30/09/14

Tres Torres

Estamos indo de excursión a unha cidade, vamos camiñando por un terreo escarpado no medio de montañas pedregosas, pasamos a carón de unha cova onde pasaban moitísimo visitantes e estranxeiros, había incluso algúns porcos camiñando libres preto da cova, tamén escoitaba a moitas persoas queixarse do penosas que tiñan as instalacións e o pouco preparado que tiñan a cova, un patrimonio da humanidade, entre os que se queixaban había instrutores de SC.

A seguinte parada foi un parque con uns edificios a carón, soábame o lugar como si estibara alí antes, comemos o aire libre nun montón de mesas pasamos o rato no gran xardín.

Chegamos a cidade, chámolle Lugo pero o primeiro sitio ao que imos é a praia, estaba alta a marea e case se metían nos edificios de pedra antigos que formaban toda a costa, os edificios estaban a pe de praia. Eu fun cos meus compañeiros a unha esquina onde había unha terraza para tomar algo, alí cambieime de roupa para bañarme, cando me bou meter na auga éntrame un frío estremecedor, volvo a cambiarme e resulta que me paro un cacho no dilema de que calcetíns poñerme, o levantarme miro de novo a praia e vexo que as únicas persoas que aguantan o frío son parexas acurrucadas para manter o calor corporal, tamén me fixo en que baixou a marea e aprecio a forma da praia, unha praia exaxeradamente pendente. Reintégrome no grupo haber que facían, estaban primeiro repartindo cartas de magic, por equivocación a min dábanme un mazo enteiro e cando se deron de conta non quixeron seguir xogando a ese xogo, como substituto sacaron as cartas do UNO, para facelo máis divertido cando lanzabamos cartas a mesa facíamo de formas cada vez máis espectaculares, eu cheguei a lanzar unha carta facendo unha chilena.

O terminar a partida un deles empezou a falar dun lugar mítico, uns monumentos pouco coñecidos que estaban preto da cidade, para acceder a el hai un túnel por debaixo da praia que vai o mar onde se encontra nunha pequena illa, mentres comentaba isto, a visualización do momento pasaba a ser unha recreación 3D dun mapa feito a ordenador polo que movía a perspectiva como desexaba, despois chegou o punto de vista á propia illa, había dúas cúpulas enormes, unha torre tan alta coma as mesmas e no centro outras tres torres de un metro de ancho pero con unha altura descomunal, as estruturas parecían estar feitas pola natureza, todo era escarpado sen uniformidade, parecían un montón de materias minerais comprimidos que permanecían así dende milenios, eran unha cor entre azul e violeta moi escuro, tiña un aspecto que parecía estar iluminado pola luz da lúa.

Deixo a praia para saír de festa, mentres marchamos alguén me ensina un vídeo, nel aparece Ángel Daro falando do mal que teñen as instalacións da cova que antes visitaramos, na gravación vese como ten incluso que escalar para subir e nótanse tamén os movementos aparatosos do cámara o gravar, despois víase a cova a uns cen metros con dous porcos o redor e unha chea de visitante, nun momento dado aparece un porco a un metro da cámara e mira para a cámara como se estivera sorprendido de que o graven, escapa correndo o animaliño.

Aínda non chegamos a zoa da festa, non coñezo a cidade así que bou perdido, inda estaba a xente tomando as primeiras cervexas, eu dedícome a pasear e voume encontrando con algúns coñecidos da miña cidade bebendo, outros vomitando, outros sen embargo saudábaos e despois seguíanme como si eu soubera a onde ia, de feito ia bordeando os edificios e as entradas, unha vez metinme nun escaparate deses largos e fondos, cheguei a porta e cando volvía saír vía como os outros tamén fixeron a mesma estupidez.

O largo da noite chego por fin a zoa dos pubs e botellóns, andei por alí encontrándome con aínda máis coñecidos da miña cidade, curioso foi o do home que recoñecín mentres andaba na plena escuridade simplemente pola forma especial de moverse e da súa postura. Noutro memento da noite chego ata o lugar onde comemos a mediodía, resulta que os edificios que estaban o carón eran pubs e coñecíaos por que fora unha vez fai moito tempo. Eu andaba por alí, cando me fixo nas mesas vexo como debaixo do mantel hai uns papeis que resultaban ser o menú do bar, levantei un pouco con curiosidade o mantel pero unha avalancha de queixas xurdiron da nada para evitar que as súas cervexas perderan o equilibrio.

Volvo aos pubs da cidade, alí propóñome coñecer xente e fálolle a unha rapaza, cando se xira para escoitarme eu non sabia que ia dicir, permanecemos nun silencio estraño uns segundos ata que os seus amigos aparecen, eles fálanme e entón si que tiña algo que responder, preséntome e acompaño o grupo xa con máis confianza. Andabamos por aquelas rúas moi estreitas e era fácil perderse de vista, no medio da xente encóntrome ao meu irmán o cal levaba unha chaqueta de pel propia de un millonario ruso, toda negra e ben acabada, un escote que relucía unha la ou pel, dáballe un porte incrible, ca sorpresa que me deu ese novo aspecto perdera por completo o grupo aquel, deixo o meu irmán e sigo por pola zoa dos pubs.

Estou tombado boca abaixo nun lameiro, ao meu carón estaba o meu móbil soando, miro a hora e pon que son as tres da madrugada pero cando me levanto vexo que acaba de romper o día, miro estrañado o móbil e laméntome por perderme toda a festa, cando me fixo en onde estou sei que é a miña casa, a miña nai esta traballando e incluso hai unha porca andando libre mentres traballa. Eu digo a min mesmo que igual estiben fatal e vin a casa andando, entón decido volver andando a cidade pero o camiñar doume conta de unha cousa “Hostia ! pero si eu estaba saíndo por Bilbao, nun puiden andar 1000 kilometros nunha noite, joder, seguro que estou soñando e na realidade estou tirado por calquera rúa “. Acto seguido despertome na zoa de pubs, de día, todo pechado, ninguén polas calles e a música do meu móbil soando.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.