08/09/14

Visita Guiada

Chegamos a unha terraza de un bar, estou pasando a tarde co meu irmán, os seus amigos e unhas rapazas que coñeceramos esa mesma tarde, na terraza había uns futbolíns aos que as rapazas se entusiasmaron en xogar, elas empezaron a xogar e nos iamos poñer moeda para ser os seguintes, hai sáeme a dubida de saber canto costa a partida, entón dígolle os demais que bou a dentro para cambiar moedas e preguntar canto costa.

O local dentro era moi grande, moi escuro, tiña diferentes salas, a sala principal na que me encontraba recordaba a unha discoteca, no centro había unha barra pero non había ninguén, a xente repartíase entre as mesas das diferentes salas. Eu achégome a barra, empezo a falar ca camareira para preguntarlle, ela dime que costa un euro, eu miro os meus bolsillos, non saco máis que unha moeda de 50 céntimos, para saír do paso pregúntolle a rapaza se ten algo que poida facer a cambio de que me de algunhas moedas po futbolín.

Ela non responde de forma directa senón que ademais saca o tema da arte, fálame de cómo é o local, resulta que aos dous nos gusta a arte surrealista, a conversa alargase e flúe, de feito ela sae da barra e acompáñame cara un cadro que lle encanta, nel víase unha cara debuxada mirando de fronte, no medio dun fondo cheo de imaxes abstractas, a única palabra para describilo que dixen foi “encántame” ao que ela engade, pois non viches o máis alucinante, ela mira o cadro e move a cabeza de arriba a abaixo, ao volver a vista o cadro vexo como a cara fai eses mesmos movementos, ela invítame a probar eu, a sensación de ver un cadro que pare imitarte é alucinante.

De paso tamén me ensina as diferentes salas, nelas había diferentes tipos de mobiliario de todo tipo, explicoume que este local non so é un bar senón que tamén funciona como mobiliaria, ensíname todo o local e levabámonos fenomenal, despois de dar a volta o bar so nos quedaba unha pequena sala pouco utilizada, cando entramos alí, non había luz, abandonamos o sentido da vista e desenrolamos o sentido do tacto, terminei ofrecendo pracer co sentido do gusto.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.