28/09/14

Medicamentos perdidos nunha festa


Estou un gran patio rectangular rodeado por un alto edificio antigo de pedra, estaban dando unha gran festa moi concorrida, eu estaba alí cunha pequena bolsa onde levaba o móbil e tres caixas de medicamentos, tamén recordo que hai pouco coñecera a unha rapaza ca que estaba falando polo Whatsapp pero a partir dun momento eu quedo en branco sen saber que dicirlle, estiben pensando neso un cacho pero sen encontrar resposta, decido moverme e collo a miña bolsa cara a saída que era unha galería.

Mentres ando pola galería algo grave sucede e a xente deixa paso a algo indefinido, uns enfermeiros entran con unha camilla portátiles, nela unhos seres que non puiden identificar, o seu estado era deplorable, estaba cheo de vermes rebozándose nese liquido que impregnaban a criatura, pasaban preto miña, cuasi rozando, ata me entrában arcadas, cando miro cara fora, no parque, un espectáculo peor, decenas de criaturas ou seres en camillas nun estado igual de deplorable.

Doume a volta e volvo a galería como si nada pasara, a xente alí continuaba na súa onda, eu nese momento pedín na barra algo para beber, de súpeto aparece fronte a min a rapaza coa que non tiña palabras polo Whatsapp, recordo a sensación de incomodidade, respondín con sinceridade dicindo que non lle falaba porque me quedara en branco.

Marcho onde a rapaza e saio a fora pese as camillas e os enxendros, alí detéñome cunhos rapaces porque estaban borrachos e metíanse comigo con empuxóns, como reacción collo a un e empuxo pero el cae da peor forma posible e cando se intenta manter de pé empeza a sangrar por toda a cara, así decido voltar para a festa, cando estou entrando case me olbido da miña bolsa.

Dentro non ocorre nada especial e decido marchar, estamos andando polo parque que agora xa non tiña ningunha criatura, e de súpeto invádeme unha sensación de alegría e sorpresa o darme de conta de que ese día pasarame de todo, desplomome da alegría, nese momento ia cun coñecido que se quedou apampado da miña reacción.

Xa máis calmado entro no meu coche sen carne, pouso as miñas medicinas no asento do copiloto e arranco, saio do aparcamento fago media rotonda e sen pensalo métome escaleiras abaixo por unha rúa peatonal.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.