Estou nun restaurante comendo a base de froitas,
en especial laranxas, eu estaba pasando tempo alí con unhas persoas, tamén tiña
confianza ca camareira ca que falaba máis que cos compañeiros da mesa, pasado
un tempo chega o restaurante un veciño meu, tiña un corpo obeso ao extremo, no
restaurante xa era coñecido, de feito a camareira dicíame que el con todo o que
comía superábame na cantidade de laranxas que pode inxerir so cas que tomaba
nunha comida normal a modo de aderezo, eu saudeino e compartimos unhas palabras
amistosas.
Pouco despois eu saín a fora, por algún motivo na
rúa collín fixación con unha rapaza vestida cun xerseis vermello, eu pretendía
alcanzala pero non andaba lento, eu seguín tra ela ata que cando baixou por
unhas escaleiras lle perdín a vista, as escaleiras eran altísimas e de feito
eran dúas escaleiras xemelgas unidas na cima e separadas por un oco de baleiro
entre elas, cando miro polo oco vexo de refilón a rapaza baixalas por a segunda
escaleira, eu encanto volvo perder o contacto visual percibo a altura a que
estaba situado e da impresión da altura tírome para atrás e tómbome no chan
para calmar o meu vértigo e o meu ritmo cardíaco.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.