30/11/14

Paseando sen parar


Un neno camiña a carón da súa nai e aboa, el leva un cadeliño por unha cadea, no medio do paseo o cadelo sufre un ataque de outro cadelo máis grande e empeza a sangrar ata morrer, o neno mira a súa familia preguntando que facer, a resposta foi un xesto de seguir para adiante. O neno agarra a cadea e segue camiñando arrastrando tras de si o corpo sen vida ata a seguinte parada, alí a nai regálalle un novo cadelo máis grande e branco, o neno lanzouse a por el con un sorriso e un sollos de escuros desexos.

Eu encóntrome nunha habitación pouco concorrida dentro do colexio, estou lendo un libro de poemas, un libro desgastado, con un tamaño que por pouco superaba o de unha goma pero con unha funda de coiro. No libriño descubro un poema no que me daba a clave para descubrir quen era o asasino que matara tantas rapazas. De súpeto dous compañeiros entran na sala, eu cóntolles o que acabo de descubrir e eles pídenme miralo no libro, da a casualidade de que eu teño tres libriños deses do mesmo tamaño pero diferente edición. Tras discutir como enfrontarse a situación decidimos que debemos ir a esperalo a unha rotonda onde cremos que fará o seu seguinte ataque, a glorieta esta situada preto de dúas montañas boscosas entre as que pasa a entrada que eu vixío, paso alí un tempo pero o curioso é que un camión estaciona nun carril e entorpecendo o trafico, detrás del un coche deportivo estreito, branco e uniplaza, despois outros dous paráronse no sentido contrario ata conxestionar todo, chegado a ese punto os coches empezaron a facer manobras provocando choques e berros, entre tanto barullo eu decido marchar.

O home esta no seu despacho, deixa a súa chaqueta e sentase, ven con el a súa compañeira, entre os dous compartiron unha complicidade que se levou vidas, eles falaban de como abamzaban as cousas pero el mentres xa estaba pensando en como eliminar a esa muller so por ser un testiño vivo. De súpeto os pasos de unha muller achegase ao despacho, o home reacciona meténdose nun cuarto cheo de papeis coa cómplice con sigo. A rapaza entra, estráñalle que non este o home pero fixase na chaqueta, nela rebusca e resulta que encontra un papel que delata a súa culpabilidade, sae dela unha expresión de tristeza, o home entende que xa o descubriu e tamén recoñece a rapaza. A curiosidade da rapaza leva a mirar na habitación dos documentos haber si estaba alí, cando abre e mete a cabeza para mirar o home abalanzase sobre o seu cuello cun cable, aperta con toda a súa forza e dille unhas palabras cheas de odio mentres a rapaza perde o alento, como a súa filla perde a vida.

            Estou dando eu un paseo con un cadeliño levado pola cadea, preto de min están a miña nai e a miña aboa. Ao pouco un cadelo abalanzase sobre o cuello do cadeliño, en instantes perde a vida desangrado, eu o non puiden facer nada e deixo o can alí. Máis tarde a miña nai regálame outro cadeliño, este deixo solto sen cadea e empezo a facer unha carreira con el polo medio do monte, atravesamos bosques, lameiros, saltamos alambradas e disfrutámos ata volver a casa sen alento pero cun sorriso.



FIN

28/11/14

Dígocho en confianza



Estou con un home traballando nunha pequena obra, estabamos cavando e quitando terra, el era un home de mediana idade e negro, os dous estábamos traballando arreo cando chagado a un momento achegase un rapaz, era o fillo daquel home, un rapaz novo, mirando de seguido o móbil, con una gorra e cunha cara de desganado, achegábase a falar co pai.

Da conversa que o pai monopolizaba so se lle escoitaba repetir un tipo de frases “ Tes que espabilar algo, agora eu inda podo tirar pero cando eu non de, vaste pegar un bo golpe, aínda que non queiras estudar polo menos fai algo por ehí “. O rapaz non respondía a penas e permanecía nunha actitude pasiva todo o rato.

Pouco máis tarde eu paro un cacho e vou a un sitio o carón da obra, alí había unha morea de xente mirando cara un comedeiro de herba para as vacas, aínda non pasara nada pero estaban esperando algo, de entre os espectadores estaba un amigo meu co cal fora o lugar da obra, el faloume e díxome que se tiña que marchar xa que xurdira non sei que cousa e que debía marchar xa, o momento fíxome en como mo esta a dicir e respóndolle “ haber, que xa nos coñecemos moi ben, temos unha morea de confianza, non digas escusas que podes dicir que te queres marchar porque simplemente queres, xa noto que neste lugar te aburres, se queres marchar faino, pero non me veñas con escusas tontas “, “ non que si que teño que facer unhas cousas e tal “ repetía el, “haber home que ca confianza que temos non me veñas con tonterías, eu xa me quedarei, se hai alguén que me poida baixar ben, se non xa me molestarei en ir a pé inda que tarde uns días, un momento “, de súpeto un insecto achegouse o meu xeonllo esquerda producindo un agudo dor, eu paro de falar e xiro a mirar mentres mando a man a apartalo, antes de que me para a pensar cacei o insecto, e mateino, simplemente cando saquei a man por el seguiu no bicado.

FIN

26/11/14

Tableta de chocolate branco



Eramos tres, un rapaz, unha rapaza e eu, estamos indo nunha avioneta sobrevoando o polo norte sen ningunha roda na que apoiarse, nun sei en que aterramos pero ia caernos a noite e abandonamos o vehículo, e metémonos na auga, nadando atopamos un escóndite, un estraño refuxio, unha vez dentro quedamos impresionados do ben preparado que estaba, de inicio unha cousa que me sorprendeu foi o deseño das paredes, tiñan formas cadradas salientes como si foran tabletas de chocolate, daban unha sensación de relevo moi cómoda, o material recórdame o que se usa nas impresoras 3D.

Empezamos a camiñar polas diferentes habitacións, había unha impresionante, de varios metros de altura con escaleiras de caracol aderido a pedra na que se sostiña a caverna, estibemos un bo cacho discutindo de que podía ser este local, tamén desconfiabamos que tivera algún sistema de seguridade, esa noite non tiñamos outra opción pero non sabiamos con quen nos estabamos metendo. Cando estabamos a punto de durmir eles dous estaban xogando con uns pequenos ferriños montando figuriñas, unha que me chamou a atención tiña a forma de ese mítico animal prehistórico, un dos máis antigos fósiles do mundo, un animal acuático con concha e tentáculos.

É o día seguinte, estou na casa, saio a fora seguindo a vida normal, cando chego ao patio un home ben vestido achegase falándome, entón dime que non debería entrar en sitios descoñecidos sen permiso, despois dime que coas cámaras descubriron a nosa incursión no seu santuario, este home viña no nome dunha asociación de autores que teñen ese local como centro de inspiración, finalmente déixame claro que non comente a ninguén a existencia do lugar senón apareceran consecuencias.



FIN


25/11/14

Partidos en vivo




Somos tres amigos que decidimos irnos de aventura a un lugar esquecido e escondido no medio dun bosque de difícil acceso, o único que sabemos é que hai un edificio de pedra grande e en ruínas, guiados por un mapa grosa encontrámolo, estaba nun sitio altísimo preto dun balado, entramos, dentro había moita humidade e diversos animais recorrían os corredor asustados da nosa presenza, non tiñamos claro o que buscabamos pero esperabamos encontrar algo interesante, chegado a un momento entramos no salón principal, aí escoitamos unha risa estraña do outro estremo, había unha muller con aspecto de meiga, o vernos dixo unha palabras en alto para que xusto despois saíse correndo un xabaril enorme cara nos, sen ningunha arma so podemos saír correndo, afortunadamente despistámolo nos corredores podendo escapar, tampouco estabamos tranquilos fora e marchamos cruzando o bosque cara un pobo moi coñecido pola zoa.

Ese pobo estaba construído nunha longa pendente, dende o mercado situado na cima podía verse un enorme val formado por dúas serras longas, nunha delas estaba o edificio da meiga, alí arriba era onde os tres estabamos debatendo si volver, marchar ou quedar a durmir debaixo de unha cabana que tiñan no medio do pobo.

Estamos catro amigos nun campo de fútbol pequeno, o comezo parece unha pachanga normal pero pouco despois os catro pasamos a ser catro espectadores con mandos, estamos manexando os xogadores do partido en vivo, máis tarde o xogo pasa a ser baloncesto, co tempo aparecen novos espectadores con ganas de xogar, cando nos damos conta o balón perdera presión e tiñan que parar o encontro, nese intre tamén se dan de conta de que os espectadores que queren xogar son moitísimos, case 50, os outros tres empezan a organizar a xente en dous equipos e prepáranse para poder xogar todos, eu mentres bou co balón a inflalo, unha muller esperaba con un bote de xampú HS, aquel balón tiña a particularidade de que so se podía inchar con xampú HS.


FIN

23/11/14

Casa do espectador natural



Iamos tres nun coche, era de plena noite por una vía máis que coñecida, un amigo meu conducía, eu ia de copiloto e a súa irma no asento de atrás. Nunha recta cruzámonos con un camión enorme sen luces, nos viámolo pero el andaba fora o seu carril invadindo o noso, o meu amigo que ten gran destreza o volante metese no valado fora da vía, meteu a roda dereita fora da calada levando consigo a súa herba, xusto despois puido volver o carril, pouco máis adiante encontrase cun vehículo lento, adiántao meténdose no carril contrario mentres faciamos unha curva, non se vían vehículos no carril pero o parar o coche lento encontrouse con unha valla amarela no medio do carril contrario con unha sinal de prohibido pasar, outro rápido xiro e librámolo polos pelos.

Chegamos a unha casa, era un primeiro piso pero era enorme, tiña unha estrutura central anchísima e cadrada de varios metros, unha columna que sostiña o edificio,  rodeada de mobles, televisións e decorados. Redor dela nos 360 grados había salas, salóns enormes, montañas enormes de películas, libros, etc… Como se fose unha tenda importante dentro da casa, noutras salas había cociña, salóns de estar, ordenadores e habitacións para durmir. Nesa casa cada un facía o que lle apetecía, cando cheguei eu a maioría estaban vagos, eu estou cansado e tírome a durmir un cacho.

O espertarme tiña ganas e explorar o lugar, outro amigo que tamén andaba sen nada que facer acompáñame, eu paro nun montón enorme de películas e series en DVD, case todos incluían caixa de promoción, fíxome nunha caixa de 1ª parte da terceira temporada de Juego de Tronos , na portada aparecía un guerreiro no medio da neve berrando de furia, non tiña claro se era un vivo ou morto, esa temporada estaba dividida en tres caixa, debaixo das tres había unha caixiña pequena, aparecían na portada uns bárbaros vestidos con roupa negra e coas armas tamén negras, era unha historia no mundo de Gorge R.R. Martin pero sen coincidir no tempo da éxitosa saga.

Cando me dispoñía a ver ese CD o resto dos amigos que vivían pola casa achéganse a sala e dinme que deixe iso, que vamos facer unha sesión de películas especial aberta o público para dentro de un ratiño, pouco despois aparece unha morea de xente que vai collendo asento orientado cara a enorme pantalla plana apoiada na columna, eu sigo de pe e diríxome a un amigo a preguntarlle unha dúbida que non entendía, “unha cousa, porque todo o mundo que entra a ver a película esta espido ? “ e dinme “ é unha condición que puxemos pero se non queres podes facer coma nos que como somos os donos do local podemos levar roupa “. Tamén me dou de conta de que canto máis lonxe estaban os espectadores da televisión, estes podían levar un pouquiño máis de roupa, a min volven preguntarme se quero ver espido a película, eu quedo decidindo se seguir vestido coma se nada ou animarme e poñerme en primeira fila sen nada, pero no medio non me ia quedar iso seguro.


FIN

21/11/14

Paso a nivel inundado




Estou no asento do copiloto, a miña nai conduce, o meu pai estaba sentado atrás borracho e con unha Éstrella Galicia na man coma eu, eu por momentos estou mirando o móbil no que manteño unha conversa por whatsapp coa miña noiva.

É unha tarde caia unha choiva desmedida, eu acababa de contactar fai pouco cun gran amigo o cal vimos pola rúa, para recollelo a miña nai non estaba nunha situación cómoda para ela, proseguiu uns 30 metros adiante para poder deixar pasar os coches de atrás, neses metros pasamos por enriba dunha ponte que estaba situada no que na realidade é un importante paso a nivel, no soño a vía era un río que fluía moi forte e rápido.

Xa co meu amigo no coche, facendo equilibrios para que non se me caira a cervexa no coche por culpa dos frenazos que facía a miña nai, mentres imos eu paro a mirar no móbil o perfil da miña noiva nunha especie de rede social, nel dicía todo o que lle gusta, o que fai para divertirse e esas cousas, ademais desas tamén tiña un anaco onde dicía algo así como “non podería vivir sen ti “ se non eran esas as palabras ese era o significado.

Tras un ratiño mirando parece ser que neses instantes acababa de actualizalo e poñía novas cousas, no último apartado so recordo unha frase que dicía así “ con ganas de perderme no teu cerebro “.



FIN

16/11/14

Analfabeto



Estamos un rapaz e máis eu camiñando cara un destino por esclarecer, el estaba escribindo Whatsapps a unha rapaza que respondía moi ben, el acababa de recibir un pero aínda non respondera, o mesmo tempo pasamos a carón dun instituto onde vimos de pasada a rapaza tonteando con outro rapaz que pese a non coñecer, eu tiña a certeza de que o rapaz era un camelo que vendía Hachís, nos seguimos camiñando.

Co tempo xorden máis persoas que se unen a nos seguindo o mesmo obxetivo, resulta que chegamos a un vello instituto con pouca xente, un tanto baleiro, os que andabamos formabamos unha clase, un especie de recepcionista dáme un papel e dinos que escribamos nel o Nome do grupo, eu intento escribir unha palabra como proposta pero na primeira letra doume conta de que non sei como escribila, sentíame analfabeto e mentres intentaba escribir unha letra E eu terminaba facendo un símbolo abstracto, ademais dáme por debuxar con eso de que non lograba escribir, cando un compañeiro mira o papel ve todo repleto de debuxos e ningunha palabra, eu reacióno intentando borrar os debuxos para deixar sitio a palabra pero pese o esforzo eran inborrables, mentres, aparece un coñecido e case como saúdo abalanzase a unha persoa que tiña o meu carón, acaban os dous tirados no chan e eu agachado borrando no folio.


FIN

15/11/14

Vestido para ir de cañas



Baixo a de noite a saír pero non son o único, o mau pai tamén vai tomar unhas cervexas con algúns coñecidos seus, eu levo unha indumentaria clásica para saír pero el leva unha camiseta branca e unha mochila de colexio azul, el vai por o seu camiño e eu polo meu.

Tras uns minutos cruzámonos nun cruce, el estaba fumando unha faría mal prendida e camiñando, cando me ve dime “ toma dúas farías destas, serán como vinte cigarrillos “ e sigue o seu camiño, eu quedo parado medio ríndome e fixándome que a faria estaba prendida no final e no medio o mesmo tempo.


FIN

14/11/14

Persecución a saltos



Estou nun exercito, somos un gran numero de soldados, equipados con armaduras, escudos e espadas, dirixiámonos a una batalla contra Sauron e o seu exercito, eramos a última esperanza mortal.

Avanzamos ata chocar en masa con el, ca inercia retrocedemos os seus exércitos pero el permanecía cos pes no mesmo sitio resistindo o ataque co seu enorme cetro, os seus golpes eran devastadores, a nosa única esperanza era arrincarlle o dedo para roubar o anel, un de nos chega a conseguilo, de súpeto o bruxo cae o chan sobre parte dos nosos homes, sen embargo dende o chan segue a moverse, con ferocidade e de forma sanguenta desfai en cachos a todos os do seu redor, desfacendo os seus corpos con tódalas partes do corpo que podía mover, resultaba inquietante o poder da súa cola, unha cola altísima formada con osos como se fose un ” tiranido “ no mundo de warhamer. O ver a escena invadiume unha sensación desagradable cada vez que escoitaba os corpos daqueles soldados fendéndose estendendo a sangue en todas direccións.

Parecía que un dos nosos tiña o anel pero dalgunha forma cázano e Sauron recupérao, volve a alzarse e ven cara min, eu era dos poucos que sobrevivirá, o pouco de empezar a fuxir xa era o único vivo, cando el se dirixa a min topaba con dous Olifantes que se opoñian a el, agarraba un, tirabao o chan, o outro dun golpe ca maza xa tambaleaba, non o pararon moitos segundos. Entón descubro que estaba nun soño esa persecución, aí é onde se me ocorre que se quero escapar debía correr máis rápido, de súpeto estou correndo montado en wargo, corría e corría pero seguían alcanzándome, decido probar algo mellor, aínda que non quería probar a voar porque cría que podía desconectar demasiado do soño, entón decido dar saltos, largos saltos, cada vez de máis metros ata que salto centos de metros a cada vez.

Cando os perdo de vista sigo saltando máis veces ata que me encontro nun múelle cara o mar, aí aterro e métome nunha piscina escondida dentro de un contenedor azul enorme, onde me somerxo e me relaxo.


FIN

10/11/14

Vénsenos a noite enriba



Estou camiñando por unha pequena rúa situada nunha zoa vella da cidade, é de noite, eu síntome animado, alegre e enérxico, ando como a saltos, parecía flotar, o meu corpo era moi lixeiro, entraba nalgún pub, empezaba a bailar pero a xente non estaba tan animada coma min, volvía saír e seguín sentindo flotando, facendo largos saltos como simples pasos.

Sen darme de conta o cabo de camiñar chego a un pobo, alí tópome no camiño con un tractor vermello con unha cisterna enganchada, estaba entrando nun lameiro marcha atrás, eu cando estou xa moi preto observo que no chan de aquela entrada creceran moitas moras, unha morea de moras maduras e verdes, a cisterna pasaba sobre elas desperdiciándoas, ademais o condutor non vía e a cisterna chocáballe cas columnas que sosteñen o cancelo da entrada, cada vez que o volvía intentar o chan volvíase máis pastoso, eu intentei aproveitar algunha mora para comer, cacei no aire algunha branda e chea de sabor pero cando o tractor xa entrou non quedaba nada que comer.

Sigo camiñando cara casa, cando estou a piques de entrar vexo unha corte coa porta aberta de ferro aberta por completo, o mesmo tempo na distancia puiden apreciar como unha nube xigante achegábase, era case negra, parecía plena noite por onde pasaba, ia inundalo todo aínda máis, dirixinme a corte a pechar a porta para que non afectase dentro.

O estar a uns metros da porta noto como o chan esta pisado polos tractores, formábanse rodeiras fondas de barro, eu paso por enriba delas correndo e arrastrando todo o barro que encontraba, dentro o verme tres animais saian a identificarme, unha cadela medio mastín, unha porca branca con manchas negras e un cadelo rubio moi novo que mascaba unha bola do seu propio pelo.



FIN

08/11/14

Un papel moi persuasivo


Entre as miñas mans suxeito un papel de tabaco de liar, estou con uns coñecidos os cales están esperando que lles explique o que estou vendo, sobre o papel estábanse producindo unha serie de imaxes, imaxes de pura psicodelia, espirais de luz, formas que se repiten ata o infinito, todas elas levadas por un movemento harmónico.

Mirar para o papel resultaba hipnótico e absorbente, de feito eu dicía “ non cho podo explicar, é precioso, mírao por ti mesmo “. Entrégolle o papel o compañeiro e el empeza a velo.




FIN

06/11/14

Sinto interrupir, é que estamos en guerra



Acabamos de retirarnos da base inimiga de mortos viventes, derrotáronos as suas arañas e démonos en retirar, a súa base estaba na cima do monte, a nosa base de operacións estaba moi preto da cima pero un denso bosque de enormes arbores impedía o paso, na nosa base con tódolos recursos que tiñamos dimos a orde de entrenar tódalas criaturas e soldados que puidésemos, o que estabamos entrenando eran soldados, arañas e ogros.

A medio camiño entre un lugar e outro faciamos a reunión das tropas, alí había un edificio de catro paredes, sen porta exterior pero con unha porta dentro, alí dentro metémonos para preparar a estratexia de ataque, de súpeto un de nos acordase de unha cousa e saca do bolsillo o anel de The Lord of The Rings, se o levamos a nosa base e pagamos o seu prezo podemos entrenar a Sauron ou a Galadriel, el sen embargo di que ira a entrenarse el mesmo para axudar no combate transformándose o propio soldado nun novo Sauron, el volve a base completar o entrenamento.

Cando sae da base resulta que é lentísimo, unha criatura fortísima pero que anda a unha velocidade ridiculamente lenta, en mentres as o noso exercito seguía a crecer, de feito eramos tantos no cubículo aquel que unha rapaza apegouse tanto a porta que a abriu caendo dentro, alí dentro encontrábase unha gran clase laboratorio chea de pequenos de 10 anos e un profesor dando clase, a rapaza desculpase da interrupción e volve pechar a porta.

 Finalmente o supersoldado chega e dirixímonos todos a batalla.


FIN

04/11/14

Camiñando en grupo

Eu estaba no medio dunha cidade andando polas rúas de noite con un montón de xente como se estibáramos nunha silenciosa manifestación pero andando en fila india. Chegado un momento do recorrido eu saio da fila e miro para a xente preguntándome a onde estamos indo, entón doume conta de que estou nun soño e penso que podo facer todo o que queira, para comprobalo collo e penso que todos me estean mirando e efectivamente todos a o unísono xíranse para mirarme moi fixamente e incluso acercándoseme coma si fora algo descoñecido, despois eu decídeo pensar que eles pasan de min, ignóranme para volver a fila india, continúan camiñando e eu únome.


FIN

02/11/14

Trampilla Helicoidal



Estou na sala central dun edificio enorme, o edificio era todo de formigón, pintado todo con unha cor cinza, tiña moitísimo pisos incluíndo algúns subterráneos, na sala había catro entradas en cada esquina as que se lle sumaban outras catro portas de ascensor o lado, no centro da mesma había unha torre cadrada da altura do edificio pero independente, a estrutura tiña a súa base un par de pisos máis abaixo.

Acompañado por a miña noiva e uns señores estabamos conversando, chegado a un momento na conversa dinme que non podo escapar de aquí, que me teñen pillado, eu négome e dígolles que escaparei, a miña noiva mírame e dime algo así como “ ala ti, pero eu nun me bou matar por escapar “, déixoa na sala e escapo por unha das portas normais, fora un largo corredor que roda a sala anterior, nesa sala encóntrome con un montón de pequenos xogando que o verme escapar empezan a xogar correndo detrás miña, os vixiantes tardan máis en verme pero tamén se lanzan a persecución, saio o exterior e pecho a porta tras de min para frear os demais, bordeo o enorme edificio, estaba vedado, corro ata que encontro outro vixiantes, decido volver a entrar, esta vez entro por unha porta de ascensor, lévame a un piso máis abaixo onde continuo ata chegar a base da torre, rodeo a torre por un pequeno corredor pero é estreitísimo, consigo pasar e subo por unhas escaleiras, volvo a encontrarme cos nenos, volvo atrás e diríxome o centro do torre, métome polos diminutos corredores a gran velocidade, ata que me perden de vista. Nese correr miro cara arriba e encontro unha trampilla a un conduto da torre.

Estou no conduto, a os poucos metros volvese alto como para andar de pe por el ata que terminaba nunha especie de continuación completamente vertical, o conduto xiraba entorno a unha columna de forma helicoidal, eu escalei sobre ela a duras penas apoiándome nas paredes cas pernas abertas mentres me dicía a min mesmo “ Estou non centro, nunca pensaran que para escaparme me metera aínda máis dentro “.

Sigo subindo nese oco da torre pero agora é enorme e esta repleto de auga ata o cima, a cada rato encontrábame con obstáculos na subida, en cada piso había unhas escaleiras pousadas como se as esquecesen na construción. Chego a superficie e estou a piques de abrir a trampilla, fora achegábanse tres vixiantes, un deles era o seu xefe, un home que se parecía o personaxe de Franco na película Trainspoting, el sabia que eu intentaría escapar por aí, xusto cando eles ían abrir a trampilla eu ábroa antes, vexo de fronte os tres que tras dous segundos de pausa lánzanse sobre min os tres, iniciamos unha pelexa acuática ca cal os tres nos iamos afundindo ata que chocamos con varia escaleiras, sepáranse das paredes e cáenos enriba, cando eles se xiran a frealas eu aproveito para golpealos e esquivalas, con eles no fondo intentando liberarse delas e sen aire eu volvo arriba case sen respiración ata que consigo unha longa bocalada de aire da superficie.


FIN