Estou con uns
amigos nun piso, era una festa, estábamos de risas no que era a cociña, un
pouquiño axustado o espazo e cada vez enchíase máis, chegado a un momento os
meus amigos danlle as ganas de mirar para fora por a ventá, ábrena e saen polo
tellado, empezan a saltar e partirse de risa nunha planicie de terra que o cubría
todo fora, eu dentro acábome a cervexa e busco outra para ir a fora con ela,
por todas partes me encontraba botellas valeiras pero ninguén sabia onde
estaban, a xente da festa tamén se da conta e todos buscaban cervexa sen
encontrar nada ata que un rapaz di aquí quedan as últimas cervexas, toda a
xente incluíndome a min abalanzábase cara el ata que lle collen as dúas
botellas que mostraba, resultaban estar valeiras tamén, aí xa me esquezo da
bebida e diríxome a ventá.
No minúsculo
traxecto vexo como dous rapaces que coñecía entran pola ventá, un deles non o
vira case nunca, era pouco social, tiña poucos amigos e unha peculiar obsesión
polos coches, por o seu aspecto real non destaca en absoluto pero naquel intre
entraba con unha barba poboada e un voluminoso pelo rizo en forma de bola. Eles
non me recoñeceron e eu non tiven tempo case nin para asimilalo, no obstante
sigo cara afora na procura dos meus alegres amigos.
Camiño por un túnel
con un dos meus amigos do grupo, este é o máis sedutor, un tipo atractivo,
dominante e xuguetón. Nese lugar topámonos con dúas rapazas de fronte, os dous
a coñeciamos pero el o segundo lanzouse a saudala, so nos instantes que pararon,
el xa lle sacaba unhas boas risas coquetas, por suposto toda a súa actitude ia
acompañada por un linguaxe non verbal acorde, cando se despedían con uns susurros
no oído el acompañábao acariciando o se cu, despois desas palabras ela xirouse
a saudarme, un chao distante sen xogo como cando saúdas de pasada a un familiar
co que non te bas parar a falar, cando xa todos seguiamos o noso camiño, díxenlle
“ si señor esa é a actitude que teño que aprender “.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.