24/10/14

Protección contra o pracer


Achégome a casa veciña a visitar una rapaza para dar un paseo, ela acepta pero cando estamos marchando aparece o pai da rapaza, detenos e colle a rapaza, saca da manga unha escusa e dime que lle deixara ir comigo outro día que inda non pode.

Outro día decido achegarme a visitar a rapaza, esta vez tamén aparece o pai que me recibe ben pero segue sen permitir que lle saque da casa a rapaza, eu insisto pero el saca cada vez un novo argumento improvisado pero o final el empeza sincerarse e di o que realmente lle preocupaba, entón empeza a contar os seus problemas e como se sente, levaba un periódico da man e sentase nunha mesa a darnos as explicacións, non quere deixarnos saír porque quere esperar a que eu me namore de ela para asegurarse de que me farei responsable dun posible neno, conta tamén os seus problemas e lamentase por o que estaba intentando, a min nese momento dáme unha estraña corazonada e rompo a parede daquel salón, abro unha brecha e encontro entre os cementos da casa unha morea de periódicos, agarro e tiro algúns enriba da mesa, el o velos aínda se pon máis doído, cando me dou conta encontro neles articulo sobre un home que estaba involucrado en diversos golpes dunha banda comunista, el era ese home.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.