28/08/14

Compartimos sangue derramada

Estamos fronte a casa da familia, unha vella estrutura enorme, sucia e mal iluminada, alí é onde esta esperando o resto da familia, eu acompañaba a unha metade da familia, a outra esperaba dentro e era o noso inimigo, polo medio da casa permanecían neutrais as mulleres cos nenos aos que ninguén quería ferir.

Unha vez dentro dividímonos, sacamos as nosas espadas e recorremos os recuncho, ao lonxe escoitaba os berros de dor de amigos e inimigos, a casa no seu interior parecía unha cova, terra escuridade, o chan de pedra escarpada, poucos rivais encontraba, todos eles principiantes na arte da espada, eu buscaba o líder, un primo, o home que dirixía a operación, cando o vin por primeira vez tras uns poucos choques de espada saltou atrás e fuxiu polos camiños máis estraños.

Chegado a un momento encóntrome a unha muller co seu neno, ela estaba triste por que a familia loitara con sigo mesma, tratei de animala, incluso estiben saudando o pequeno, era pouco máis grande que un bebe, no medio da conversa escoito o berro do primo "a que estas esperando", sigo un pouco máis adiante pola cova e saio a unha gran balcón, a varios metros de altura, sen barandilla, a única luz era a que traian as farois laranxas, alí mirámonos ós ollos para comezar o desafío.

Antes de comezar a muller de antes achégase dicíndome "espera, loita con esta espada, fai que perda toda a sangue que merece ", acababa de entregarme unha espada, unha espada cristalina, transparente na cal dentro podía verse un oco por todo o filo e mango, o oco estaba recheo de sangue fluíndo.

Con esa arma lánzome o primo, un duelo equilibrado, un corte na miña perna, rózolle a xugular a el, pero non paramos, cortes por tódolos lados, o duelo non pode estar máis equilibrado, despois dun largo rosario de golpes un paso en falso faille perder o equilibrio, nese momento saqueille unha patada a altura do peito que o deixou morto no xardín da casa.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.