Chegamos tres
persoas a un circuíto de carreiras, era o aire libre e estaba decorado por
todos os lados con unha cor azul pálido e medio cor cinza, os tres levabamos cada un
formula 1, e iamos facer unhas carreiras, antes de empezar eu dígolle á muller
que nos deixara entrar no circuíto e os outros dous “ bueno, xa que teño un
formula 1 de verdade bouno coidar ben e non o penso danar, así que irei mais
tranquilo do que podería “.
Comezamos a
carreira, imos os tres apegadiños, facendo curvas pechadas e adiantando con centímetros
de distancia, pero os tres mantemos unha velocidade moderada, o avanzar a
carreira empezamos a rivalizar e a acurtar distancias, nunha curva do circuíto péchome
o extremo meténdome na herba e sen querer crúzome de fronte con un poste,
contra el choca o meu eixe dianteiro, nin o eixe nin o poste ceden e vexo como
as dúas rodas son arrancadas do formula 1, eu sigo acelerando e continuo varios
metros sobre a pista conducindo so recto.
Despois das
carreiras volvo a falar ca muller que nos deixara entrar na pista, a partir
de aí o que son eu pasa a ser un
personaxe dun xogo de ordenador, eu manéxome a trabes do teclado numérico e o
non sei como manexarme, pulso os botóns d fora aleatoria e eu empezo a moverme
espasmodicamente, todo tipo de movementos xuntábanse ata poñerme directamente a
bailar de forma descontrolada, a muller non o entendía pero co imprevisibles
que eran os meus movementos cheguei a chocar con ela tirándoa o chan mentres
“bailaba”.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.