14/08/14

Baixo As Piramides

Acabo de empezar a partida nun xogo que recorda moito o Deus Ex, eu teño que coller un caza e ir a un lugar para completar a misión, o vehículo parecía un pequeno caza triangular de cor negro, eu empezo a facer manobras arriscadas con el e collo un rumbo aleatorio aloxado do meu destino inicial, ando a baixa altura, esquivando edificios enormes que parecían de ambientación exipcia, decido meterme nunha pirámide e aparcar dentro, nunha sala enorme que gardaba.

Báixome do artefacto e empezo a ver estanterias e obxectos pousados por todo o local, bou collelos e doume de conta de que son demasiado bos para o meu nivel, non me daban entrado no inventario, no meu furgar resulta que activo algún mecanismo, aparece unha criatura que se parecería a unha sirena preparada para a guerra, non termino de saber se esta a criatura realmente “in situ” ou se so é un holograma, nun sei como fago como si pulsara nela co punteiro do ordenador, cambia a unha cor dourada e aparece unha barra sobre ela que indica que ten nivel 40, eu so tiña nivel 1 non estaba onde debería.

Na outra esquina do recinto vexo que hai unha entrada a outra sala, dentro víase un montón de galerías larguísima nas que había monstros camiñando, achégome un pouco pero un deses anfibios percibe a miña presenza, entón lánzame un raio vermello de enerxía que cando me alcanzaba formaba unha gaiola enerxética que me paralizaba, a criatura achegábase a min moi lenta e co tempo o campo de enerxía desaparecía, libreime unha vez, volveu lanzarma e co tempo que tardaba en achegarse puiden escapar daquela galería.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.