26/10/14

Baixando a montaña


Baixamos por un camiño tres amigos, un de nos en bicicleta de montaña, eu fíxome nunha explotación, era xigantesca a nave e estaba escavada na pena, sorprendíame que alguén construirá algo nunha montaña tan aparatosa e que nese lugar fora rendible.

Durante a camiñada collo a bicicleta un anaco e aos poucos segundos una roda pincha, nos buscamos algún obxecto na cuberta e encontramos una chincheta vermella, terminamos indo a pe os tres.

Chegado a un punto do camiño pasamos polo medio dun grupo de casas, nelas había xente fora comendo e charlando, detrás na nosa aparecen dous coches conducidos por unhas rapazas que coñezo de vista, elas páranme e a xente daquelas casas sae a falar comigo, a min trátanme moi ben, demasiado ben,  como se estivesen celebrando a miña festa de aniversario. Non obstante eu nun mo cría, sabía que estaban de broma actuando  como actores, de feito eran bastante malos, eu dicíalle que non tiñan porque facer todo ese teatro pero eles seguían o xogo.

Eu o largo da comida deixei de insistir e seguín a corrente. Unha das comidas que trouxeran eran un montón de bolsas de noces, pouco despois de abrir a primeira uns homes collen e volven coller tódalas bolsas excepto a aberta, o final non comemos case ningunha.

Despois de moito tempo eu encóntrome nunha casa con dous coñecidos da festa, dende dentro podíase escoitar o barullo da xente fora, un dos que estaba comigo ponse de pé e dime, “ veña imos a fora que che vou ensinar unha cousa “, o que respondo “por fin ides deixar de actuar “, el abre a porta con un sorriso deixando pasar, dou dos pasos ata chegar a altura da porta.


FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.