07/09/14

Que queres de min ?

Encóntrome nun lameiro facendo una labor con un tractor, mentres traballaba aparece una muller medio desesperada, ela viña preguntando por onde hai que coller para ir a un sitio, eu dicíalle que había que seguir o camiño, pasar por enriba das vías do tren e por debaixo dunha carreteira nacional.

Ela non me daba entendido e estaba nerviosa co cal chamou aos seus compañeiros, ela non foi capaz de explicarlles onde estaba co cal collín o celular e expliqueilles eu, cando escoitei as respostas deles soábanme como unhas voces inquietantes, cando falaban dábame a sensación de que ocultaban algunha intención secreta.

As miñas sospeitas colleron moitísimo poder cando a o outro lado vexo un home cunha forma de andar sinistra, ese home era co que estaba falando, eran demasiadas cousas, co medo a que se achegase collín unha pistola e a 100 metros de distancia alcánzolle a cabeza cunha bala, non obstante el non estaba so, os seus compañeiros aparecen despois camiñando cara min, intento dispararlles pero non acerto unha, entón véxome sen armas fronte a tres personaxes que miraban para min coma se encontrasen a solución a tódolos seus problemas.

Eles dinme que necesitan os meus puntos, dos tres que sobreviviron dous eran homes e unha rapaza, resulta que a rapaza acumulara máis de 20.000 puntos estaba a punto de gañar, so necesitaba uns poucos máis, eles so me pedían que lle dera unha aperta a ela para transferir os puntos, eu accedín.

Cando gañan, o premio que reciben resulta ser un tableiro de un xogo de mesa pero despregable, tan despregable que daba sobre tres metros de largo e ancho.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.