Aparece un amigo
correndo cara nos, estaba alterado e asustado, dime que mire o ceo e entón podo
percibir como agora é de día e hai unha Blackline encima de nos producida por
un chemtrail, eu xa empezo a notar un cambio no aire e vexo que se estaba
esparcindo esa descoñecida sustancia, percibo tamén un cambio no olor e decido
que temos que ir para o piso para non respirar algo tan dañino, elas e algún
outro rapaz que se xuntara intentan disuadirnos da idea pero o amigo e eu
empezamos a correr cara o piso.
Estamos no piso,
hai unha cantidade importante de xente polo piso como se fixesen unha festa ou
algo, as rapazas o final tamén nos segiron e estaban alí, eu falo ca rapaza e
vámolos os dous a unha sala con sofás e mesas, eu intento pechar a porta pero
non funciona a pechadura, entón u despreocúpome e séntome nun sofá, ela sentase
sobre min e seguimos o dialogo sen palabras.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.