31/10/14

Tres Asaltos


Un home achegase andando a un chalet, e de noite pero dentro ten a luz prendida, el esta sorprendido polo tamaño do edifico e o luxoso que é. Cando se achega a un dos seus cristais enormes empotra todo o seu corpo contra el mantendo unha cara de asombro, en escasos segundos o cristal cede desplumase co home enriba del, unha vez dentro el empeza a camiñar por o pasillo principal, o primeiro que ve é unha enorme piscina que lle alucina, achegase a ela e incluso se da un corto chapuzon, despois ve a súa esquerda o que de lexos parecía un jacuzzi, estaba situado a mesma altura que o pasillo pero para acceder a el había que baixar unhas escaleiras pasar por un especie de foso e volver a subir o nivel normal, cando o home o fixo todo ia ben ata que cando xa estaba arriba o primeiro metro de chan empezouno a desangrar mentres andaba, consige chegar o centro da estrutura onde había un pequeno centro de mandos estraños, no obstante xa non se pode manter de pé e morre deixando o piso encharcado pola súa propia sangue.

Outro home achegase a o mesmo chalet, resulta sorprendido pero non tan entusiasmado, cando se acerca a venta e se apega a mesma pásalle como o seu antecesor e desplumase ca venta nas narices, unha vez dentro mira con certo interes no edificio, como si estivera buscando algo, resúltalle especial a estrutura da esquerda e tamén decide atravesar ese foso que a rodeaba, baixa as escaleiras e sube as seguintes pero cando termina de subir antes de andar por aquel pasillo aparentemente normal el decide facer uns saltos largos en puntillas evitando o contacto, empeza a sangrar polos pés pero non moito, cando chega a ese centro de mandos empeza a tocar as teclas adecuadas e acababa de lograr desactivar todo o sistema de seguridade, xa tiña desbloqueadas tamén todas as caixas fortes e apagadas as torretas que protexían o resto da casa.

Eu e dous compinches estamos acercándonos a casa con claras intencións de furtar, achégome a ventá, empuxo co brazo e a ventá cae fronte a nos, entramos no pasillo central pero por consello dun dos compinches, o científico lle chamaba, un home que ia vestido como un doutor, con experiencia e que se encargaba dos retos imformaticos e loxísticos, el decidira meternos de cheo na profundidade da casa, metémonos por uns pasillos escuros, nun deles vemos unha estanteria un tanto iluminada onde colgaban tres armas, dúas delas parecían sen estrear, con mirilla, láser e de cor negra que lle daba un toque de estilo fantástico, parecía unha arma de airsoft, eu e o outro rapaz collémolas deixando unha terceira que parecía moi antiga, gris e con unha forma que máis que unha escopeta parecía unha polla. Nos en equipo segimos avanzando, o científico abre unha porta cual R2-D2 e nos metémonos, de fronte encontrémonos unha torreta que fai unha pequena sinal sonora, tiña unha pequena luz azul debaixo da mesma que deixaba vela, a torreta xirase a nos, permanecemos nos e ela uns segundos como si non soupesemos como reaccionar nin nos nin ela, entón collo a pistola e intento dispararlle a luceciña, da miña arma sae un láser que non parecía facer nada, eu manteño a posición lanzando o láser e cunha expresión de estar esperando que non me de cando empece a disparar, o cabo duns segundos de incertidumbre sobre con cantas balas ían matarme resultou que a torreta se desactiva, apaga a luz e todos damos un largo suspiro, o científico rebusca pola habitación algo de valor pero decide que pasemos seguinte porta, como si a escena se repetira presentásenos outro torreta e empezamos a iluminala co láser, nesa habitación tampouco había nada destacable, entramos na última desactivamos outra torreta e deixo que eles removan o local e que abran todos os candados das caixas fortes, eu vólvome para atrás para mirar, entón vexo que outros tres personaxes estaban recorrendo o noso camiño, encóntranse comigo e eu intento disparar ca arma, elas cóbrense pero despois doume de conta de que o láser non fai nada nas persoas, un deles, un que non parecía o máis listo precisamente, collera a terceira pistola, apúntame e dispara, aquela arma si que tiña armamento, so tiña un disparo e lanzouno detrás miña, pero o disparo cando chocou na parede explotou facendo unha explosión de película que ca súa onda expansiva me lanzou contra eles tres, medio magullado e acurralado non sabia que facer pero nese intre os meus compañeiros saen da primeira habitación e din que aquí non hai nada que roubar, non hai nada de nada, os seis decepcionémonos e deixamos de enemistarnos, despois mantemos unha conversa todos xuntos, un dos outros tres asociábao a Cris Griffind e non para menos, colleu e dixo –bou mirar se hai algo dentro desta taquilla- abre a porta, metese dentro e pecha a porta.

O científico despois terminou dicindo que se non puidemos ganar nada no roubo polo menos podemos sacar experiencia, colle unha tabla e escribe a un montón de personaxes cos seus respectivos puntos de experiencia ganada.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.