Estou con un grupo de compañeiros, vamos facer unha excursión a un pais
latino, unha rexión cercada e separada do mundo ordinario. Cando chegamos a
unha cidade de esa sociedade podemos ver a os seus habitantes nun nivel de vida
moi equilibrado, tiñan unha sociedade sen pobres, a sociedade mantiña a
igualdade e a optimización dos recursos.
Eu pese a percibir isto sentía que había algo mal, había un problema
invisible, no meu paseo bou por un camiño dun colexio, os nenos estaban fora no
recreo pero eses nenos non facían nada, non saian do camiño, ningún deles
tocaba o cesped do parque, cando crucei entre eles sentín as súas miradas de
suplica, un deles dime algo, nun recordo as palabras pero si o que
significaban, non podemos facer nada, estamos controlados.
Eu sigo camiñando por ese camiño un pouco máis e a miña vista dáme nunha
rexa pola que escapa a auga cando chove, miro para ela estrañado e intento
fixarme que hai dentro, cando estou a punto de apreciar algo un chorro de auga fría
con anacos de xeo sae contra a miña curiosidade, eu quedo sorprendido e empezo
a rirme do gracioso do sistema de seguridade, un neno avísame que non tente
volver facer algo indecente, eu volvo achegarme a mirar para divertirme ca auga
pero cada novo intento era máis auga e xa empezaba a doer.
Prosigo na
exploración dese mundo, entro nunha tenda de obxetos de todo tipo, hai
estanterías metálicas e sinxelas sen deixar case espazo para moverse, o final
da tenda había unha pequena barra onde había unha muller máis branca que todos
os habitantes anteriores, na tenda podía verse de forma obvia cámaras de
seguridade pequenas é con tecnoloxía moi desenrolada, converso coa rapaza en
broma mentres miro as cousas que vendía, todas elas sen envoltorio, a vendedora
di que so se pode coller o que se vai comprar para pagalo unicamente, eu fíxome
nuns cascos, probos dicindo “haber que vai pasar agora, vasmo quitar por
probalo”, a dependenta mira para a cámara de vixilancia medo e permanece sen
saber que facer, de súpeto sen que os poida ver, dous brazos roboticos saen da
parede e cóllenme os cascos en segundos, cando sinto que me levan os cascos xa
era tarde e os brazos escondíanse nuns buracos escuros da parede, despois un
estraño son sae da cámara de vixilancia, dela sae un estraño obxecto que fai un
“clac”, un segundo despois dispárame un perdigón a o peito, co impacto salta un
importante chorro de sangue, estaba parado en estado de shock, non teño claro
como pero tras iso vexo nesa tenda un saco diminuto cheo de billetes, roubo o
saco e despois escoito de novo o “clac” móvome dunha forma rápida e
imprevisible e o disparo non me consegue dar. Saio do local e empezo a correr
para escapar dese país, na rúa soan unha morea de “clac”, danme na espalda, nos
brazos, pero eu sigo correndo e movéndome de forma impredecible co que evito
moitos disparos.
Xa é de noite,
cheguei a o campo onde non hai cámaras, uns amigos conséguenme unha moto e un
coche da cidade estraña, había unha sociedade en contra e querían axudarme na
miña fuxida, un home corpulento foi o que mo explicaba, el era o enviado para
axudarme en vivo. Nesto que estabamos falando e pregúntolle acerca dos vehículos
se serían seguros ir con eles, si estarían alterados con algún artefacto tecnolóxico
para matarme, o home di que o sistema faría todo o posible para eliminarte,
entón el di que pode facer unha comprobación, dime que me alexe, abre o capo e
cun piolet lánzalle un golpe a o motor apagado, durante poucos segundo non
parece pasar nada, o home neses segundo avísame que me tire ao chan como fai
el, de súpeto o coche explota nunha boraxide de lume. Este coche era unha
trampa, non era máis que unha bomba andante esperando que te subiras a ela. Coa
moto colle o mesmo piolet, cravarllo e poucos segundos máis tarde explota.
Dinlle as grazas ó home por salvarme pero eu seguía co saco do diñeiro e sen
forma de saír do país.
Nesa tesitura
aparece dende o outro lado da fronteira un cepelín moi grande, nel un personaxe
de aspecto chamanico-nomuerto con unhas garras como mans invítame a subir e
volver a civilización, despido e marcho no cepelín.
No viaxe manteño
unha larga charla co personaxe, polo que di, el é o líder dun grupo de
loitadores de aspecto escasamente humano pese a manter as divisións clásicas
antropomórficas, homeslagrato, ogros, trolls, etc... O que me comentaba este
líder era que en pouco tempo ían reunirse para ir de novo a fronteira e loitar
con outro grupo de loitadores do país latino, a min ofreceume armas para
empezar loitar, sen moita reflexión aceptei.
Tras un largo anaco
no centro de reunión, un lugar pantanoso no medio dun bosque frondoso. Todos
empezamos a andar por un camiño abandonado ata chegar a un lameiro despexado
onde esperaban os nosos rivais, un grupo de robots que tamén mantiñan forma antropomórfica,
o combate ia ser con armas corpo a corpo. Xusto antes de loitar fago un corto
discurso motivador e termino pedindo precaución para non deixarse matar.
O combate é caótico,
todos apelotonados, pegando con tódalas articulacións, rebentamos todo os seus
anacos de metal e terminamos gañando o combate, so sobreviviu metade do equipo
pero estabamos satisfeitos, cando decidimos marchar eu e o líder fomos no
cepelín pero os demais usaban un estraño poder que os convertía en criaturas
xigantescas coas que cruzaban por todos lados ata introducirse na terra ou no
mar onde seguirían o seu traxecto, un deles sorprendeume moito porque se
transformou nunha araña enorme que parecía estar formada toda ela por osos de
columna vertebral xigantes.
No cepelín cando
xa estabamos preto da civilización decidimos baixar, e controlar o aparato cun
mando dende o chan, nos estabamos camiñando por un parque de xogos publico baleiro
ata que chega unha pequena que empeza a xogar ela soa, entón eu miro para o
cepelín e vexo como cambiou de aspecto, agora parece un pequeno xoguete
teledirixido, según me dixo o personaxe o aparato so funciona cando ninguén
pode velo para que así non levantemos sospeitas na sociedade humana.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.