Estamos de camiño a un pequeno concerto dun
bar, no camiño pasamos a carón do lugar onde se establecían as atraccións dos
pequenos, ao final de todo estaba máis grande, era un cubo que con varios
metros de altura, nos borde estaban os asentos dos clientes que subían e
baixaban a gran velocidade, de súpeto a maquina para en seco con uns ocupantes
nos asentos, podía verse como os ocupantes se soltaran da seguridade e
empezaban a cantar, de feito tamén empezaron a tocar instrumentos, era un grupo
de musica que subiran o aparato para tocar e por se fora sinxelo tódolos
integrantes do grupo están ebrios.
Nos rímonos da escena
pero seguimos aos concertos que había dentro dun pub.
O chegar a dentro eu descubro que aí dentro so
había tres tipos de persoas ou de actitudes desas persoas, os que estaban
disfrutando e se deixaban animar polo baile e a musica sen parar de moverse, os
que veñen para disfrutar e o fan nunha intensidade tan baixa que non se
expresan e por último están os que non se senten ben pero cren que deben estar
alí.
O único que eu
facía era pensar en que ia elixir esa noite que actitude collería.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.