13/08/14

A Autoridade contra a Natureza

Situados nunha casiña as aforas, unha parella acaba de descubrir que a muller esta en cinta, a noticia soaba desconcertante entre a familia porque todos sabían que ela debía irse a cidade onde controlaran e manipularan a súa descendencia, ante esa realidade ela negase e decide que o seu fillo nacera e vivira o embarazo nun ambiente natural.

O shériff inmediatamente envía dous secuaces a cabalo para facer entrar en razón muller e traela para o edificio do control da natalidade, cando os axentes chegan a casiña ela sae sen dilacións con unha escopeta en man disparándolles pero sen acertar, o acto reflexo dos axentes foi unha retirada inmediata. 

Tras este incidente o shériff decide enviar contra ela os tres mellores homes para capturala, ao mesmo tempo ela decide que debe ir a cidade matar ao shériff para acabar ca persecución que sabe que sufrira. 

Cando os tres expertos están moi preto da Muller, un deles xa a tiña no punto de mira, ela encontrábase fatal cada vez que se acercaba a o edificio da natalidade, desprendía unha radiación que xa no exterior parecía derribala, encontrábase mal, para de andar, e arrimada a unha gran pedra empeza a sufrir arcadas, de súpeto vomita o seu propio feto, diminuto coma un pito dentro do ovo, ela non o pode soportar e perde o coñecemento, os secuaces son os que a recollen nese estado. 

Espertase sobresaltada, esta nunha camilla, una doutora esta ao seu carón, “perdeu o seu fillo” di a doutora, a muller sufre aínda mais e prometese a si mesma que a próxima vez conseguira como sexa que o seu fillo creza nun entorno natural.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.