
miña noiva e uns señores estabamos conversando, chegado a un momento na
conversa dinme que non podo escapar de aquí, que me teñen pillado, eu négome e dígolles
que escaparei, a miña noiva mírame e dime algo así como “ ala ti, pero eu nun
me bou matar por escapar “, déixoa na sala e escapo por unha das portas
normais, fora un largo corredor que roda a sala anterior, nesa sala encóntrome
con un montón de pequenos xogando que o verme escapar empezan a xogar correndo detrás
miña, os vixiantes tardan máis en verme pero tamén se lanzan a persecución,
saio o exterior e pecho a porta tras de min para frear os demais, bordeo o enorme
edificio, estaba vedado, corro ata que encontro outro vixiantes, decido volver
a entrar, esta vez entro por unha porta de ascensor, lévame a un piso máis
abaixo onde continuo ata chegar a base da torre, rodeo a torre por un pequeno corredor
pero é estreitísimo, consigo pasar e subo por unhas escaleiras, volvo a
encontrarme cos nenos, volvo atrás e diríxome o centro do torre, métome polos
diminutos corredores a gran velocidade, ata que me perden de vista. Nese correr
miro cara arriba e encontro unha trampilla a un conduto da torre.
Estou no conduto,
a os poucos metros volvese alto como para andar de pe por el ata que terminaba
nunha especie de continuación completamente vertical, o conduto xiraba entorno
a unha columna de forma helicoidal, eu escalei sobre ela a duras penas apoiándome
nas paredes cas pernas abertas mentres me dicía a min mesmo “ Estou non centro,
nunca pensaran que para escaparme me metera aínda máis dentro “.
Sigo subindo nese
oco da torre pero agora é enorme e esta repleto de auga ata o cima, a cada rato
encontrábame con obstáculos na subida, en cada piso había unhas escaleiras pousadas
como se as esquecesen na construción. Chego a superficie e estou a piques de
abrir a trampilla, fora achegábanse tres vixiantes, un deles era o seu xefe, un
home que se parecía o personaxe de Franco na película
Trainspoting, el sabia que eu
intentaría escapar por aí, xusto cando eles ían abrir a trampilla eu ábroa
antes, vexo de fronte os tres que tras dous segundos de pausa lánzanse sobre
min os tres, iniciamos unha pelexa acuática ca cal os tres nos iamos afundindo
ata que chocamos con varia escaleiras, sepáranse das paredes e cáenos enriba,
cando eles se xiran a frealas eu aproveito para golpealos e esquivalas, con
eles no fondo intentando liberarse delas e sen aire eu volvo arriba case sen
respiración ata que consigo unha longa bocalada de aire da superficie.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.