Estou nun monte,
nel había un monasterio, eu estaba dando un paseo gozando das vistas daquelas
serras verdes, cando baixo polo camiño atópome con un amigo e a súa moza, parámonos
a falar e dinme que ían a vivir a aquel monasterio, entón eu aconséllolles que construirán
una muralla o redor do seu térreno para que evitaran molestias, a eles gústalles
a idea e deciden poñela en marcha.
Estou acompañado por
una persoa naquel camiño, estame explicando como vai quedar a muralla, nos
estamos fronte o que será o portón principal e estame pedindo consello de cómo a
deseñaría, o final eu aposto por un deseño tradicional pero con un sistema de
apertura moderno, as portas activaríanse cun mando a distancia e aviríanse deslizándose
lonxitudinalmente, mentres falabamos diso unha enorme grúa traballaba colocando
tódalas pedras da muralla, estaba pintada de verde claro, tiña catro longuísimos
brazos polos que se movía a carga, no centro da mesma había un eixe circular
que facía xirar toda a estrutura, sobre el estaba a cabina do condutor, unha
cabina de cristal con forma de cúpula apoiada verticalmente, tiña unha
cantidade de mandos incrible a cada movemento o operario case non daba feito.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.