22/09/14

Voando Lixeiro

Situado nun edificio solitario nun claro do bosque, alí é onde traballamos eu e un compañeiro. O sitio estaba nun lugar ao se tardaba en cegar polo escarpado traxecto. Nun momento vexo un helicóptero aterrar, de feito o helicóptero chega a entrar no garaxe sen ningún dano, as aspas que debía chocar ca parede desvanecíanse cando tocaban a parede, entón eu métome dentro do garaxe en fronte do helicóptero, o piloto percútase da miña presenza e sae apresurado cara fora, finalmente aterra no claro.

Baixase do helicóptero e cando anda cara min, o helicóptero desvanecese, o meu compañeiro cun amplo sorriso dime “Vale pilláchesme, vouche ensinar o truco”, abre a palma da man e ensina un artefacto largo e estreito coma un lapis, ten un acabado con madeira pero vese claramente que é metálico, nunha das esquinas ten unha diminuta bombilla.

Collo o artefacto co aman dereita e agarro co puño pechado, acto seguido empezo a levantarme do chan, non sentía nada debaixo miña, parecía que non pesara nada, eu seguía elevándome sen control, xiraba en círculos sen saber como parar, tras esforzo e concentración conseguía manter o equilibrio, entón dirixinme cara o río, un río rodeado de montañas. No percorrido encóntrome con uns cables de alta tensión que esquibo a costa de perder o equilibrio, perdo o control do sistema e estou xirando no aire mentres perdo altura, choco ca auga.

Non sei nadar, ante o impacto solto o artefacto e estendo todo o meu corpo sobre a superficie calmada do río, respiro coa nariz con extrema dificultade pero mantéñome a flote, cos brazos empezo a moverme lentamente cara a beira, tras un duro rato consigo tocar praia, Nela uns bañistas tomaban o sol pese a que acababan de ver como un helicóptero se estrelara no río e desaparecera. Non perdo moito tempo con eles e bou a miña casa, chego alí xa de noite e os que están teñen montada unha fogueira ao lado da casa onde estaban discutindo, mirei dentro da casa e todo estaba desordenado e desfeito, entón saio eu e empezo a pedir explicacións cos da fogueira.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.