10/10/14

Cambio de pel



É de noite, estou nunha rúa solitaria con un home calvo en paro, unha persoa que transmite que é un fracasado, el leva da man a súa filla pequena, nos estamos mantendo unha conversa axitada, a veces el solta a pequena, ela aproveitaba para escaparse del pero el reenganchaba cada pouco, nunha desas fuxidas el pérdelle a vista no medio da escuridade, cando se percata empeza a correr por onde ela desaparecera, el berraba desesperado ata que tamén eu lle perdín a vista.

Estou correndo buscando a miña filla, na nube de pensamentos que me invadía xurdían moitos pensamentos tales como “non podo perdela, ela é o único que me importa nesta vida, é o mais valioso que teño, non a volverei a encontrar, pode pasarlle de todo, non podo vivir así, bou ir a esa rotonda a suicidarme”.

Pasado un largo rato de agonía eu tiña toda esperanza perdida, tiña claro que ia abandonar este mundo, no camiño cara a rotonda aparecen dous rapaces que coñecía, estaban xogando a pases cunha pelota improvisada, cando nos cruzamos vexo as súas caras de felicidade mentres me dicían que me animara, nese intre un flash en forma de recordo irrompe en min e lembro a filosofía ganadora que aprendera, entón percateime de que por moi mal que a vida me deixara o meu camiño e os meus xenes so podían tirar cara adiante, tiña que loitar por a miña felicidade, chegar a alcanzala ou non, a miña bioloxía esta programada para facelo.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.