06/10/14

Os poucos que ainda vivimos

Un dragón esta aniquilando toda a poboación, poucos seguen vivos, entre eles so estou eu e tres gardas, tres soldados montados en cada seu propio dragón, eu encóntrome con eles, estaban asustados e tiñan medo de enfrontarse a terrible besta alada, eu dicíalles “vos sodes a última arma para defender o mundo, xa esta a maior parte da poboación aniquilada, debedes loitar pola supervivencia do ser humano”, eles entran en razón e diríxense en grupo contra a criatura.

Cando se cruzan no aire os catro o maléfico ser lanza un feitizo sobre os xinetes, de súpeto transfórmanse en cadeliños, en crías moi preciosas pero inofensivas.
O coñecer a derrota decidinme a ir eu matalo.

Achégome o seu niño, estaba cercado cunha alta valla metálica, sáltoa, dentro había un gran grupo de diversos animais rodeando a zoa, vacas, conexos, ovellas, etc… a maioría deles escaparon so ca miña presenza, outros respondían agresivos comigo pero dun golpe retirábanse.

No centro da area cercada había un enorme arbore sobre o que se sostiña o niño, eu achégome o seu tronco para escalalo, pousado na base da arbore había un gato, cando eu me achegaba o gato poñía os pelos de punta e lanzaba un grito estridente, cando se calou con un movemento rápido lanzo a uns metros de distancia, el arrúñame pero eu xa podo subir o cima.

O dragón estaba alí esperando a miña chegada, cando se abalanza sobre min eu agáchome quedando debaixo del nun pequeno oco, dende ese oco lanzo un golpe no que eran as súas partes máis sensibles, a criatura marease e cae fora do niño, cando mira para ver como quedou do golpe vexo como os poucas persoas vivas que quedaban viñeran aquí a matalo, o telo caído no chan golpeárono ata matalo.

FIN


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.