Pelexa Inutil
Estamos nun pequeno
recinto amurallado, eu son un soldado raso a igual que o meu amigo,
eramos catro soldados que tiñan a protexer unha porta, na
retarguardia esperaba un heroe cun enorme Martelo de guerra, el era o
líder.
A nosa porta daba a unha serie de camiños rodeados por muros
de pedra, de súpeto aparece un pequeno continxente de soldados
inimigos moi preparados, ademais levaban unha arma de
artillería para deribar a nosa porta, berrámoslle o líder, da orde de atacalos antes de que disparasen, vendo o noso avance o
inimigo lanzou o proxectil, nos agachémonos para esquivalo, o
proxectil non acertou a porta pero o impacto na parede fíxolle unha
impoñente greta que fixo caer un trozo da mesma, nos levantámonos e
empezamos a loitar pero sen usar as nosas espadas, de feito un
compañeiro e máis eu eramos os que loitabamos a puño e sobre todo
patadas, facendo acrobacias e xiros cada vez máis imposibles cos que
esquivabamos as súas espadas, con patadas que os deixaban fora de
combate, o primeiro continxente caeu sen problemas, pouco máis tarde
outro grupo de forzudos soldados viñeron cargando e saíron ca mesma
sorte, cando todos xa estaban tirados aparece un novo inimigo, un
home moi grande, gordo, con barba, con uns dentes deformes, un deles
crecíalle dende a boca case ata os ollos e ademais a súa pel tiña
un repulsivo color amarelo pálido, eu lánzome contra el cos meus
formidables movementos, el pese a estar sobrepasado polos golpes non
cedía, non caia, tan so recuaba pouco a pouco.
Cando el recuaba
ante os meus golpes moitas cousas empezaron a cambiar, o escenario o
que nos dirixiamos pasaba a ser unha calle peatonal, céntrica e
abarrotada de xente normal da época actual, o home tamén estaba
cambiando mentres recibíaa ostias, o dente adaptaba un tamaño
normal, o cor da súa pel tornaba branca e a súa cara parecía a dun
home e non tanto a dun ogro, no medio da pélea que eu proseguía
aparece o irmán a auxilialo, entón xa deteño o combate
e vexo que todo o mundo estaba mirando a pélea atónita, ademais
aparece a policía e eu sen dubidalo empezo a escapar facendo Parkur
pero con capacidades propia da película Matrix, saltos altísimos,
manobras o limite… Nun deses saltos case me caio nun río que
cruzaba a cidade, agárrome no último momento a unha barandilla e
sigo a saltos polo paseo, entón alí paso preto de dúas persoas que
resulta que estaban falando do mal visto socialmente que estaba sendo
o meu compañeiro de acrobacias por facer o que eu estaba facendo,
ademais el estaba a uns metros con cara de tristeza escoltando a
conversa, eu tamén collo interese por a charla e súbome a un farol,
abrázome a ela e sigo escoitando.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.