15/10/14

Camiñando cara unha cama de cemento


Chego a una cidade, acompañado por un coñecido recorro as principais rúas, chegado a un momento encóntrome con uns veciños, ia toda a familia xunta, eu saúdos e pregúntolles onde se pode comprar roupa de home nesta cidade que parece que so se vende roupa para mulleres, dinme algunha vaga referencia de onde ir e marchan.

Nesa familia tiñan us nenos pequenos, mentres todos ían de compras os nenos quedaban con un amigo da familia e a súa moza a tomar algo nun bar, a parella estaban discutindo si ensinarlle unas cousas os nenos, un defendía que o neno necesitara saber estas cousas para defenderse no mundo sen embargo darlle esa información daralle posibilidades de crear máis problemas para os seus pais, entón estaban os pequenos preparados para usar ben ese coñecemento ou esperaran ata que llelo digan os seus pais ?

Eu sigo vagando pola cidade, xa é de noite e estou nun parque con outra xente coñecéndonos, pasado un rato decido que teño que marchar para durmir, despídome e marcho a durmir onde deixara a mochila, non tiña pensado gastar moito e ia durmir no chan dun local. Os poucos metros poño a musica do móbil e sigo camiñando, métome por uns edificios modernos con grandes cristaleiras, intento atallar meténdome polo medio del, chegado a unha das salas encóntrome con que non había saída por alí e ademais había dous porcos dentro da oficina, o entrar eu asústanse moitísimo, eu pecho a porta e marcho, cando me bou para atrás aparecen dous dos que estaban no parque achegándose a min, empezan a dicirme en voz baixa que baixe a musica que é unha animalada, a min parecíame que estaba ben, escoitaba o xusto, entón colle a rapaza e sácame uns auriculares de protección que levaba postos, entón ela ponos e eu xa noto como o son era estridente, sen eses auriculares o móbil so emitía pura distorsión.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.