Estou nun bosque con un home de pequena estatura, calvo e algo moreno. Témonos que enfrontar, eu con un pau e el con un obxecto de cemento con forma de sable árabe (con forma de media lúa), no primeiro asalto case pensaba que o matara porque el non opuxo case resistencia e en dous golpes tíñao no chan, a pesar da sangue perdida volveu levantarse, esta vez sacou a súa enerxía e empezou a atacar desenfreado, eu non estaba entrenado para defenderme tan ben, nunha tormenta desemfreada de golpes venceume, agora so quedaba o desempate e para el o sable árabe pasou de ser cemento a converterse nun autentico sable de ferro. O combate reiniciase, esta vez estaba moi equilibrado, eu aguantaba mellor do que se esperara, por outra parte o escenario estaba cambiando, saímos a un claro dun monte onde había unha xigantesca rampa de terra natural, eu meterame nela para que se chegabamos alto tivese opcións de tiralo a el.
Perdín, con unha
arma de verdade é movéndose como se fose o mesmísimo Oberin de Juego de Tronos eu non tiven
oportunidade. El dime que loitei moito mellor que a media para non ter loitado nunca, entón aparece outro rapaz que o reta a loitar.
No primeiro asalto o
loitador experto volve a deixarse vencer, pero para o segundo combate cambiase de
escenario, estamos na caso do loitador, no seu salón parou o combate e empeza a
facer outras cousas pola casa, os dous quedámonos sen facer nada e o andar pola
casa descubrimos que hai moita máis xente, estou nunha quedada de portátiles
para xogar o LOL, de feito están entusiasmados polo xogo tendo ata unha frase
motivadora para xogar o LOL, eu ando por alí sen saber que fago alí ata que me
encontro con unha persoa inesperada, Angela Merkel, a cal esta terminando un
traballo para poder xogar o LOL despois.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.