Estou falando con
un amigo nun bar, estamos falando sobre un problema que temos con un home,
estabamos metidos tres amigos no tema contra o tipo, no bar discutimos o tema e
chegamos a un acordo, no obstante o terceiro amigo aínda tiña na cabeza a ida
inicial que tiñamos pensada, quedaramos que a noite iriamos os tres a casa do
tipo e lle iamos pegar unha tunda, por algún motivo nos os dous decidimos que
nun llo iriamos dicir o outro para que foramos a casa do home e el lle pegara
unhas ostias o rapaz que seica merecía.
Cando chegamos os tres a esa casa
medio abandonada, e apareceu o home un cacho despois, el era un tipo musculoso,
enorme, sacábame cabeza e media, tiña barba e pelo alaranxado e unha
musculatura esaxerada, a súa cara era como a do personaxe de Juego de Tronos
que comanda unha avanzádella de salvaxes para atacar o muro dende o sur. O
comezar o enfrontamento el encarase cara min e lánzame o primeiro puñetazo, eu esquivo
e pégolle unha rafaga de puñetazos pero era moi resistente, a cada golpe que me
acertaba eu tambaleabame por uns instantes pero eu seguía na procura dun punto débil,
el consegue agarrarme facéndome un abrazo de oso, eu sen mans ca columna collo
impulso e lánzolle un cabezazo o máis forte que podo, el case perde a
consciencia e eu non daba nin andado, cando vexo que quere recuperarse tírome
enriba del sacando toda a forza que me quedaba e empezo con unha sucesión de
puñetazos na cara ata que tanto a súa cara como as miñas mans estaban en carne
viva supurando sangue, os outros dous simplemente estaban no mesmo sitio que
antes de empezar como espectadores.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.