10/09/14

Corrupción Putrefacta

Unha sociedade manipulada, unha cidade sucia de edificios industriais altísimos, había un individuo que manexaba tódolos hilos nese lugar.

Eu encontrábame nunha pequena illa, separada da cidade por un largo mar, na illa había un frío case nevado, alí resistiamos con unha base militar de soldados rasos, con espadas e escudos, o noso obxectivo era protexer un templo que uns mortos viventes querían conquistar, arañas xigantes, esqueletos, e demais tiñan conquistado o noso pequeno porto, nos loitabamos pero morriamos, eles sempre seguían traendo máis do continente.

Cando arrasaron con todo e so quedaba o templo tivemos que fuxir, os superviventes usaban un cepelín co que desapareceron, eu sen embargo tiña a habilidade de voar, entón decido visitar a cidade, escondéndome en enormes maquinas pola cidade fun buscando aquel mafioso, un dos seus soldados consegue verme e salta a alarma, eu móvome pero sigo escondéndome ata que me volven localizar pero esta vez foi un gato, un gato maléfico que servía o mafioso, tamén posuía grandes habilidades coma min cegando a facer unha pelexas de garras e golpes no aire, finalmente el fuxía e  eu decidía que non estaba preparado para enfrontarme a tódolos inimigos que esperaban nesa misión, subo máis ala das nubes a centos de kilómetros de distancia no ceo.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.