Estatua Inaugural
Hai festas no pobo, esa maña vai haber un evento, consiste
en bañarse nun rego escondido entre os arbores e bañarse, despois do baño multitudinario
faríase un vermú, o baño empeza oficialmente cando tiran o rego un bloque de
metal, ten forma antropomorfa, era de ferro con un cor amarelo e estaba cheo de
rañuras paralelas entre si, un trampolín de madeira suxeitado nos arbores ia
ser o lugar onde o tirarían.
Eu estou volvendo a casa para coller o bañador, no camiño
encóntrome o meu irmán, el ia o rego pero esqueceráselle algunhas cousas na
casa como cervexa ou algunha toalla, el vai por as cousas, deixa o móbil
apoiado na parede e eu espero, cando me dou conta a cantidade de persoas que se
animaron é maior do que nunca esperara.
Eu miro o aparato, resulta que é un antigo Motorola de
tapa, cando me dou conta encontro outro móbil inda máis antigo, tamén era de tapa
pero este era rosa. Un ancián viume mirando os artefactos e dime “Deses móbiles
son os que busco eu, son ben sinxelos, non me poderías vender un ?”, “eu non
son o dono deles, non chos podo dar “, o ancián marcha e eu canso de esperar,
collo dirección a casa.
O lugar que eu tomaba como casa era en realidade o antigo
colexio, cando chego a porta o meu irmán saia, iámonos marchar cando vexo dúas
persoas ir con unhas gorras co símbolo que lle fixen a este blog, as gorras levábano impreso polos lados e ca fronte
en negro.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.