13/10/14

Xira e xira

Estou camiñando con alguén, o noso obxetivo era levar unha porca grande a un sitio, eu ia dediante e a porca parábase, non había que facer nada máis que andar, a porca tiña unha papada inchadisimisa, como si dentro desa pel tivera un globo, o largo da camiñata encontrámonos con unha porta concorrida por un montón de mercadillos, as cousas amontoábanse polo chan, nos pasabamos xustos por o carreiriño que deixaba, no carreiriño un cadelo negro e enorme entorpecía o paso, entre os movementos meus e os da porca empuxabámolo ata que volviamos ter espazo.

Despois dun cacho camiñando, chegamos a un lugar onde paramos e atamos a porca a un peche, a carón de onde a deixamos había un rabaño de ovellas, o seu carneiro mirou para a porca e abalanzouse contra ela cos seus enormes cornos, a porca medio apartase e non lle doe moito pero o carneiro tiña intención de seguir embestindo, entón eu reacciono collendo polos cornos, como era potente, o único que podía facer para que non tivera opción de facer forza era xirar sobre min mesmo e agarralo para que xirara no aire. Dun momento a outro dunha forma difícil de explicar, o carneiro polo que tiraba pasou a meterse dentro dunha cervexa ca que eu seguía xirando sobre min mesmo polo medo a que me parara e o carneiro me levara por diante, eu continuei pensando iso ata que me canso e cando paro póñome con cara de esperarme un golpe, eu pensaba que o carneiro ia saír da cervexa a toparme pero resultou que xa non había tal, iso me dixeron unas persoas que estaban tomando algo nun bar, empezamos a falar, despois de un cachiño doume conta de que a miña compañeira estaba sentada soa esperando por min na distancia, neses momentos estaba percibindo que asa rapazas cas que estaba falando sentíanse atraídas por min aínda que eu non soubera como levar a situación e avanzar, de feito elas pregúntanme si a coñezo e entón xa digo que veu comigo e volvo para onda ela, dicíame eu mesmo que unhas simples descoñecidas non podían facerme gastar máis tempo que unha persoa ca que xa compartira máis esperiencias.

Cando nos estamos movendo ela e eu, doume de conta de que paréceme que nos falta confianza e eu dígolle que che parece si facemos un xogo no que mentres andemos parezamos noivos, si queremos ter confianza actuemos como que a tivésemos haber si desa maneira xenerabamola, en canto empezamos o xogo solo por estar actuando con esa condición moviámonos con toda comodidade e adquiriamos toda confianza simplemente por actuar como si a tivésemos.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.