02/10/14

Estar morto sempre relaxa

Chego a unha sala de deportes, nela había moita xente nova pasando a noite, o chegar eu moi contento póñome a falar de risas cunhas rapazas, unha delas por algún motivo pregúntame "ti non te meteras coca ?", a esa pregunta respondo con unhas gargalladas descomunais, cando me recupero do chiste dígolle que eu estou noutro nivel nas drogas, entón ela di "ahh logo ti xa estas no nivel de tomar pastillas", ao que conclúo eu "non me entendiches, eu estou noutro nivel de drogas, a miña droga é o Oxixeno", aí xa todos nos partimos de risa.

Na sala entra un amigo meu, el ven con outro obxectivo e recórdame cal é o meu, somos espías e debemos vixiar a zoa fronte a un posible ataque inimigo, o meu compañeiro era un dos mellores da organización, el foi o que avanzou polo bosque a sacar información do inimigo.

Cando volveu comunicounos que a ameaza desaparecera, eles non atacarían, sen embargo descubriu que un espía dos nosos era un traidor, todos desconfiamos de todos ata que no medio de esa tensión, un dos nosos saca unha pistola, apúntame a min e a o meu amigo, el era o traidor, estaba nervioso, aterecido e con unha pistola na man apuntándome, eu era o único que estaba sentado tranquilo, non me gustaba matar as persoas e trataba de falar con el mentres el me poñía a pistola na fronte, eu neses momentos entrei na actitude de que ia morrer, estaba sen medo, neses momentos sentes que non tes nada que perder, de súpeto o meu amigo nun movemento instantáneo dispara a cara do traidor saltando os seus restos.

Tras esa escena eu saio a o aire libre, séntome na herba e empezo a practicar relaxación ata que o amigo venme a ver e dime algo así como "xa o deixamos todo limpo, podemos continuar ca operación".


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.