Estou nun
concerto con unhas rapazas nas últimas filas, cando me dou de conta a rapaza
que esta o meu carón tiña unha cara expresión peculiar, ela parecía tristísima,
case chorando pero permanecía alí, eu que tiña un forte sono boteime un
microsono e cando volvín mirar a súa expresión inda era máis esaxerada, ela tamén
se dera conta de que a estaba mirando, pero en canto lle pregunto porque ten
esa expresión, ela empeza a escachar coa risa, eu quedei inda máis
desconcertado.
O concerto remata
e eu que seguía un pouco obsesionado con iso e durmido decido moverme un pouco
haber se me despexaba, en vez de iso movíame cos ollos pechados, de feito nun
movemento deses fíxenlle unha zancadilla a un rapaz que marchaba co cal votaron
aínda máis risas, eu estaba derreado e tírome na herba, unha herba verde, forte
e alta. Cando me dou
conta aparece un coñecido e dime “Bueno haberá que volver que non te quedaras
en Francia ?”, ao que eu respondo “ pero estamos en Francia, joder pis mira que
me gustaría ir a moitos sitios en Europa pero Francia non, prefería ir a ver
Londres, Liverpool, a Alemaña tamén me gustaría ir, a Suíza, Mónaco, iso solo
si fora por Europa porque si puidera ir polo mundo adiante, supoño que empezaría
por subindo por Rusia, despois cruzaría o largo e baixaría a altura de
Kazajstán.
Estou no vendo un
bosque de Kazajistán e o mesmo tempo estou escoitando unha lenda que comentaba
a existencia por aqueles paraxes de criaturas do bosque, criaturas que eran o propio
bosque, estábanme falando de que de noite as arbores espertaban como auténticos
ents. Estou no medio do
bosque, esta nevado e é de noite, todo parece tranquilo, ningunha daquelas arbóreas
centenarias se movía, no obstante empezouse a escoitar algo, había unha
criatura de gran tamaño achegándose a miña posición, cando a vexo dende o lonxe podo observar que se move serpenteando e
cocando con moitas arbores, de feito moitas delas derribabas, so aqueles mais
grandes aguantaban aqueles impactos involuntarias, o animal chega a pasar
fronte miña pero ignorándome, tiña caro pequenas patas cas que camiñaba dunha
forma serpenteante, a cor era prateada, un prateado no que algúns puntos
brillaban máis case como diamantes incrustados na pel, a metade do seu tamaño
era pola súa cola, unha cola tan grosa como o seu corpo que se balanceaba de
seguido, non era moi larga en proporción pero tiña unha forza descomunal.
Cando vexo o
animal alonxarse da miña vista escoito outro ruído que proben de onde viñera a criatura, de súpeto unha enorme
manada de lobos corría os pasos do animal, eses lobos ignoráronme e seguiron
para adiante pero notei que eses cadelos non estaban perseguindo a unha presa,
estaban perseguindo a o seu líder, a súa guía, tras dos lobos máis grandes, ían
os máis lentos e os máis pequenos pasando de últimos uns cachorriños diminutos
co pelo rizado, eran preciosos e hasta parecía que brillaban.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.