31/10/14

Tres Asaltos


Un home achegase andando a un chalet, e de noite pero dentro ten a luz prendida, el esta sorprendido polo tamaño do edifico e o luxoso que é. Cando se achega a un dos seus cristais enormes empotra todo o seu corpo contra el mantendo unha cara de asombro, en escasos segundos o cristal cede desplumase co home enriba del, unha vez dentro el empeza a camiñar por o pasillo principal, o primeiro que ve é unha enorme piscina que lle alucina, achegase a ela e incluso se da un corto chapuzon, despois ve a súa esquerda o que de lexos parecía un jacuzzi, estaba situado a mesma altura que o pasillo pero para acceder a el había que baixar unhas escaleiras pasar por un especie de foso e volver a subir o nivel normal, cando o home o fixo todo ia ben ata que cando xa estaba arriba o primeiro metro de chan empezouno a desangrar mentres andaba, consige chegar o centro da estrutura onde había un pequeno centro de mandos estraños, no obstante xa non se pode manter de pé e morre deixando o piso encharcado pola súa propia sangue.

Outro home achegase a o mesmo chalet, resulta sorprendido pero non tan entusiasmado, cando se acerca a venta e se apega a mesma pásalle como o seu antecesor e desplumase ca venta nas narices, unha vez dentro mira con certo interes no edificio, como si estivera buscando algo, resúltalle especial a estrutura da esquerda e tamén decide atravesar ese foso que a rodeaba, baixa as escaleiras e sube as seguintes pero cando termina de subir antes de andar por aquel pasillo aparentemente normal el decide facer uns saltos largos en puntillas evitando o contacto, empeza a sangrar polos pés pero non moito, cando chega a ese centro de mandos empeza a tocar as teclas adecuadas e acababa de lograr desactivar todo o sistema de seguridade, xa tiña desbloqueadas tamén todas as caixas fortes e apagadas as torretas que protexían o resto da casa.

Eu e dous compinches estamos acercándonos a casa con claras intencións de furtar, achégome a ventá, empuxo co brazo e a ventá cae fronte a nos, entramos no pasillo central pero por consello dun dos compinches, o científico lle chamaba, un home que ia vestido como un doutor, con experiencia e que se encargaba dos retos imformaticos e loxísticos, el decidira meternos de cheo na profundidade da casa, metémonos por uns pasillos escuros, nun deles vemos unha estanteria un tanto iluminada onde colgaban tres armas, dúas delas parecían sen estrear, con mirilla, láser e de cor negra que lle daba un toque de estilo fantástico, parecía unha arma de airsoft, eu e o outro rapaz collémolas deixando unha terceira que parecía moi antiga, gris e con unha forma que máis que unha escopeta parecía unha polla. Nos en equipo segimos avanzando, o científico abre unha porta cual R2-D2 e nos metémonos, de fronte encontrémonos unha torreta que fai unha pequena sinal sonora, tiña unha pequena luz azul debaixo da mesma que deixaba vela, a torreta xirase a nos, permanecemos nos e ela uns segundos como si non soupesemos como reaccionar nin nos nin ela, entón collo a pistola e intento dispararlle a luceciña, da miña arma sae un láser que non parecía facer nada, eu manteño a posición lanzando o láser e cunha expresión de estar esperando que non me de cando empece a disparar, o cabo duns segundos de incertidumbre sobre con cantas balas ían matarme resultou que a torreta se desactiva, apaga a luz e todos damos un largo suspiro, o científico rebusca pola habitación algo de valor pero decide que pasemos seguinte porta, como si a escena se repetira presentásenos outro torreta e empezamos a iluminala co láser, nesa habitación tampouco había nada destacable, entramos na última desactivamos outra torreta e deixo que eles removan o local e que abran todos os candados das caixas fortes, eu vólvome para atrás para mirar, entón vexo que outros tres personaxes estaban recorrendo o noso camiño, encóntranse comigo e eu intento disparar ca arma, elas cóbrense pero despois doume de conta de que o láser non fai nada nas persoas, un deles, un que non parecía o máis listo precisamente, collera a terceira pistola, apúntame e dispara, aquela arma si que tiña armamento, so tiña un disparo e lanzouno detrás miña, pero o disparo cando chocou na parede explotou facendo unha explosión de película que ca súa onda expansiva me lanzou contra eles tres, medio magullado e acurralado non sabia que facer pero nese intre os meus compañeiros saen da primeira habitación e din que aquí non hai nada que roubar, non hai nada de nada, os seis decepcionémonos e deixamos de enemistarnos, despois mantemos unha conversa todos xuntos, un dos outros tres asociábao a Cris Griffind e non para menos, colleu e dixo –bou mirar se hai algo dentro desta taquilla- abre a porta, metese dentro e pecha a porta.

O científico despois terminou dicindo que se non puidemos ganar nada no roubo polo menos podemos sacar experiencia, colle unha tabla e escribe a un montón de personaxes cos seus respectivos puntos de experiencia ganada.


FIN

28/10/14

Competición sen arriscar


Chegamos tres persoas a un circuíto de carreiras, era o aire libre e estaba decorado por todos os lados con unha cor azul pálido  e medio cor cinza, os tres levabamos cada un formula 1, e iamos facer unhas carreiras, antes de empezar eu dígolle á muller que nos deixara entrar no circuíto e os outros dous “ bueno, xa que teño un formula 1 de verdade bouno coidar ben e non o penso danar, así que irei mais tranquilo do que podería “.

Comezamos a carreira, imos os tres apegadiños, facendo curvas pechadas e adiantando con centímetros de distancia, pero os tres mantemos unha velocidade moderada, o avanzar a carreira empezamos a rivalizar e a acurtar distancias, nunha curva do circuíto péchome o extremo meténdome na herba e sen querer crúzome de fronte con un poste, contra el choca o meu eixe dianteiro, nin o eixe nin o poste ceden e vexo como as dúas rodas son arrancadas do formula 1, eu sigo acelerando e continuo varios metros sobre a pista conducindo so recto.

Despois das carreiras volvo a falar ca muller que nos deixara entrar na pista, a partir de  aí o que son eu pasa a ser un personaxe dun xogo de ordenador, eu manéxome a trabes do teclado numérico e o non sei como manexarme, pulso os botóns d fora aleatoria e eu empezo a moverme espasmodicamente, todo tipo de movementos xuntábanse ata poñerme directamente a bailar de forma descontrolada, a muller non o entendía pero co imprevisibles que eran os meus movementos cheguei a chocar con ela tirándoa o chan mentres “bailaba”.

FIN

26/10/14

Baixando a montaña


Baixamos por un camiño tres amigos, un de nos en bicicleta de montaña, eu fíxome nunha explotación, era xigantesca a nave e estaba escavada na pena, sorprendíame que alguén construirá algo nunha montaña tan aparatosa e que nese lugar fora rendible.

Durante a camiñada collo a bicicleta un anaco e aos poucos segundos una roda pincha, nos buscamos algún obxecto na cuberta e encontramos una chincheta vermella, terminamos indo a pe os tres.

Chegado a un punto do camiño pasamos polo medio dun grupo de casas, nelas había xente fora comendo e charlando, detrás na nosa aparecen dous coches conducidos por unhas rapazas que coñezo de vista, elas páranme e a xente daquelas casas sae a falar comigo, a min trátanme moi ben, demasiado ben,  como se estivesen celebrando a miña festa de aniversario. Non obstante eu nun mo cría, sabía que estaban de broma actuando  como actores, de feito eran bastante malos, eu dicíalle que non tiñan porque facer todo ese teatro pero eles seguían o xogo.

Eu o largo da comida deixei de insistir e seguín a corrente. Unha das comidas que trouxeran eran un montón de bolsas de noces, pouco despois de abrir a primeira uns homes collen e volven coller tódalas bolsas excepto a aberta, o final non comemos case ningunha.

Despois de moito tempo eu encóntrome nunha casa con dous coñecidos da festa, dende dentro podíase escoitar o barullo da xente fora, un dos que estaba comigo ponse de pé e dime, “ veña imos a fora que che vou ensinar unha cousa “, o que respondo “por fin ides deixar de actuar “, el abre a porta con un sorriso deixando pasar, dou dos pasos ata chegar a altura da porta.


FIN

24/10/14

Protección contra o pracer


Achégome a casa veciña a visitar una rapaza para dar un paseo, ela acepta pero cando estamos marchando aparece o pai da rapaza, detenos e colle a rapaza, saca da manga unha escusa e dime que lle deixara ir comigo outro día que inda non pode.

Outro día decido achegarme a visitar a rapaza, esta vez tamén aparece o pai que me recibe ben pero segue sen permitir que lle saque da casa a rapaza, eu insisto pero el saca cada vez un novo argumento improvisado pero o final el empeza sincerarse e di o que realmente lle preocupaba, entón empeza a contar os seus problemas e como se sente, levaba un periódico da man e sentase nunha mesa a darnos as explicacións, non quere deixarnos saír porque quere esperar a que eu me namore de ela para asegurarse de que me farei responsable dun posible neno, conta tamén os seus problemas e lamentase por o que estaba intentando, a min nese momento dáme unha estraña corazonada e rompo a parede daquel salón, abro unha brecha e encontro entre os cementos da casa unha morea de periódicos, agarro e tiro algúns enriba da mesa, el o velos aínda se pon máis doído, cando me dou conta encontro neles articulo sobre un home que estaba involucrado en diversos golpes dunha banda comunista, el era ese home.


FIN

19/10/14

Tes Tabaco ?


Eu encóntrome nun enorme local acompañado de un grupo de rapaces e rapazas, eu cada vez que falaba con algunha rapaza sempre me rexeitaba, despois dun cacho ata parecía caerlles mal os rapaces e eles todos deciden marchar, a min dinme que me quede no local para pechar as ventas e apagar as luces.
Eu póñome a buscar a forma de pechar as ventas, había una morea de elas, eran pequeniñas e estaban a máis de dous metros de altura, o local por dentro era altísimo e o tellado era en forma de cúpula coma a de una igrexa, o mirar para arriba encontro a clave, por todo sitio había cordas larguísima colgando, esas cordas eran as que tirando pechaban as ventas.

Mentres eu tiraba das cordas entran varios freis vestidos de negro, cada un ponse a facer a súa cousa, ademais de eses freis entra tamén un home falando con un deles, o frei saca a capucha con el e empezan a falar como persoas normais debatendo, eu coñecía o home e a el pídolle tabaco, el saca o paquete de liar e saca un pouco deixándomo na man e segue de conversa, eu miro o tabaco, é de liar pero cun ton máis verdoso do normal, ademais dentro del ten como pequenos puntos brillantes.

Eu marcho do local e saio a calle co tabaco no puño, encóntrome un vello coñecido na calzada sentado, achégome a el “ Tes papel ? ”, el primeiro recoñéceme e despois dáme un anaco de papel mentres me mira con cara de estrañeza, cando mo da dígolle “pero bueno e que tal estas ti ? nun creas que non te coñezo “ aí el xa se volve tranquilo e empeza a conversar.


FIN

17/10/14

Interacción Toxica



Estaba de noite, nunha aira falando con dúas rapazas, eu estaba centrado na que me me gustaba, estabamos pasando ben na conversa e sabia que ela tamén tiña interes en min, eu acercábame moito e a ela para aumentar a tensión sexual ata que percibín que ela ia pensar que eu o estaba intentando demasiado, tras acercarme moitísimo observo como ela non estaba segura de si ia lanzarse, entón eu xirome e alexome coa naturalidade de alguén despreocupado, imediatamente despois ela chócalle e agárrame dun brazo volvendo a xirarme, tras ese movemento lanzome a bicala, un contacto suave dos nosos beizos queia aumentando a pasión.

Aparece un amigo correndo cara nos, estaba alterado e asustado, dime que mire o ceo e entón podo percibir como agora é de día e hai unha Blackline encima de nos producida por un chemtrail, eu xa empezo a notar un cambio no aire e vexo que se estaba esparcindo esa descoñecida sustancia, percibo tamén un cambio no olor e decido que temos que ir para o piso para non respirar algo tan dañino, elas e algún outro rapaz que se xuntara intentan disuadirnos da idea pero o amigo e eu empezamos a correr cara o piso.

Estamos no piso, hai unha cantidade importante de xente polo piso como se fixesen unha festa ou algo, as rapazas o final tamén nos segiron e estaban alí, eu falo ca rapaza e vámolos os dous a unha sala con sofás e mesas, eu intento pechar a porta pero non funciona a pechadura, entón u despreocúpome e séntome nun sofá, ela sentase sobre min e seguimos o dialogo sen palabras.


FIN

15/10/14

Camiñando cara unha cama de cemento


Chego a una cidade, acompañado por un coñecido recorro as principais rúas, chegado a un momento encóntrome con uns veciños, ia toda a familia xunta, eu saúdos e pregúntolles onde se pode comprar roupa de home nesta cidade que parece que so se vende roupa para mulleres, dinme algunha vaga referencia de onde ir e marchan.

Nesa familia tiñan us nenos pequenos, mentres todos ían de compras os nenos quedaban con un amigo da familia e a súa moza a tomar algo nun bar, a parella estaban discutindo si ensinarlle unas cousas os nenos, un defendía que o neno necesitara saber estas cousas para defenderse no mundo sen embargo darlle esa información daralle posibilidades de crear máis problemas para os seus pais, entón estaban os pequenos preparados para usar ben ese coñecemento ou esperaran ata que llelo digan os seus pais ?

Eu sigo vagando pola cidade, xa é de noite e estou nun parque con outra xente coñecéndonos, pasado un rato decido que teño que marchar para durmir, despídome e marcho a durmir onde deixara a mochila, non tiña pensado gastar moito e ia durmir no chan dun local. Os poucos metros poño a musica do móbil e sigo camiñando, métome por uns edificios modernos con grandes cristaleiras, intento atallar meténdome polo medio del, chegado a unha das salas encóntrome con que non había saída por alí e ademais había dous porcos dentro da oficina, o entrar eu asústanse moitísimo, eu pecho a porta e marcho, cando me bou para atrás aparecen dous dos que estaban no parque achegándose a min, empezan a dicirme en voz baixa que baixe a musica que é unha animalada, a min parecíame que estaba ben, escoitaba o xusto, entón colle a rapaza e sácame uns auriculares de protección que levaba postos, entón ela ponos e eu xa noto como o son era estridente, sen eses auriculares o móbil so emitía pura distorsión.

FIN

13/10/14

Xira e xira

Estou camiñando con alguén, o noso obxetivo era levar unha porca grande a un sitio, eu ia dediante e a porca parábase, non había que facer nada máis que andar, a porca tiña unha papada inchadisimisa, como si dentro desa pel tivera un globo, o largo da camiñata encontrámonos con unha porta concorrida por un montón de mercadillos, as cousas amontoábanse polo chan, nos pasabamos xustos por o carreiriño que deixaba, no carreiriño un cadelo negro e enorme entorpecía o paso, entre os movementos meus e os da porca empuxabámolo ata que volviamos ter espazo.

Despois dun cacho camiñando, chegamos a un lugar onde paramos e atamos a porca a un peche, a carón de onde a deixamos había un rabaño de ovellas, o seu carneiro mirou para a porca e abalanzouse contra ela cos seus enormes cornos, a porca medio apartase e non lle doe moito pero o carneiro tiña intención de seguir embestindo, entón eu reacciono collendo polos cornos, como era potente, o único que podía facer para que non tivera opción de facer forza era xirar sobre min mesmo e agarralo para que xirara no aire. Dun momento a outro dunha forma difícil de explicar, o carneiro polo que tiraba pasou a meterse dentro dunha cervexa ca que eu seguía xirando sobre min mesmo polo medo a que me parara e o carneiro me levara por diante, eu continuei pensando iso ata que me canso e cando paro póñome con cara de esperarme un golpe, eu pensaba que o carneiro ia saír da cervexa a toparme pero resultou que xa non había tal, iso me dixeron unas persoas que estaban tomando algo nun bar, empezamos a falar, despois de un cachiño doume conta de que a miña compañeira estaba sentada soa esperando por min na distancia, neses momentos estaba percibindo que asa rapazas cas que estaba falando sentíanse atraídas por min aínda que eu non soubera como levar a situación e avanzar, de feito elas pregúntanme si a coñezo e entón xa digo que veu comigo e volvo para onda ela, dicíame eu mesmo que unhas simples descoñecidas non podían facerme gastar máis tempo que unha persoa ca que xa compartira máis esperiencias.

Cando nos estamos movendo ela e eu, doume de conta de que paréceme que nos falta confianza e eu dígolle que che parece si facemos un xogo no que mentres andemos parezamos noivos, si queremos ter confianza actuemos como que a tivésemos haber si desa maneira xenerabamola, en canto empezamos o xogo solo por estar actuando con esa condición moviámonos con toda comodidade e adquiriamos toda confianza simplemente por actuar como si a tivésemos.


FIN

10/10/14

Cambio de pel



É de noite, estou nunha rúa solitaria con un home calvo en paro, unha persoa que transmite que é un fracasado, el leva da man a súa filla pequena, nos estamos mantendo unha conversa axitada, a veces el solta a pequena, ela aproveitaba para escaparse del pero el reenganchaba cada pouco, nunha desas fuxidas el pérdelle a vista no medio da escuridade, cando se percata empeza a correr por onde ela desaparecera, el berraba desesperado ata que tamén eu lle perdín a vista.

Estou correndo buscando a miña filla, na nube de pensamentos que me invadía xurdían moitos pensamentos tales como “non podo perdela, ela é o único que me importa nesta vida, é o mais valioso que teño, non a volverei a encontrar, pode pasarlle de todo, non podo vivir así, bou ir a esa rotonda a suicidarme”.

Pasado un largo rato de agonía eu tiña toda esperanza perdida, tiña claro que ia abandonar este mundo, no camiño cara a rotonda aparecen dous rapaces que coñecía, estaban xogando a pases cunha pelota improvisada, cando nos cruzamos vexo as súas caras de felicidade mentres me dicían que me animara, nese intre un flash en forma de recordo irrompe en min e lembro a filosofía ganadora que aprendera, entón percateime de que por moi mal que a vida me deixara o meu camiño e os meus xenes so podían tirar cara adiante, tiña que loitar por a miña felicidade, chegar a alcanzala ou non, a miña bioloxía esta programada para facelo.


FIN

06/10/14

Os poucos que ainda vivimos

Un dragón esta aniquilando toda a poboación, poucos seguen vivos, entre eles so estou eu e tres gardas, tres soldados montados en cada seu propio dragón, eu encóntrome con eles, estaban asustados e tiñan medo de enfrontarse a terrible besta alada, eu dicíalles “vos sodes a última arma para defender o mundo, xa esta a maior parte da poboación aniquilada, debedes loitar pola supervivencia do ser humano”, eles entran en razón e diríxense en grupo contra a criatura.

Cando se cruzan no aire os catro o maléfico ser lanza un feitizo sobre os xinetes, de súpeto transfórmanse en cadeliños, en crías moi preciosas pero inofensivas.
O coñecer a derrota decidinme a ir eu matalo.

Achégome o seu niño, estaba cercado cunha alta valla metálica, sáltoa, dentro había un gran grupo de diversos animais rodeando a zoa, vacas, conexos, ovellas, etc… a maioría deles escaparon so ca miña presenza, outros respondían agresivos comigo pero dun golpe retirábanse.

No centro da area cercada había un enorme arbore sobre o que se sostiña o niño, eu achégome o seu tronco para escalalo, pousado na base da arbore había un gato, cando eu me achegaba o gato poñía os pelos de punta e lanzaba un grito estridente, cando se calou con un movemento rápido lanzo a uns metros de distancia, el arrúñame pero eu xa podo subir o cima.

O dragón estaba alí esperando a miña chegada, cando se abalanza sobre min eu agáchome quedando debaixo del nun pequeno oco, dende ese oco lanzo un golpe no que eran as súas partes máis sensibles, a criatura marease e cae fora do niño, cando mira para ver como quedou do golpe vexo como os poucas persoas vivas que quedaban viñeran aquí a matalo, o telo caído no chan golpeárono ata matalo.

FIN


04/10/14

Raios na neve

É de noite e aba de ocorrer algo, esa noite todo en todo o mundo espertara un apocalipses zombi, todos o sabiamos, na miña casa decidimos saír a fora collendo un camiño pouco transitado aloxándonos das multitudes porque sabiamos que se volverían tolas en cuestión de pouco tempo.

Nese lameiro que estaba nunha pendente sentámonos a mirar o pouco que se vía do val, estabamos eu, a miña irma e outro membro máis da familia, de súpeto xorde un ruído que nos altera, aparecen fronte a nos un orco e un Tauren(home-toro) bastante grandes vestidos coma no xogo Warcraft The reing of chaos, o Tauren tiña a habilidade de lanzar raios, ca cal xogaba facéndonos electrocutándonos, nun recordo que palabras dixo pero o estábanos castigando case por diversión, chegou a matar a un de nos, a min sen embargo levoume consigo como escravo e a miña irma deixouna tremendo de medo, o orco sen embargo intentaba disuadir o seu compañeiro e convencíao de ir a base a ver o seu señor.

Estou con esas dúas criaturas na ladeira dunha montaña nevada, alí tiñan unha pequena cova onde gardaban cousas, o Tauren continuamente obrigábame a traballar e castigábame co raio, o orco xa se cansaba de dicirlle cousas, chegado a un momento síntese a terra moverse, eles dous miran o cima da montaña, un xigante de xeo con barbas brancas e coa carne case putrefacta estaba baixando, plantase fronte o Tauren e dille “Dinche ese don e mataches a máis xente da que tiñas que matar, ti non estas preparado” dunha forma máxica mátao a el e a min que estaba o seu carón, despois di “ti serás o indicado, saberás darlle mellor uso”, o xigante marcha e o orco colle o seu martelo xigante de guerra, o martelo iluminase véndose como os raios o cobren.

Tras o incidente na montaña nevada a perspectiva cambiou, xurdiu unha gaivota, pero como se fose unha gaivota de papel, voaba sobre un mapa, ne víanse diferentes edificios clave da zoa, un deles a propia montaña, un santuario, unha cabana, lugares que parecían máxicos, eu vía por onde pasaba a gaivota que chegaba a entrar nalgún deles pola venta e volver saír.

O mesmo tempo a miña irma que quedara en estado de shock noto que alguén se acerca a ela, en cuestión de segundos case todos los veciños del pobo se xuntaran para camiñar y facerse fortes entre eles, dentro del grupo tamén podía ver a outros veciños que o coñecer a situación sacaron tódalas bebidas das súas casas e marchaban más borrachos que nunca entre la multitude, aqueles que tiñan esperanzas querían trazar un plan, falaron con ela e xurdiu a idea de ir á casa dun rico que tiña de todo na casa.

Chegan todos a casa, os máis activos entre os que esta a miña irma difurcanse pola casa abrindo tódolos caixóns para levar calquera cousa útil, ela chegaba a habitación é quedábase un tanto estrañada o ver que nas perchas so tiña chaquetas de coiro de cor claro, tiña catro modelos diferentes pero había alí máis de 20 chaquetas, unhas chaquetas que parecían incluso algo prensadas, tódolos obxectos que encontraban tiñan varias copias e estaban case todos sen estrear, entro o percheiro e os caixóns había un oco no que encontraba un montón de paquetes sen abrir de diferentes tipos de conexións USB, para móbil, para ordenador a ordenador, para televisión, tamén había algunhas lanternas que resultaron ser o máis útil que encontraron.


FIN

02/10/14

Estar morto sempre relaxa

Chego a unha sala de deportes, nela había moita xente nova pasando a noite, o chegar eu moi contento póñome a falar de risas cunhas rapazas, unha delas por algún motivo pregúntame "ti non te meteras coca ?", a esa pregunta respondo con unhas gargalladas descomunais, cando me recupero do chiste dígolle que eu estou noutro nivel nas drogas, entón ela di "ahh logo ti xa estas no nivel de tomar pastillas", ao que conclúo eu "non me entendiches, eu estou noutro nivel de drogas, a miña droga é o Oxixeno", aí xa todos nos partimos de risa.

Na sala entra un amigo meu, el ven con outro obxectivo e recórdame cal é o meu, somos espías e debemos vixiar a zoa fronte a un posible ataque inimigo, o meu compañeiro era un dos mellores da organización, el foi o que avanzou polo bosque a sacar información do inimigo.

Cando volveu comunicounos que a ameaza desaparecera, eles non atacarían, sen embargo descubriu que un espía dos nosos era un traidor, todos desconfiamos de todos ata que no medio de esa tensión, un dos nosos saca unha pistola, apúntame a min e a o meu amigo, el era o traidor, estaba nervioso, aterecido e con unha pistola na man apuntándome, eu era o único que estaba sentado tranquilo, non me gustaba matar as persoas e trataba de falar con el mentres el me poñía a pistola na fronte, eu neses momentos entrei na actitude de que ia morrer, estaba sen medo, neses momentos sentes que non tes nada que perder, de súpeto o meu amigo nun movemento instantáneo dispara a cara do traidor saltando os seus restos.

Tras esa escena eu saio a o aire libre, séntome na herba e empezo a practicar relaxación ata que o amigo venme a ver e dime algo así como "xa o deixamos todo limpo, podemos continuar ca operación".


FIN