Eu encóntrome nun
enorme local acompañado de un grupo de rapaces e rapazas, eu cada vez que
falaba con algunha rapaza sempre me rexeitaba, despois dun cacho ata parecía
caerlles mal os rapaces e eles todos deciden marchar, a min dinme que me quede
no local para pechar as ventas e apagar as luces.
Eu póñome a
buscar a forma de pechar as ventas, había una morea de elas, eran pequeniñas e
estaban a máis de dous metros de altura, o local por dentro era altísimo e o
tellado era en forma de cúpula coma a de una igrexa, o mirar para arriba encontro
a clave, por todo sitio había cordas larguísima colgando, esas cordas eran as
que tirando pechaban as ventas.
Mentres eu tiraba
das cordas entran varios freis vestidos de negro, cada un ponse a facer a súa
cousa, ademais de eses freis entra tamén un home falando con un deles, o frei
saca a capucha con el e empezan a falar como persoas normais debatendo, eu coñecía
o home e a el pídolle tabaco, el saca o paquete de liar e saca un pouco deixándomo
na man e segue de conversa, eu miro o tabaco, é de liar pero cun ton máis
verdoso do normal, ademais dentro del ten como pequenos puntos brillantes.
Eu marcho do
local e saio a calle co tabaco no puño, encóntrome un vello coñecido na calzada
sentado, achégome a el “ Tes papel ? ”, el primeiro recoñéceme e despois dáme
un anaco de papel mentres me mira con cara de estrañeza, cando mo da dígolle
“pero bueno e que tal estas ti ? nun creas que non te coñezo “ aí el xa se
volve tranquilo e empeza a conversar.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.