30/09/14

Tres Torres

Estamos indo de excursión a unha cidade, vamos camiñando por un terreo escarpado no medio de montañas pedregosas, pasamos a carón de unha cova onde pasaban moitísimo visitantes e estranxeiros, había incluso algúns porcos camiñando libres preto da cova, tamén escoitaba a moitas persoas queixarse do penosas que tiñan as instalacións e o pouco preparado que tiñan a cova, un patrimonio da humanidade, entre os que se queixaban había instrutores de SC.

A seguinte parada foi un parque con uns edificios a carón, soábame o lugar como si estibara alí antes, comemos o aire libre nun montón de mesas pasamos o rato no gran xardín.

Chegamos a cidade, chámolle Lugo pero o primeiro sitio ao que imos é a praia, estaba alta a marea e case se metían nos edificios de pedra antigos que formaban toda a costa, os edificios estaban a pe de praia. Eu fun cos meus compañeiros a unha esquina onde había unha terraza para tomar algo, alí cambieime de roupa para bañarme, cando me bou meter na auga éntrame un frío estremecedor, volvo a cambiarme e resulta que me paro un cacho no dilema de que calcetíns poñerme, o levantarme miro de novo a praia e vexo que as únicas persoas que aguantan o frío son parexas acurrucadas para manter o calor corporal, tamén me fixo en que baixou a marea e aprecio a forma da praia, unha praia exaxeradamente pendente. Reintégrome no grupo haber que facían, estaban primeiro repartindo cartas de magic, por equivocación a min dábanme un mazo enteiro e cando se deron de conta non quixeron seguir xogando a ese xogo, como substituto sacaron as cartas do UNO, para facelo máis divertido cando lanzabamos cartas a mesa facíamo de formas cada vez máis espectaculares, eu cheguei a lanzar unha carta facendo unha chilena.

O terminar a partida un deles empezou a falar dun lugar mítico, uns monumentos pouco coñecidos que estaban preto da cidade, para acceder a el hai un túnel por debaixo da praia que vai o mar onde se encontra nunha pequena illa, mentres comentaba isto, a visualización do momento pasaba a ser unha recreación 3D dun mapa feito a ordenador polo que movía a perspectiva como desexaba, despois chegou o punto de vista á propia illa, había dúas cúpulas enormes, unha torre tan alta coma as mesmas e no centro outras tres torres de un metro de ancho pero con unha altura descomunal, as estruturas parecían estar feitas pola natureza, todo era escarpado sen uniformidade, parecían un montón de materias minerais comprimidos que permanecían así dende milenios, eran unha cor entre azul e violeta moi escuro, tiña un aspecto que parecía estar iluminado pola luz da lúa.

Deixo a praia para saír de festa, mentres marchamos alguén me ensina un vídeo, nel aparece Ángel Daro falando do mal que teñen as instalacións da cova que antes visitaramos, na gravación vese como ten incluso que escalar para subir e nótanse tamén os movementos aparatosos do cámara o gravar, despois víase a cova a uns cen metros con dous porcos o redor e unha chea de visitante, nun momento dado aparece un porco a un metro da cámara e mira para a cámara como se estivera sorprendido de que o graven, escapa correndo o animaliño.

Aínda non chegamos a zoa da festa, non coñezo a cidade así que bou perdido, inda estaba a xente tomando as primeiras cervexas, eu dedícome a pasear e voume encontrando con algúns coñecidos da miña cidade bebendo, outros vomitando, outros sen embargo saudábaos e despois seguíanme como si eu soubera a onde ia, de feito ia bordeando os edificios e as entradas, unha vez metinme nun escaparate deses largos e fondos, cheguei a porta e cando volvía saír vía como os outros tamén fixeron a mesma estupidez.

O largo da noite chego por fin a zoa dos pubs e botellóns, andei por alí encontrándome con aínda máis coñecidos da miña cidade, curioso foi o do home que recoñecín mentres andaba na plena escuridade simplemente pola forma especial de moverse e da súa postura. Noutro memento da noite chego ata o lugar onde comemos a mediodía, resulta que os edificios que estaban o carón eran pubs e coñecíaos por que fora unha vez fai moito tempo. Eu andaba por alí, cando me fixo nas mesas vexo como debaixo do mantel hai uns papeis que resultaban ser o menú do bar, levantei un pouco con curiosidade o mantel pero unha avalancha de queixas xurdiron da nada para evitar que as súas cervexas perderan o equilibrio.

Volvo aos pubs da cidade, alí propóñome coñecer xente e fálolle a unha rapaza, cando se xira para escoitarme eu non sabia que ia dicir, permanecemos nun silencio estraño uns segundos ata que os seus amigos aparecen, eles fálanme e entón si que tiña algo que responder, preséntome e acompaño o grupo xa con máis confianza. Andabamos por aquelas rúas moi estreitas e era fácil perderse de vista, no medio da xente encóntrome ao meu irmán o cal levaba unha chaqueta de pel propia de un millonario ruso, toda negra e ben acabada, un escote que relucía unha la ou pel, dáballe un porte incrible, ca sorpresa que me deu ese novo aspecto perdera por completo o grupo aquel, deixo o meu irmán e sigo por pola zoa dos pubs.

Estou tombado boca abaixo nun lameiro, ao meu carón estaba o meu móbil soando, miro a hora e pon que son as tres da madrugada pero cando me levanto vexo que acaba de romper o día, miro estrañado o móbil e laméntome por perderme toda a festa, cando me fixo en onde estou sei que é a miña casa, a miña nai esta traballando e incluso hai unha porca andando libre mentres traballa. Eu digo a min mesmo que igual estiben fatal e vin a casa andando, entón decido volver andando a cidade pero o camiñar doume conta de unha cousa “Hostia ! pero si eu estaba saíndo por Bilbao, nun puiden andar 1000 kilometros nunha noite, joder, seguro que estou soñando e na realidade estou tirado por calquera rúa “. Acto seguido despertome na zoa de pubs, de día, todo pechado, ninguén polas calles e a música do meu móbil soando.


FIN

28/09/14

Medicamentos perdidos nunha festa


Estou un gran patio rectangular rodeado por un alto edificio antigo de pedra, estaban dando unha gran festa moi concorrida, eu estaba alí cunha pequena bolsa onde levaba o móbil e tres caixas de medicamentos, tamén recordo que hai pouco coñecera a unha rapaza ca que estaba falando polo Whatsapp pero a partir dun momento eu quedo en branco sen saber que dicirlle, estiben pensando neso un cacho pero sen encontrar resposta, decido moverme e collo a miña bolsa cara a saída que era unha galería.

Mentres ando pola galería algo grave sucede e a xente deixa paso a algo indefinido, uns enfermeiros entran con unha camilla portátiles, nela unhos seres que non puiden identificar, o seu estado era deplorable, estaba cheo de vermes rebozándose nese liquido que impregnaban a criatura, pasaban preto miña, cuasi rozando, ata me entrában arcadas, cando miro cara fora, no parque, un espectáculo peor, decenas de criaturas ou seres en camillas nun estado igual de deplorable.

Doume a volta e volvo a galería como si nada pasara, a xente alí continuaba na súa onda, eu nese momento pedín na barra algo para beber, de súpeto aparece fronte a min a rapaza coa que non tiña palabras polo Whatsapp, recordo a sensación de incomodidade, respondín con sinceridade dicindo que non lle falaba porque me quedara en branco.

Marcho onde a rapaza e saio a fora pese as camillas e os enxendros, alí detéñome cunhos rapaces porque estaban borrachos e metíanse comigo con empuxóns, como reacción collo a un e empuxo pero el cae da peor forma posible e cando se intenta manter de pé empeza a sangrar por toda a cara, así decido voltar para a festa, cando estou entrando case me olbido da miña bolsa.

Dentro non ocorre nada especial e decido marchar, estamos andando polo parque que agora xa non tiña ningunha criatura, e de súpeto invádeme unha sensación de alegría e sorpresa o darme de conta de que ese día pasarame de todo, desplomome da alegría, nese momento ia cun coñecido que se quedou apampado da miña reacción.

Xa máis calmado entro no meu coche sen carne, pouso as miñas medicinas no asento do copiloto e arranco, saio do aparcamento fago media rotonda e sen pensalo métome escaleiras abaixo por unha rúa peatonal.


FIN

25/09/14

Que me estas vendendo ?



Estou camiñando con un amigo para ir o seu piso a coller unhas cousas, no recorrido recibo unha chamada dun numero descoñecido, a o outro lado había unha muller que falaba con acento latino, era unha vendedora e estábame vendendo unha Harley, eu por divertirme ca chamada empecei a imitar o seu acento e a responder a todo de broma, saíame cousas como “pois eu o que estaba buscando era unha Harley 360 do ano 1984, nun a teredes unha por ai” ou “pois para comprarche unha nova tes que mirar haber si a tedes en color rosa”, cando xa chegamos o piso do amigo escachabámonos de risa no sofá.


FIN

22/09/14

Voando Lixeiro

Situado nun edificio solitario nun claro do bosque, alí é onde traballamos eu e un compañeiro. O sitio estaba nun lugar ao se tardaba en cegar polo escarpado traxecto. Nun momento vexo un helicóptero aterrar, de feito o helicóptero chega a entrar no garaxe sen ningún dano, as aspas que debía chocar ca parede desvanecíanse cando tocaban a parede, entón eu métome dentro do garaxe en fronte do helicóptero, o piloto percútase da miña presenza e sae apresurado cara fora, finalmente aterra no claro.

Baixase do helicóptero e cando anda cara min, o helicóptero desvanecese, o meu compañeiro cun amplo sorriso dime “Vale pilláchesme, vouche ensinar o truco”, abre a palma da man e ensina un artefacto largo e estreito coma un lapis, ten un acabado con madeira pero vese claramente que é metálico, nunha das esquinas ten unha diminuta bombilla.

Collo o artefacto co aman dereita e agarro co puño pechado, acto seguido empezo a levantarme do chan, non sentía nada debaixo miña, parecía que non pesara nada, eu seguía elevándome sen control, xiraba en círculos sen saber como parar, tras esforzo e concentración conseguía manter o equilibrio, entón dirixinme cara o río, un río rodeado de montañas. No percorrido encóntrome con uns cables de alta tensión que esquibo a costa de perder o equilibrio, perdo o control do sistema e estou xirando no aire mentres perdo altura, choco ca auga.

Non sei nadar, ante o impacto solto o artefacto e estendo todo o meu corpo sobre a superficie calmada do río, respiro coa nariz con extrema dificultade pero mantéñome a flote, cos brazos empezo a moverme lentamente cara a beira, tras un duro rato consigo tocar praia, Nela uns bañistas tomaban o sol pese a que acababan de ver como un helicóptero se estrelara no río e desaparecera. Non perdo moito tempo con eles e bou a miña casa, chego alí xa de noite e os que están teñen montada unha fogueira ao lado da casa onde estaban discutindo, mirei dentro da casa e todo estaba desordenado e desfeito, entón saio eu e empezo a pedir explicacións cos da fogueira.


FIN

20/09/14

Aniquilación Capilar

Estou camiñando por o meu pobo, unha veciña achegase a min por detrás sen entesarme con unha tesoira na man, cando me pilla faime un corte na miña melena, eu salto alterado e alexome dela queixandome por o pelo, o cal miraba haber si sobrevivira, so me cortara un anaco pero non me gustaba un pelo perdelo.

Eu sigo camiñando, un ciclista adelantame, achegase o cruce que había un pouco máis adiante e apartase a dereita para que puidera pasar o camión que viña do camiño da súa dereita, o mesmo tempo un coche que viña da esquerda tamén se mete no cruce e intenta pasar arrimándose a súa esquerda, resultou que ia moi de presa e o coche chocou co camión de lado, entón eu corro a socorrer o condutor porque o golpe fora forte, unha vez eu e outras dúas persoas o axudamos a saír e comprobamos que saíu do desmaio, eu doume a volta para marchar por onde viña, ia cunha sensación de tranquilidade pese a que a súa vez sabia que o coche ia explosionar porque de pasada virao fumegar como fumegaban os coches no xogo GTA San Andreas, entón resulta que os outros dous homes que axudaran o accidentado e o accidentado estaban decididos a salvar o coche, para a súa desgraza fixo unha gran explosión que os matou, eu non obstante estaba xa a uns metros camiñando de espaldas a explosión e o que me fixo foi que a onda expansiva do lume queimoume toda a miña melena e a onda expansiva levoume polo aire a un lameiro onde me facía un gran numero de contusións leves.


FIN

17/09/14

Manada Persecutoria


Estou nun concerto con unhas rapazas nas últimas filas, cando me dou de conta a rapaza que esta o meu carón tiña unha cara expresión peculiar, ela parecía tristísima, case chorando pero permanecía alí, eu que tiña un forte sono boteime un microsono e cando volvín mirar a súa expresión inda era máis esaxerada, ela tamén se dera conta de que a estaba mirando, pero en canto lle pregunto porque ten esa expresión, ela empeza a escachar coa risa, eu quedei inda máis desconcertado.

O concerto remata e eu que seguía un pouco obsesionado con iso e durmido decido moverme un pouco haber se me despexaba, en vez de iso movíame cos ollos pechados, de feito nun movemento deses fíxenlle unha zancadilla a un rapaz que marchaba co cal votaron aínda máis risas, eu estaba derreado e tírome na herba, unha herba verde, forte e alta. Cando me dou conta aparece un coñecido e dime “Bueno haberá que volver que non te quedaras en Francia ?”, ao que eu respondo “ pero estamos en Francia, joder pis mira que me gustaría ir a moitos sitios en Europa pero Francia non, prefería ir a ver Londres, Liverpool, a Alemaña tamén me gustaría ir, a Suíza, Mónaco, iso solo si fora por Europa porque si puidera ir polo mundo adiante, supoño que empezaría por subindo por Rusia, despois cruzaría o largo e baixaría a altura de Kazajstán.

Estou no vendo un bosque de Kazajistán e o mesmo tempo estou escoitando unha lenda que comentaba a existencia por aqueles paraxes de criaturas do bosque, criaturas que eran o propio bosque, estábanme falando de que de noite as arbores espertaban como auténticos ents. Estou no medio do bosque, esta nevado e é de noite, todo parece tranquilo, ningunha daquelas arbóreas centenarias se movía, no obstante empezouse a escoitar algo, había unha criatura de gran tamaño achegándose a miña posición, cando a vexo dende o lonxe  podo observar que se move serpenteando e cocando con moitas arbores, de feito moitas delas derribabas, so aqueles mais grandes aguantaban aqueles impactos involuntarias, o animal chega a pasar fronte miña pero ignorándome, tiña caro pequenas patas cas que camiñaba dunha forma serpenteante, a cor era prateada, un prateado no que algúns puntos brillaban máis case como diamantes incrustados na pel, a metade do seu tamaño era pola súa cola, unha cola tan grosa como o seu corpo que se balanceaba de seguido, non era moi larga en proporción pero tiña unha forza descomunal.

Cando vexo o animal alonxarse da miña vista escoito outro ruído que proben de onde  viñera a criatura, de súpeto unha enorme manada de lobos corría os pasos do animal, eses lobos ignoráronme e seguiron para adiante pero notei que eses cadelos non estaban perseguindo a unha presa, estaban perseguindo a o seu líder, a súa guía, tras dos lobos máis grandes, ían os máis lentos e os máis pequenos pasando de últimos uns cachorriños diminutos co pelo rizado, eran preciosos e hasta parecía que brillaban.
FIN

15/09/14

Ferro Mazizo


Estou nun monte, nel había un monasterio, eu estaba dando un paseo gozando das vistas daquelas serras verdes, cando baixo polo camiño atópome con un amigo e a súa moza, parámonos a falar e dinme que ían a vivir a aquel monasterio, entón eu aconséllolles que construirán una muralla o redor do seu térreno para que evitaran molestias, a eles gústalles a idea e deciden poñela en marcha.

Estou acompañado por una persoa naquel camiño, estame explicando como vai quedar a muralla, nos estamos fronte o que será o portón principal e estame pedindo consello de cómo a deseñaría, o final eu aposto por un deseño tradicional pero con un sistema de apertura moderno, as portas activaríanse cun mando a distancia e aviríanse deslizándose lonxitudinalmente, mentres falabamos diso unha enorme grúa traballaba colocando tódalas pedras da muralla, estaba pintada de verde claro, tiña catro longuísimos brazos polos que se movía a carga, no centro da mesma había un eixe circular que facía xirar toda a estrutura, sobre el estaba a cabina do condutor, unha cabina de cristal con forma de cúpula apoiada verticalmente, tiña unha cantidade de mandos incrible a cada movemento o operario case non daba feito.

FIN

12/09/14

Patio de Recreo

Déixanme no medio dunha cidade, eu chego con ganas de saír de festa pero doume de conta de que é de día, o reloxo indícame que son as oito e media da maña, encóntrome so vagando por unhas rúas valeiras ata que pasa un coche dediante miña e parase, ábrenme a porta de atrás e saúdame un coñecido que era o condutor, de feito proponme que fora con eles, eu acepto e entro no vehículo, a o meu carón na parte de atrás había tres rapazas,  o coñecido é outro rapaz de copiloto, estabamos premidos naquel coche branco.

Chegamos a un sitio medio ruinoso, no medio dunha planicie que parecía de Castela e León, baixámonos todos e abrimos un portón de madeira vella, dentro so había unhas pequenas estruturas de cemento, cada un vai a súa bola, doume de conta de que dúas das rapazas que ían o meu lado no coche estábanse espindo para empezar a foder cos dous que ían dediante no coche, iso estábano facendo no medio dese patio, o rapaz que eu coñecía puníase a facelo detrás dunha desas estruturas de cemento inútiles e o copiloto simplemente no medio do patio, pero tamén había máis xente que a que viña no coche, quedo un tanto estrañado o ver un tipo grande musculoso bailando so o seu rollo nunha rampa de cemento, sen musica e sen explicación o tipo non paraba, tamén aprecia xente por alí falando e tal, cando bou conocer a xente que estaba de charla éntranme ganas de mexar e bou a unha esquina desas paredes destrozadas, tómome o meu tempo sen presa. 

Cando me dou a volta non había ninguén, nin sequera restos de roupa tirada nin nada que indicara que alí estibo alguén. O primeiro que penso é que se esconderon todos de min e empezo a mirar detrás das estruturas, tamén empezo a falar en alto como si me estiveran escoltando escondidos, como seguían si dar sinais de vida saio polo portón e digo en voz alta que me terei que ir andando unhas cantas horas asta encontrar algunha poboación, cando xa estou mirando que camiño coller, collo o da miña esquerda e vexo a todos rindo e escondéndose de min tras un muro, algúns ca roupa na man.

FIN

10/09/14

Corrupción Putrefacta

Unha sociedade manipulada, unha cidade sucia de edificios industriais altísimos, había un individuo que manexaba tódolos hilos nese lugar.

Eu encontrábame nunha pequena illa, separada da cidade por un largo mar, na illa había un frío case nevado, alí resistiamos con unha base militar de soldados rasos, con espadas e escudos, o noso obxectivo era protexer un templo que uns mortos viventes querían conquistar, arañas xigantes, esqueletos, e demais tiñan conquistado o noso pequeno porto, nos loitabamos pero morriamos, eles sempre seguían traendo máis do continente.

Cando arrasaron con todo e so quedaba o templo tivemos que fuxir, os superviventes usaban un cepelín co que desapareceron, eu sen embargo tiña a habilidade de voar, entón decido visitar a cidade, escondéndome en enormes maquinas pola cidade fun buscando aquel mafioso, un dos seus soldados consegue verme e salta a alarma, eu móvome pero sigo escondéndome ata que me volven localizar pero esta vez foi un gato, un gato maléfico que servía o mafioso, tamén posuía grandes habilidades coma min cegando a facer unha pelexas de garras e golpes no aire, finalmente el fuxía e  eu decidía que non estaba preparado para enfrontarme a tódolos inimigos que esperaban nesa misión, subo máis ala das nubes a centos de kilómetros de distancia no ceo.

FIN

08/09/14

Visita Guiada

Chegamos a unha terraza de un bar, estou pasando a tarde co meu irmán, os seus amigos e unhas rapazas que coñeceramos esa mesma tarde, na terraza había uns futbolíns aos que as rapazas se entusiasmaron en xogar, elas empezaron a xogar e nos iamos poñer moeda para ser os seguintes, hai sáeme a dubida de saber canto costa a partida, entón dígolle os demais que bou a dentro para cambiar moedas e preguntar canto costa.

O local dentro era moi grande, moi escuro, tiña diferentes salas, a sala principal na que me encontraba recordaba a unha discoteca, no centro había unha barra pero non había ninguén, a xente repartíase entre as mesas das diferentes salas. Eu achégome a barra, empezo a falar ca camareira para preguntarlle, ela dime que costa un euro, eu miro os meus bolsillos, non saco máis que unha moeda de 50 céntimos, para saír do paso pregúntolle a rapaza se ten algo que poida facer a cambio de que me de algunhas moedas po futbolín.

Ela non responde de forma directa senón que ademais saca o tema da arte, fálame de cómo é o local, resulta que aos dous nos gusta a arte surrealista, a conversa alargase e flúe, de feito ela sae da barra e acompáñame cara un cadro que lle encanta, nel víase unha cara debuxada mirando de fronte, no medio dun fondo cheo de imaxes abstractas, a única palabra para describilo que dixen foi “encántame” ao que ela engade, pois non viches o máis alucinante, ela mira o cadro e move a cabeza de arriba a abaixo, ao volver a vista o cadro vexo como a cara fai eses mesmos movementos, ela invítame a probar eu, a sensación de ver un cadro que pare imitarte é alucinante.

De paso tamén me ensina as diferentes salas, nelas había diferentes tipos de mobiliario de todo tipo, explicoume que este local non so é un bar senón que tamén funciona como mobiliaria, ensíname todo o local e levabámonos fenomenal, despois de dar a volta o bar so nos quedaba unha pequena sala pouco utilizada, cando entramos alí, non había luz, abandonamos o sentido da vista e desenrolamos o sentido do tacto, terminei ofrecendo pracer co sentido do gusto.

FIN

07/09/14

Que queres de min ?

Encóntrome nun lameiro facendo una labor con un tractor, mentres traballaba aparece una muller medio desesperada, ela viña preguntando por onde hai que coller para ir a un sitio, eu dicíalle que había que seguir o camiño, pasar por enriba das vías do tren e por debaixo dunha carreteira nacional.

Ela non me daba entendido e estaba nerviosa co cal chamou aos seus compañeiros, ela non foi capaz de explicarlles onde estaba co cal collín o celular e expliqueilles eu, cando escoitei as respostas deles soábanme como unhas voces inquietantes, cando falaban dábame a sensación de que ocultaban algunha intención secreta.

As miñas sospeitas colleron moitísimo poder cando a o outro lado vexo un home cunha forma de andar sinistra, ese home era co que estaba falando, eran demasiadas cousas, co medo a que se achegase collín unha pistola e a 100 metros de distancia alcánzolle a cabeza cunha bala, non obstante el non estaba so, os seus compañeiros aparecen despois camiñando cara min, intento dispararlles pero non acerto unha, entón véxome sen armas fronte a tres personaxes que miraban para min coma se encontrasen a solución a tódolos seus problemas.

Eles dinme que necesitan os meus puntos, dos tres que sobreviviron dous eran homes e unha rapaza, resulta que a rapaza acumulara máis de 20.000 puntos estaba a punto de gañar, so necesitaba uns poucos máis, eles so me pedían que lle dera unha aperta a ela para transferir os puntos, eu accedín.

Cando gañan, o premio que reciben resulta ser un tableiro de un xogo de mesa pero despregable, tan despregable que daba sobre tres metros de largo e ancho.

FIN