31/12/14

Liberdade Condicional



Estou con un grupo de compañeiros, vamos facer unha excursión a un pais latino, unha rexión cercada e separada do mundo ordinario. Cando chegamos a unha cidade de esa sociedade podemos ver a os seus habitantes nun nivel de vida moi equilibrado, tiñan unha sociedade sen pobres, a sociedade mantiña a igualdade e a optimización dos recursos.

Eu pese a percibir isto sentía que había algo mal, había un problema invisible, no meu paseo bou por un camiño dun colexio, os nenos estaban fora no recreo pero eses nenos non facían nada, non saian do camiño, ningún deles tocaba o cesped do parque, cando crucei entre eles sentín as súas miradas de suplica, un deles dime algo, nun recordo as palabras pero si o que significaban, non podemos facer nada, estamos controlados.

Eu sigo camiñando por ese camiño un pouco máis e a miña vista dáme nunha rexa pola que escapa a auga cando chove, miro para ela estrañado e intento fixarme que hai dentro, cando estou a punto de apreciar algo un chorro de auga fría con anacos de xeo sae contra a miña curiosidade, eu quedo sorprendido e empezo a rirme do gracioso do sistema de seguridade, un neno avísame que non tente volver facer algo indecente, eu volvo achegarme a mirar para divertirme ca auga pero cada novo intento era máis auga e xa empezaba a doer.

Prosigo na exploración dese mundo, entro nunha tenda de obxetos de todo tipo, hai estanterías metálicas e sinxelas sen deixar case espazo para moverse, o final da tenda había unha pequena barra onde había unha muller máis branca que todos os habitantes anteriores, na tenda podía verse de forma obvia cámaras de seguridade pequenas é con tecnoloxía moi desenrolada, converso coa rapaza en broma mentres miro as cousas que vendía, todas elas sen envoltorio, a vendedora di que so se pode coller o que se vai comprar para pagalo unicamente, eu fíxome nuns cascos, probos dicindo “haber que vai pasar agora, vasmo quitar por probalo”, a dependenta mira para a cámara de vixilancia medo e permanece sen saber que facer, de súpeto sen que os poida ver, dous brazos roboticos saen da parede e cóllenme os cascos en segundos, cando sinto que me levan os cascos xa era tarde e os brazos escondíanse nuns buracos escuros da parede, despois un estraño son sae da cámara de vixilancia, dela sae un estraño obxecto que fai un “clac”, un segundo despois dispárame un perdigón a o peito, co impacto salta un importante chorro de sangue, estaba parado en estado de shock, non teño claro como pero tras iso vexo nesa tenda un saco diminuto cheo de billetes, roubo o saco e despois escoito de novo o “clac” móvome dunha forma rápida e imprevisible e o disparo non me consegue dar. Saio do local e empezo a correr para escapar dese país, na rúa soan unha morea de “clac”, danme na espalda, nos brazos, pero eu sigo correndo e movéndome de forma impredecible co que evito moitos disparos.

Xa é de noite, cheguei a o campo onde non hai cámaras, uns amigos conséguenme unha moto e un coche da cidade estraña, había unha sociedade en contra e querían axudarme na miña fuxida, un home corpulento foi o que mo explicaba, el era o enviado para axudarme en vivo. Nesto que estabamos falando e pregúntolle acerca dos vehículos se serían seguros ir con eles, si estarían alterados con algún artefacto tecnolóxico para matarme, o home di que o sistema faría todo o posible para eliminarte, entón el di que pode facer unha comprobación, dime que me alexe, abre o capo e cun piolet lánzalle un golpe a o motor apagado, durante poucos segundo non parece pasar nada, o home neses segundo avísame que me tire ao chan como fai el, de súpeto o coche explota nunha boraxide de lume. Este coche era unha trampa, non era máis que unha bomba andante esperando que te subiras a ela. Coa moto colle o mesmo piolet, cravarllo e poucos segundos máis tarde explota. Dinlle as grazas ó home por salvarme pero eu seguía co saco do diñeiro e sen forma de saír do país.

Nesa tesitura aparece dende o outro lado da fronteira un cepelín moi grande, nel un personaxe de aspecto chamanico-nomuerto con unhas garras como mans invítame a subir e volver a civilización, despido e marcho no cepelín.

No viaxe manteño unha larga charla co personaxe, polo que di, el é o líder dun grupo de loitadores de aspecto escasamente humano pese a manter as divisións clásicas antropomórficas, homeslagrato, ogros, trolls, etc... O que me comentaba este líder era que en pouco tempo ían reunirse para ir de novo a fronteira e loitar con outro grupo de loitadores do país latino, a min ofreceume armas para empezar loitar, sen moita reflexión aceptei.

Tras un largo anaco no centro de reunión, un lugar pantanoso no medio dun bosque frondoso. Todos empezamos a andar por un camiño abandonado ata chegar a un lameiro despexado onde esperaban os nosos rivais, un grupo de robots que tamén mantiñan forma antropomórfica, o combate ia ser con armas corpo a corpo. Xusto antes de loitar fago un corto discurso motivador e termino pedindo precaución para non deixarse matar.

O combate é caótico, todos apelotonados, pegando con tódalas articulacións, rebentamos todo os seus anacos de metal e terminamos gañando o combate, so sobreviviu metade do equipo pero estabamos satisfeitos, cando decidimos marchar eu e o líder fomos no cepelín pero os demais usaban un estraño poder que os convertía en criaturas xigantescas coas que cruzaban por todos lados ata introducirse na terra ou no mar onde seguirían o seu traxecto, un deles sorprendeume moito porque se transformou nunha araña enorme que parecía estar formada toda ela por osos de columna vertebral xigantes.
No cepelín cando xa estabamos preto da civilización decidimos baixar, e controlar o aparato cun mando dende o chan, nos estabamos camiñando por un parque de xogos publico baleiro ata que chega unha pequena que empeza a xogar ela soa, entón eu miro para o cepelín e vexo como cambiou de aspecto, agora parece un pequeno xoguete teledirixido, según me dixo o personaxe o aparato so funciona cando ninguén pode velo para que así non levantemos sospeitas na sociedade humana.

FIN

28/12/14

Dialogo Insustancial


Chegando a un pequeno campo de fútbol, subo a grada onde me sento a mirar, o instante doume conta de que a rapaza ca que estaba tonteando polo Whatsapp esta xusto no asento de en fronte, o seu redor non había ninguén, ela xirase e cruzamos a mirada, eu achégome a ela sen dicir nada, paso a miña man pola súa nuca e empezamos a bicarnos, a acariciarnos, a quitarnos a roupa …

Estou volvendo a casa, empezo a recordar e ven a miña mente outra rapaza e empezo a pensar “ Hostia, non pode ser, son a mesma persoa ? como ba ser a mesma persoa ! non pode ser casualidade que lles guste as dúas o rollo asiático, pero se son moi similares, isto non pode ser, teríamos que darnos recoñecido non ? hai moito tempo que non vin aquela rapaza, se ata viven por a mesma zoa, non pode ser, espera, con todos os nomes xaponés que me deu esta ningún coincide co que ten aquela no Facebook.

Xa na casa, estou tombado na cama falando polo Whatsapp ca mesma rapaza, ela estaba escribindo moito, de todo o que dixo chócame cando dixo que dominaba tres artes marciais, eu quedo un pouco descolocado e cando bou responder penso “ pero como bou responder no móbil se esta espertando o espertador do propio móbil o outro lado da habitación, vía o meu móbil suxeito ca man pero non puiden facerlle nada.


FIN

25/12/14

Ideas que non se reprograman



Estou con un amigo fronte a un ordenador traballando nun programa que configure as conexión dun autómata, el é un rapaz gracioso, con un pelo case laranxa é con aínda menos idea que eu de autómatas, pasámonos un rato discutindo sobre a pantalla sinalando un punto no que non nos poñiamos de acordo.

Estou camiñando pola miña casa, diríxome o camiño no exterior, saio miro buscando algo sen encontrar o que buscaba, cando me xiro vexo no chan tirado un canciño, estaba esquelético e cos ollos abertos, medio enterrado, a piques de formar parte do chan, o velo bérrolle a miña aboa que pululaba pola casa, “ Pero aboa porque deixastes morrer o cadelo se acababamos de poñer o anuncio para regalalo “, o que responde “ Anda, eu pa que lle bou a dar se van a ir pa fora, ou morren ehiqui ou con outros, se viñeran por el xa tiña comido “, eu aí xa me esquezo de discutir con ela e tiro para a casa, antes de pechar a porta o irmán do cadeliño corre e metese na casa correndo sen mirar para o seu conxénere, so entrando procurando encontrar comida.


FIN

23/12/14

Á música acheganse diferentes persoas

 
Estamos de camiño a un pequeno concerto dun bar, no camiño pasamos a carón do lugar onde se establecían as atraccións dos pequenos, ao final de todo estaba máis grande, era un cubo que con varios metros de altura, nos borde estaban os asentos dos clientes que subían e baixaban a gran velocidade, de súpeto a maquina para en seco con uns ocupantes nos asentos, podía verse como os ocupantes se soltaran da seguridade e empezaban a cantar, de feito tamén empezaron a tocar instrumentos, era un grupo de musica que subiran o aparato para tocar e por se fora sinxelo tódolos integrantes do grupo están ebrios.

Nos rímonos da escena pero seguimos aos concertos que había dentro dun pub.

O chegar a dentro eu descubro que aí dentro so había tres tipos de persoas ou de actitudes desas persoas, os que estaban disfrutando e se deixaban animar polo baile e a musica sen parar de moverse, os que veñen para disfrutar e o fan nunha intensidade tan baixa que non se expresan e por último están os que non se senten ben pero cren que deben estar alí.

O único que eu facía era  pensar en que ia elixir esa noite que actitude collería.


FIN

22/12/14

Un Audi Impoluto


Camiñando vexo un Audi impoluto e caro pasar o meu carón, o coche detense e abre a porta do copiloto, dentro vexo a un amigo meu que me pregunta se quero que me achegue a algún lado, eu monto e dirixímonos a miña casa.

No medio do traxecto o rapaz dime que ten que parar na gasolineira xa e pídeme que lle de algo de diñeiro para pagar a gasolina, resultaba que el non tiña nada de diñeiro, a única posesión que tiña era o coche.

Chegamos a casa, el colle o coche e metes nun lameiro cércano, empeza a pasar entre as arbores, da a volta pero o sitio era moi pendente, a ladeira por a que baixara era difícil de subir, cando o intenta chega a un punto no que cas rodas xirando o coche estaba estático esvarando na ladeira de herba húmida, neses intres abro a porta e saio do coche para mirar dende fora que ia pasar, a unha velocidade ridícula o coche empeza a baixar a ladeira, o condutor non para de acelerar e acelerar mentres perde o control do vehículo.


FIN

20/12/14

Regreso a casa

 

Estou nunha festa bastante grande, o local parecía un almacén reformado con dous pisos, o mobiliario era propio dunha discoteca e estaba abarrotado de xente e bebidas, eu ia a festa cunha rapaza que chamaba Tania, ela era a que me tiña que levar a casa, no medio da multitude perdoa de vista pero eu sigo falando coa xente, chegado a certa hora dinme que era unha festa pública e financiada polo estado pero tiña o problema de que xusto nese momento terminaba.

En escasos minutos o local baleirase, eu encontrábame no piso de arriba e baixo apurado, na escaleira de madeira encóntrome con dous compañeiros moi antipáticos da miña clase, tambaleandose intentaban axudarse a baixar, eu salto pola escaleira e deixo nas súas peripecias, abaixo ando buscando a Tania para marchar, na búsquea encóntrome con outro rapaz coñecido, o cal me pregunta quen é o rapaz que se esta ligando a todas as tias boas incluída a Tania, eu sen dubidar dígolle o nome e para que o entendera mellor fago un xesto esaxerado de forzudo en exhibición (o rapaz destacaba polo corpo atlético e definido), no medio do xesto outra persoa atrae a atención del e eu quedo moi ridículo facendo a postura a ninguén, o final por alí encontro a Tania no obstante cando saímos a calle volvemos encontrarnos respectivos coñecidos e separarámonos de novo.

Entón empeza a chover moi forte, eu decido coller un taxi para ir a casa, o taxista resulta ser un amigo que tamén e veciño pero que na realidade non ten nin carne, cando esta moi preto do pobo vexo que hai dúas siluetas andando empapados, non terminaba de coñecelos ata que me berraron o lexos a pesar de recoñecelos por a voz non parei, metros máis adiante cando so faltaba unha curva para a miña casa un veciño meu de 4 anos co que me levo moi ben detén o taxi, eu báixome e el mírame con cara de broma.

Cando xa me ia baixar e pedín o prezo deixoume o viaxe en 2 € en vez dos habituais 8 € que faría calquera taxista, de feito quedo bastante sorprendido pola oferta que pago alegre.

Xa andando con máis paciencia polo pobo, sen chuvia e sen nada claro que facer paso preto dunha casa onde resultaba haber un bar con unha terraza de verán onde un grupo de rapaces e rapazas tomaban algo mentres o pasaban ben charlando, cando eu me acerco empezan a facer unha conversa comigo que parecía escrita a guión e que desembocaba no anuncio da última publicación de Mario Luna.



FIN

19/12/14

Tolo por cantar



Estou con uns compañeiros de clase, estamos no corredor esperando, acabamos de saír da clase dun peculiar profesor, un home deses que fala sen parar sen dicir nada, un home con gafas e calvo ata a metade da cabeza, un home estraño e una clase insoportable.

Estamos todos esperando pero eu canso e levántome cara a clase a mirar que esta facendo, na porta había un cristal transparente na metade superior, tras el vexo o personaxe, estaba coas mans abertas, as pernas estiradas o máximo que da o seu corpo, ollos pechados con forza e a cabeza movéndose de forma tola mentres canta de forma rampante pero sen producir ruído algún.

Cando me xiro a os compañeiros, levanto a miña man esquerda a miña sien, xíroa como se apertase un parafuso e digo  “este tío esta fatal “.


FIN

15/12/14

Abre a habitación


Acabo de chegar a miña habitación, acababa de facer exercicio e estaba suando, na cama había outra persoa tombada, eu o tirarme derreado alí esa persoa dime que me levante a airear a habitación, e repíteme varias veces que habra as ventas, eu abro a porta e miro para el estrañado respondéndolle “pero que me estas contando si nun hai véntanas”.

FIN

14/12/14

Unha adicción que cruza fronteiras


Estou nun bosque con un home de pequena estatura, calvo e algo moreno. Témonos que enfrontar, eu con un pau e el con un obxecto de cemento con forma de sable árabe (con forma de media lúa), no primeiro asalto case pensaba que o matara porque el non opuxo case resistencia e en dous golpes tíñao no chan, a pesar da sangue perdida volveu levantarse, esta vez sacou a súa enerxía e empezou a atacar desenfreado, eu non estaba entrenado para defenderme tan ben, nunha tormenta desemfreada de golpes venceume, agora so quedaba o desempate e para el o sable árabe pasou de ser cemento a converterse nun autentico sable de ferro. O combate reiniciase, esta vez estaba moi equilibrado, eu aguantaba mellor do que se esperara, por outra parte o escenario estaba cambiando, saímos a un claro dun monte onde había unha xigantesca rampa de terra natural, eu meterame nela para que se chegabamos alto tivese opcións de tiralo a el.

Perdín, con unha arma de verdade é movéndose como se fose o mesmísimo Oberin de Juego de Tronos eu non tiven oportunidade. El dime que loitei moito mellor que a media para non ter loitado nunca, entón aparece outro rapaz que o reta a loitar.

No primeiro asalto o loitador experto volve a deixarse vencer, pero para o segundo combate cambiase de escenario, estamos na caso do loitador, no seu salón parou o combate e empeza a facer outras cousas pola casa, os dous quedámonos sen facer nada e o andar pola casa descubrimos que hai moita máis xente, estou nunha quedada de portátiles para xogar o LOL, de feito están entusiasmados polo xogo tendo ata unha frase motivadora para xogar o LOL, eu ando por alí sen saber que fago alí ata que me encontro con unha persoa inesperada, Angela Merkel, a cal esta terminando un traballo para poder xogar o LOL despois.


FIN

13/12/14

Por min e por todos os meus compañeiros

Estou falando con un amigo nun bar, estamos falando sobre un problema que temos con un home, estabamos metidos tres amigos no tema contra o tipo, no bar discutimos o tema e chegamos a un acordo, no obstante o terceiro amigo aínda tiña na cabeza a ida inicial que tiñamos pensada, quedaramos que a noite iriamos os tres a casa do tipo e lle iamos pegar unha tunda, por algún motivo nos os dous decidimos que nun llo iriamos dicir o outro para que foramos a casa do home e el lle pegara unhas ostias o rapaz que seica merecía.

            Cando chegamos os tres a esa casa medio abandonada, e apareceu o home un cacho despois, el era un tipo musculoso, enorme, sacábame cabeza e media, tiña barba e pelo alaranxado e unha musculatura esaxerada, a súa cara era como a do personaxe de Juego de Tronos que comanda unha avanzádella de salvaxes para atacar o muro dende o sur. O comezar o enfrontamento el encarase cara min e lánzame o primeiro puñetazo, eu esquivo e pégolle unha rafaga de puñetazos pero era moi resistente, a cada golpe que me acertaba eu tambaleabame por uns instantes pero eu seguía na procura dun punto débil, el consegue agarrarme facéndome un abrazo de oso, eu sen mans ca columna collo impulso e lánzolle un cabezazo o máis forte que podo, el case perde a consciencia e eu non daba nin andado, cando vexo que quere recuperarse tírome enriba del sacando toda a forza que me quedaba e empezo con unha sucesión de puñetazos na cara ata que tanto a súa cara como as miñas mans estaban en carne viva supurando sangue, os outros dous simplemente estaban no mesmo sitio que antes de empezar como espectadores.



FIN

12/12/14

Tanto monta monta tanto...

 
Estou no meu pobo, vendo como tres longas tubarias cruzan os lameiros adxacente o camiño, sigo a camiño mirando a onde terminan as tubarias que levaban a mesma dirección que o camiño, cando chego o pobo do lado as tres abrían nunha horta pechada con unha arame oxidada, observo como descargan auga mesturada con algo de purina.

Esquézome delas e xiro cara un grupo de persoas paradas charlando no camiño, estaban entre casas antigas e apertadas unhas as outras, de entre esas persoas había unha rapaza bastante guapa, cando mirei para eles a vista so se me cruzou coa súa que durante uns instantes permaneceu hipnótica. Eu ando cara eles, achégome e fálolle a ela, eles seguían entretidos sen prestar atención a nada máis, ela respóndeme algo e xiro, xiro esperando a que ela se subira a miña espalda, ela sube e tiñamos que volvera a o outro pobo pero debiamos facelo cos ollos pechados de ambos, camiñabamos a paso lento, ela tanteaba onde estaban as paredes para guiarnos pero unha tediosa camiñada con un paso cada medio minuto terminou rebentándome as pernas, parecíanme que se estaban afundindo, encollendo co cansazo é a forza. Parei, abrín os ollos e díxenlle que se baixara, estabamos a carón daquela horta pero a partir de agora iriamos andando.



FIN

09/12/14

Manía persecutoria

 

Estou nun restaurante comendo a base de froitas, en especial laranxas, eu estaba pasando tempo alí con unhas persoas, tamén tiña confianza ca camareira ca que falaba máis que cos compañeiros da mesa, pasado un tempo chega o restaurante un veciño meu, tiña un corpo obeso ao extremo, no restaurante xa era coñecido, de feito a camareira dicíame que el con todo o que comía superábame na cantidade de laranxas que pode inxerir so cas que tomaba nunha comida normal a modo de aderezo, eu saudeino e compartimos unhas palabras amistosas.

Pouco despois eu saín a fora, por algún motivo na rúa collín fixación con unha rapaza vestida cun xerseis vermello, eu pretendía alcanzala pero non andaba lento, eu seguín tra ela ata que cando baixou por unhas escaleiras lle perdín a vista, as escaleiras eran altísimas e de feito eran dúas escaleiras xemelgas unidas na cima e separadas por un oco de baleiro entre elas, cando miro polo oco vexo de refilón a rapaza baixalas por a segunda escaleira, eu encanto volvo perder o contacto visual percibo a altura a que estaba situado e da impresión da altura tírome para atrás e tómbome no chan para calmar o meu vértigo e o meu ritmo cardíaco. 

FIN


07/12/14

Quen non coñece o Necronomicon ?



Estou con un amigo nunha cidade, temos uns folios grapados nos que temos impreso un relato de Lovecraft, estábamos entusiasmados lendo nel, por algún motivo eu estaba relendo varias veces a mesma frase porque non daba entendido tres palabras, era como se me esquecese do significado das palabras, e por se fora pouco o documento estabámolo lendo apoiado nunha parede pero tiña una capacidade especial, cada vez que tocaba a parede sostíñase nela sen tocarlle, permanecía suspendida na parede, cando nos damos de conta sabiamos que isto ocorría porque era un relato de Lovecraft.

Despois reunímonos con uns homes que eran auténticos veteranos, persoas que viran mundo, anciáns xa andaban esa tarde con nos para tomar unhas cañas, todo o que comentábamos eles xa o viran fai anos, falamos de tódolos temas pilares da vida, compartimos os nosos gustos, unha cousa curiosa foi cando lle comentei unha obra de Lovecraft, non o coñecían pese a ser tan mítico era o único que nos os dous podiamos aportar.

O último iámonos a despedir e de forma automatiza como se fose protocolo, despídome do máis veterano con un saúdo respectuoso en árabe.


FIN

05/12/14

Saltemos de alegría

 

Estou con uns amigos nun piso, era una festa, estábamos de risas no que era a cociña, un pouquiño axustado o espazo e cada vez enchíase máis, chegado a un momento os meus amigos danlle as ganas de mirar para fora por a ventá, ábrena e saen polo tellado, empezan a saltar e partirse de risa nunha planicie de terra que o cubría todo fora, eu dentro acábome a cervexa e busco outra para ir a fora con ela, por todas partes me encontraba botellas valeiras pero ninguén sabia onde estaban, a xente da festa tamén se da conta e todos buscaban cervexa sen encontrar nada ata que un rapaz di aquí quedan as últimas cervexas, toda a xente incluíndome a min abalanzábase cara el ata que lle collen as dúas botellas que mostraba, resultaban estar valeiras tamén, aí xa me esquezo da bebida e diríxome a ventá.

No minúsculo traxecto vexo como dous rapaces que coñecía entran pola ventá, un deles non o vira case nunca, era pouco social, tiña poucos amigos e unha peculiar obsesión polos coches, por o seu aspecto real non destaca en absoluto pero naquel intre entraba con unha barba poboada e un voluminoso pelo rizo en forma de bola. Eles non me recoñeceron e eu non tiven tempo case nin para asimilalo, no obstante sigo cara afora na procura dos meus alegres amigos.

Camiño por un túnel con un dos meus amigos do grupo, este é o máis sedutor, un tipo atractivo, dominante e xuguetón. Nese lugar topámonos con dúas rapazas de fronte, os dous a coñeciamos pero el o segundo lanzouse a saudala, so nos instantes que pararon, el xa lle sacaba unhas boas risas coquetas, por suposto toda a súa actitude ia acompañada por un linguaxe non verbal acorde, cando se despedían con uns susurros no oído el acompañábao acariciando o se cu, despois desas palabras ela xirouse a saudarme, un chao distante sen xogo como cando saúdas de pasada a un familiar co que non te bas parar a falar, cando xa todos seguiamos o noso camiño, díxenlle “ si señor esa é a actitude que teño que aprender “.


FIN

03/12/14

Noite na costa


Todo comeza cegando a unha costa pedregosa onde uns amigos estaban charlando, estou con eles un cacho, máis tarde marcho donda eles e chego a unha calle recta chea de pubs.

Ao andar por ela encontrase ao meu irmán e os seus amigos e entramos nun pub, estibemos alí pouco tempo e volvemos saír, na entrada parámonos de súpeto aparece unha rapaza e empezo a falar con ela, unha cousa leva a outra e estámonos liando, despois perdo a todos.

Tras un tempo camiñando pola calle encontrase a outro amigo abrazado a unha rapaza, saúdo pero cando miro a rapaza quedo alucinado porque penso que é a mesma que ca de hai un cacho, estando con eles un tempo consigo encontrar mellor luz e doume de conta de que non é a mesma rapaza, tras este coméntolles a paranoia que me acbara de entrar e rímonos.

Decidimos entrar nun edificio antigo e elegante onde daban unha festa, tiñan un DJ nunha sala grande, con diversos efectos visuais, alí había moita xente disfrazada e nos metémonos na festa.

Despois fomos a unha sala que tiña o edificio cheo de cristaleiras enormes polas que se podía ver o mar, ademais estaba amañecendo o día, alí permanecemos largo rato.

Cando xa non queda ninguén encontrase sentado co meu irmán a carón de unha igrexa, tras unha porta da mesma vemos xente comendo dentro dela, nese momento temos a idea de regalarlle bonbons ao home da igrexa para que nos deixara entrar a comer pero rexéitannos, tras este intento aparece un pobre e enséanos que para entrar así había que demostrar pobreza entregándolle como presente bonbons moi toscos e sucios coma os que el levaba, el si que entra na igrexa.



FIN

30/11/14

Paseando sen parar


Un neno camiña a carón da súa nai e aboa, el leva un cadeliño por unha cadea, no medio do paseo o cadelo sufre un ataque de outro cadelo máis grande e empeza a sangrar ata morrer, o neno mira a súa familia preguntando que facer, a resposta foi un xesto de seguir para adiante. O neno agarra a cadea e segue camiñando arrastrando tras de si o corpo sen vida ata a seguinte parada, alí a nai regálalle un novo cadelo máis grande e branco, o neno lanzouse a por el con un sorriso e un sollos de escuros desexos.

Eu encóntrome nunha habitación pouco concorrida dentro do colexio, estou lendo un libro de poemas, un libro desgastado, con un tamaño que por pouco superaba o de unha goma pero con unha funda de coiro. No libriño descubro un poema no que me daba a clave para descubrir quen era o asasino que matara tantas rapazas. De súpeto dous compañeiros entran na sala, eu cóntolles o que acabo de descubrir e eles pídenme miralo no libro, da a casualidade de que eu teño tres libriños deses do mesmo tamaño pero diferente edición. Tras discutir como enfrontarse a situación decidimos que debemos ir a esperalo a unha rotonda onde cremos que fará o seu seguinte ataque, a glorieta esta situada preto de dúas montañas boscosas entre as que pasa a entrada que eu vixío, paso alí un tempo pero o curioso é que un camión estaciona nun carril e entorpecendo o trafico, detrás del un coche deportivo estreito, branco e uniplaza, despois outros dous paráronse no sentido contrario ata conxestionar todo, chegado a ese punto os coches empezaron a facer manobras provocando choques e berros, entre tanto barullo eu decido marchar.

O home esta no seu despacho, deixa a súa chaqueta e sentase, ven con el a súa compañeira, entre os dous compartiron unha complicidade que se levou vidas, eles falaban de como abamzaban as cousas pero el mentres xa estaba pensando en como eliminar a esa muller so por ser un testiño vivo. De súpeto os pasos de unha muller achegase ao despacho, o home reacciona meténdose nun cuarto cheo de papeis coa cómplice con sigo. A rapaza entra, estráñalle que non este o home pero fixase na chaqueta, nela rebusca e resulta que encontra un papel que delata a súa culpabilidade, sae dela unha expresión de tristeza, o home entende que xa o descubriu e tamén recoñece a rapaza. A curiosidade da rapaza leva a mirar na habitación dos documentos haber si estaba alí, cando abre e mete a cabeza para mirar o home abalanzase sobre o seu cuello cun cable, aperta con toda a súa forza e dille unhas palabras cheas de odio mentres a rapaza perde o alento, como a súa filla perde a vida.

            Estou dando eu un paseo con un cadeliño levado pola cadea, preto de min están a miña nai e a miña aboa. Ao pouco un cadelo abalanzase sobre o cuello do cadeliño, en instantes perde a vida desangrado, eu o non puiden facer nada e deixo o can alí. Máis tarde a miña nai regálame outro cadeliño, este deixo solto sen cadea e empezo a facer unha carreira con el polo medio do monte, atravesamos bosques, lameiros, saltamos alambradas e disfrutámos ata volver a casa sen alento pero cun sorriso.



FIN

28/11/14

Dígocho en confianza



Estou con un home traballando nunha pequena obra, estabamos cavando e quitando terra, el era un home de mediana idade e negro, os dous estábamos traballando arreo cando chagado a un momento achegase un rapaz, era o fillo daquel home, un rapaz novo, mirando de seguido o móbil, con una gorra e cunha cara de desganado, achegábase a falar co pai.

Da conversa que o pai monopolizaba so se lle escoitaba repetir un tipo de frases “ Tes que espabilar algo, agora eu inda podo tirar pero cando eu non de, vaste pegar un bo golpe, aínda que non queiras estudar polo menos fai algo por ehí “. O rapaz non respondía a penas e permanecía nunha actitude pasiva todo o rato.

Pouco máis tarde eu paro un cacho e vou a un sitio o carón da obra, alí había unha morea de xente mirando cara un comedeiro de herba para as vacas, aínda non pasara nada pero estaban esperando algo, de entre os espectadores estaba un amigo meu co cal fora o lugar da obra, el faloume e díxome que se tiña que marchar xa que xurdira non sei que cousa e que debía marchar xa, o momento fíxome en como mo esta a dicir e respóndolle “ haber, que xa nos coñecemos moi ben, temos unha morea de confianza, non digas escusas que podes dicir que te queres marchar porque simplemente queres, xa noto que neste lugar te aburres, se queres marchar faino, pero non me veñas con escusas tontas “, “ non que si que teño que facer unhas cousas e tal “ repetía el, “haber home que ca confianza que temos non me veñas con tonterías, eu xa me quedarei, se hai alguén que me poida baixar ben, se non xa me molestarei en ir a pé inda que tarde uns días, un momento “, de súpeto un insecto achegouse o meu xeonllo esquerda producindo un agudo dor, eu paro de falar e xiro a mirar mentres mando a man a apartalo, antes de que me para a pensar cacei o insecto, e mateino, simplemente cando saquei a man por el seguiu no bicado.

FIN

26/11/14

Tableta de chocolate branco



Eramos tres, un rapaz, unha rapaza e eu, estamos indo nunha avioneta sobrevoando o polo norte sen ningunha roda na que apoiarse, nun sei en que aterramos pero ia caernos a noite e abandonamos o vehículo, e metémonos na auga, nadando atopamos un escóndite, un estraño refuxio, unha vez dentro quedamos impresionados do ben preparado que estaba, de inicio unha cousa que me sorprendeu foi o deseño das paredes, tiñan formas cadradas salientes como si foran tabletas de chocolate, daban unha sensación de relevo moi cómoda, o material recórdame o que se usa nas impresoras 3D.

Empezamos a camiñar polas diferentes habitacións, había unha impresionante, de varios metros de altura con escaleiras de caracol aderido a pedra na que se sostiña a caverna, estibemos un bo cacho discutindo de que podía ser este local, tamén desconfiabamos que tivera algún sistema de seguridade, esa noite non tiñamos outra opción pero non sabiamos con quen nos estabamos metendo. Cando estabamos a punto de durmir eles dous estaban xogando con uns pequenos ferriños montando figuriñas, unha que me chamou a atención tiña a forma de ese mítico animal prehistórico, un dos máis antigos fósiles do mundo, un animal acuático con concha e tentáculos.

É o día seguinte, estou na casa, saio a fora seguindo a vida normal, cando chego ao patio un home ben vestido achegase falándome, entón dime que non debería entrar en sitios descoñecidos sen permiso, despois dime que coas cámaras descubriron a nosa incursión no seu santuario, este home viña no nome dunha asociación de autores que teñen ese local como centro de inspiración, finalmente déixame claro que non comente a ninguén a existencia do lugar senón apareceran consecuencias.



FIN


25/11/14

Partidos en vivo




Somos tres amigos que decidimos irnos de aventura a un lugar esquecido e escondido no medio dun bosque de difícil acceso, o único que sabemos é que hai un edificio de pedra grande e en ruínas, guiados por un mapa grosa encontrámolo, estaba nun sitio altísimo preto dun balado, entramos, dentro había moita humidade e diversos animais recorrían os corredor asustados da nosa presenza, non tiñamos claro o que buscabamos pero esperabamos encontrar algo interesante, chegado a un momento entramos no salón principal, aí escoitamos unha risa estraña do outro estremo, había unha muller con aspecto de meiga, o vernos dixo unha palabras en alto para que xusto despois saíse correndo un xabaril enorme cara nos, sen ningunha arma so podemos saír correndo, afortunadamente despistámolo nos corredores podendo escapar, tampouco estabamos tranquilos fora e marchamos cruzando o bosque cara un pobo moi coñecido pola zoa.

Ese pobo estaba construído nunha longa pendente, dende o mercado situado na cima podía verse un enorme val formado por dúas serras longas, nunha delas estaba o edificio da meiga, alí arriba era onde os tres estabamos debatendo si volver, marchar ou quedar a durmir debaixo de unha cabana que tiñan no medio do pobo.

Estamos catro amigos nun campo de fútbol pequeno, o comezo parece unha pachanga normal pero pouco despois os catro pasamos a ser catro espectadores con mandos, estamos manexando os xogadores do partido en vivo, máis tarde o xogo pasa a ser baloncesto, co tempo aparecen novos espectadores con ganas de xogar, cando nos damos conta o balón perdera presión e tiñan que parar o encontro, nese intre tamén se dan de conta de que os espectadores que queren xogar son moitísimos, case 50, os outros tres empezan a organizar a xente en dous equipos e prepáranse para poder xogar todos, eu mentres bou co balón a inflalo, unha muller esperaba con un bote de xampú HS, aquel balón tiña a particularidade de que so se podía inchar con xampú HS.


FIN

23/11/14

Casa do espectador natural



Iamos tres nun coche, era de plena noite por una vía máis que coñecida, un amigo meu conducía, eu ia de copiloto e a súa irma no asento de atrás. Nunha recta cruzámonos con un camión enorme sen luces, nos viámolo pero el andaba fora o seu carril invadindo o noso, o meu amigo que ten gran destreza o volante metese no valado fora da vía, meteu a roda dereita fora da calada levando consigo a súa herba, xusto despois puido volver o carril, pouco máis adiante encontrase cun vehículo lento, adiántao meténdose no carril contrario mentres faciamos unha curva, non se vían vehículos no carril pero o parar o coche lento encontrouse con unha valla amarela no medio do carril contrario con unha sinal de prohibido pasar, outro rápido xiro e librámolo polos pelos.

Chegamos a unha casa, era un primeiro piso pero era enorme, tiña unha estrutura central anchísima e cadrada de varios metros, unha columna que sostiña o edificio,  rodeada de mobles, televisións e decorados. Redor dela nos 360 grados había salas, salóns enormes, montañas enormes de películas, libros, etc… Como se fose unha tenda importante dentro da casa, noutras salas había cociña, salóns de estar, ordenadores e habitacións para durmir. Nesa casa cada un facía o que lle apetecía, cando cheguei eu a maioría estaban vagos, eu estou cansado e tírome a durmir un cacho.

O espertarme tiña ganas e explorar o lugar, outro amigo que tamén andaba sen nada que facer acompáñame, eu paro nun montón enorme de películas e series en DVD, case todos incluían caixa de promoción, fíxome nunha caixa de 1ª parte da terceira temporada de Juego de Tronos , na portada aparecía un guerreiro no medio da neve berrando de furia, non tiña claro se era un vivo ou morto, esa temporada estaba dividida en tres caixa, debaixo das tres había unha caixiña pequena, aparecían na portada uns bárbaros vestidos con roupa negra e coas armas tamén negras, era unha historia no mundo de Gorge R.R. Martin pero sen coincidir no tempo da éxitosa saga.

Cando me dispoñía a ver ese CD o resto dos amigos que vivían pola casa achéganse a sala e dinme que deixe iso, que vamos facer unha sesión de películas especial aberta o público para dentro de un ratiño, pouco despois aparece unha morea de xente que vai collendo asento orientado cara a enorme pantalla plana apoiada na columna, eu sigo de pe e diríxome a un amigo a preguntarlle unha dúbida que non entendía, “unha cousa, porque todo o mundo que entra a ver a película esta espido ? “ e dinme “ é unha condición que puxemos pero se non queres podes facer coma nos que como somos os donos do local podemos levar roupa “. Tamén me dou de conta de que canto máis lonxe estaban os espectadores da televisión, estes podían levar un pouquiño máis de roupa, a min volven preguntarme se quero ver espido a película, eu quedo decidindo se seguir vestido coma se nada ou animarme e poñerme en primeira fila sen nada, pero no medio non me ia quedar iso seguro.


FIN

21/11/14

Paso a nivel inundado




Estou no asento do copiloto, a miña nai conduce, o meu pai estaba sentado atrás borracho e con unha Éstrella Galicia na man coma eu, eu por momentos estou mirando o móbil no que manteño unha conversa por whatsapp coa miña noiva.

É unha tarde caia unha choiva desmedida, eu acababa de contactar fai pouco cun gran amigo o cal vimos pola rúa, para recollelo a miña nai non estaba nunha situación cómoda para ela, proseguiu uns 30 metros adiante para poder deixar pasar os coches de atrás, neses metros pasamos por enriba dunha ponte que estaba situada no que na realidade é un importante paso a nivel, no soño a vía era un río que fluía moi forte e rápido.

Xa co meu amigo no coche, facendo equilibrios para que non se me caira a cervexa no coche por culpa dos frenazos que facía a miña nai, mentres imos eu paro a mirar no móbil o perfil da miña noiva nunha especie de rede social, nel dicía todo o que lle gusta, o que fai para divertirse e esas cousas, ademais desas tamén tiña un anaco onde dicía algo así como “non podería vivir sen ti “ se non eran esas as palabras ese era o significado.

Tras un ratiño mirando parece ser que neses instantes acababa de actualizalo e poñía novas cousas, no último apartado so recordo unha frase que dicía así “ con ganas de perderme no teu cerebro “.



FIN

16/11/14

Analfabeto



Estamos un rapaz e máis eu camiñando cara un destino por esclarecer, el estaba escribindo Whatsapps a unha rapaza que respondía moi ben, el acababa de recibir un pero aínda non respondera, o mesmo tempo pasamos a carón dun instituto onde vimos de pasada a rapaza tonteando con outro rapaz que pese a non coñecer, eu tiña a certeza de que o rapaz era un camelo que vendía Hachís, nos seguimos camiñando.

Co tempo xorden máis persoas que se unen a nos seguindo o mesmo obxetivo, resulta que chegamos a un vello instituto con pouca xente, un tanto baleiro, os que andabamos formabamos unha clase, un especie de recepcionista dáme un papel e dinos que escribamos nel o Nome do grupo, eu intento escribir unha palabra como proposta pero na primeira letra doume conta de que non sei como escribila, sentíame analfabeto e mentres intentaba escribir unha letra E eu terminaba facendo un símbolo abstracto, ademais dáme por debuxar con eso de que non lograba escribir, cando un compañeiro mira o papel ve todo repleto de debuxos e ningunha palabra, eu reacióno intentando borrar os debuxos para deixar sitio a palabra pero pese o esforzo eran inborrables, mentres, aparece un coñecido e case como saúdo abalanzase a unha persoa que tiña o meu carón, acaban os dous tirados no chan e eu agachado borrando no folio.


FIN

15/11/14

Vestido para ir de cañas



Baixo a de noite a saír pero non son o único, o mau pai tamén vai tomar unhas cervexas con algúns coñecidos seus, eu levo unha indumentaria clásica para saír pero el leva unha camiseta branca e unha mochila de colexio azul, el vai por o seu camiño e eu polo meu.

Tras uns minutos cruzámonos nun cruce, el estaba fumando unha faría mal prendida e camiñando, cando me ve dime “ toma dúas farías destas, serán como vinte cigarrillos “ e sigue o seu camiño, eu quedo parado medio ríndome e fixándome que a faria estaba prendida no final e no medio o mesmo tempo.


FIN

14/11/14

Persecución a saltos



Estou nun exercito, somos un gran numero de soldados, equipados con armaduras, escudos e espadas, dirixiámonos a una batalla contra Sauron e o seu exercito, eramos a última esperanza mortal.

Avanzamos ata chocar en masa con el, ca inercia retrocedemos os seus exércitos pero el permanecía cos pes no mesmo sitio resistindo o ataque co seu enorme cetro, os seus golpes eran devastadores, a nosa única esperanza era arrincarlle o dedo para roubar o anel, un de nos chega a conseguilo, de súpeto o bruxo cae o chan sobre parte dos nosos homes, sen embargo dende o chan segue a moverse, con ferocidade e de forma sanguenta desfai en cachos a todos os do seu redor, desfacendo os seus corpos con tódalas partes do corpo que podía mover, resultaba inquietante o poder da súa cola, unha cola altísima formada con osos como se fose un ” tiranido “ no mundo de warhamer. O ver a escena invadiume unha sensación desagradable cada vez que escoitaba os corpos daqueles soldados fendéndose estendendo a sangue en todas direccións.

Parecía que un dos nosos tiña o anel pero dalgunha forma cázano e Sauron recupérao, volve a alzarse e ven cara min, eu era dos poucos que sobrevivirá, o pouco de empezar a fuxir xa era o único vivo, cando el se dirixa a min topaba con dous Olifantes que se opoñian a el, agarraba un, tirabao o chan, o outro dun golpe ca maza xa tambaleaba, non o pararon moitos segundos. Entón descubro que estaba nun soño esa persecución, aí é onde se me ocorre que se quero escapar debía correr máis rápido, de súpeto estou correndo montado en wargo, corría e corría pero seguían alcanzándome, decido probar algo mellor, aínda que non quería probar a voar porque cría que podía desconectar demasiado do soño, entón decido dar saltos, largos saltos, cada vez de máis metros ata que salto centos de metros a cada vez.

Cando os perdo de vista sigo saltando máis veces ata que me encontro nun múelle cara o mar, aí aterro e métome nunha piscina escondida dentro de un contenedor azul enorme, onde me somerxo e me relaxo.


FIN

10/11/14

Vénsenos a noite enriba



Estou camiñando por unha pequena rúa situada nunha zoa vella da cidade, é de noite, eu síntome animado, alegre e enérxico, ando como a saltos, parecía flotar, o meu corpo era moi lixeiro, entraba nalgún pub, empezaba a bailar pero a xente non estaba tan animada coma min, volvía saír e seguín sentindo flotando, facendo largos saltos como simples pasos.

Sen darme de conta o cabo de camiñar chego a un pobo, alí tópome no camiño con un tractor vermello con unha cisterna enganchada, estaba entrando nun lameiro marcha atrás, eu cando estou xa moi preto observo que no chan de aquela entrada creceran moitas moras, unha morea de moras maduras e verdes, a cisterna pasaba sobre elas desperdiciándoas, ademais o condutor non vía e a cisterna chocáballe cas columnas que sosteñen o cancelo da entrada, cada vez que o volvía intentar o chan volvíase máis pastoso, eu intentei aproveitar algunha mora para comer, cacei no aire algunha branda e chea de sabor pero cando o tractor xa entrou non quedaba nada que comer.

Sigo camiñando cara casa, cando estou a piques de entrar vexo unha corte coa porta aberta de ferro aberta por completo, o mesmo tempo na distancia puiden apreciar como unha nube xigante achegábase, era case negra, parecía plena noite por onde pasaba, ia inundalo todo aínda máis, dirixinme a corte a pechar a porta para que non afectase dentro.

O estar a uns metros da porta noto como o chan esta pisado polos tractores, formábanse rodeiras fondas de barro, eu paso por enriba delas correndo e arrastrando todo o barro que encontraba, dentro o verme tres animais saian a identificarme, unha cadela medio mastín, unha porca branca con manchas negras e un cadelo rubio moi novo que mascaba unha bola do seu propio pelo.



FIN

08/11/14

Un papel moi persuasivo


Entre as miñas mans suxeito un papel de tabaco de liar, estou con uns coñecidos os cales están esperando que lles explique o que estou vendo, sobre o papel estábanse producindo unha serie de imaxes, imaxes de pura psicodelia, espirais de luz, formas que se repiten ata o infinito, todas elas levadas por un movemento harmónico.

Mirar para o papel resultaba hipnótico e absorbente, de feito eu dicía “ non cho podo explicar, é precioso, mírao por ti mesmo “. Entrégolle o papel o compañeiro e el empeza a velo.




FIN

06/11/14

Sinto interrupir, é que estamos en guerra



Acabamos de retirarnos da base inimiga de mortos viventes, derrotáronos as suas arañas e démonos en retirar, a súa base estaba na cima do monte, a nosa base de operacións estaba moi preto da cima pero un denso bosque de enormes arbores impedía o paso, na nosa base con tódolos recursos que tiñamos dimos a orde de entrenar tódalas criaturas e soldados que puidésemos, o que estabamos entrenando eran soldados, arañas e ogros.

A medio camiño entre un lugar e outro faciamos a reunión das tropas, alí había un edificio de catro paredes, sen porta exterior pero con unha porta dentro, alí dentro metémonos para preparar a estratexia de ataque, de súpeto un de nos acordase de unha cousa e saca do bolsillo o anel de The Lord of The Rings, se o levamos a nosa base e pagamos o seu prezo podemos entrenar a Sauron ou a Galadriel, el sen embargo di que ira a entrenarse el mesmo para axudar no combate transformándose o propio soldado nun novo Sauron, el volve a base completar o entrenamento.

Cando sae da base resulta que é lentísimo, unha criatura fortísima pero que anda a unha velocidade ridiculamente lenta, en mentres as o noso exercito seguía a crecer, de feito eramos tantos no cubículo aquel que unha rapaza apegouse tanto a porta que a abriu caendo dentro, alí dentro encontrábase unha gran clase laboratorio chea de pequenos de 10 anos e un profesor dando clase, a rapaza desculpase da interrupción e volve pechar a porta.

 Finalmente o supersoldado chega e dirixímonos todos a batalla.


FIN