12/09/14

Patio de Recreo

Déixanme no medio dunha cidade, eu chego con ganas de saír de festa pero doume de conta de que é de día, o reloxo indícame que son as oito e media da maña, encóntrome so vagando por unhas rúas valeiras ata que pasa un coche dediante miña e parase, ábrenme a porta de atrás e saúdame un coñecido que era o condutor, de feito proponme que fora con eles, eu acepto e entro no vehículo, a o meu carón na parte de atrás había tres rapazas,  o coñecido é outro rapaz de copiloto, estabamos premidos naquel coche branco.

Chegamos a un sitio medio ruinoso, no medio dunha planicie que parecía de Castela e León, baixámonos todos e abrimos un portón de madeira vella, dentro so había unhas pequenas estruturas de cemento, cada un vai a súa bola, doume de conta de que dúas das rapazas que ían o meu lado no coche estábanse espindo para empezar a foder cos dous que ían dediante no coche, iso estábano facendo no medio dese patio, o rapaz que eu coñecía puníase a facelo detrás dunha desas estruturas de cemento inútiles e o copiloto simplemente no medio do patio, pero tamén había máis xente que a que viña no coche, quedo un tanto estrañado o ver un tipo grande musculoso bailando so o seu rollo nunha rampa de cemento, sen musica e sen explicación o tipo non paraba, tamén aprecia xente por alí falando e tal, cando bou conocer a xente que estaba de charla éntranme ganas de mexar e bou a unha esquina desas paredes destrozadas, tómome o meu tempo sen presa. 

Cando me dou a volta non había ninguén, nin sequera restos de roupa tirada nin nada que indicara que alí estibo alguén. O primeiro que penso é que se esconderon todos de min e empezo a mirar detrás das estruturas, tamén empezo a falar en alto como si me estiveran escoltando escondidos, como seguían si dar sinais de vida saio polo portón e digo en voz alta que me terei que ir andando unhas cantas horas asta encontrar algunha poboación, cando xa estou mirando que camiño coller, collo o da miña esquerda e vexo a todos rindo e escondéndose de min tras un muro, algúns ca roupa na man.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.