18/08/14

Fixeno por ela

Encóntrome nun piso diminuto de un bloque de pisos enorme,  a habitación tiña dúas ventas, eu abrira unha delas, a que estaba a altura do chan. Eu saia por ela para coller unha pequena figuriña que era tremendamente especial, algo moi prezado para min, tanto que eu estaba saíndo por venta para recollela pese a que non estaba no primeiro piso precisamente, o meu medo as altura bloqueábame e obrigábame a aferrarme a todo o que podía cunha forza descomunal, sacar o corpo a sentir como o vento podía levarte consigo, a cada movemento era unha subida da tensión, o reto deixábame inmóbil, finalmente collín a figura e puiden tirarme o chan tranquilo, A figuriña era unha bailarina coa cabeza grande, resulta que ela era parte dun conxunto de tres figuriñas únicas que eu valoraba como un tesouro., 

No piso vexo que a habitación ten un po esaxerado, notábao ata na respiración, ademais todo el estaba repleto de xogos meus tirados por todos lados, eu tropezaba con eles e tirábaos con desprezo a todos menos a figura, eu seguía apreciando mentres pasaba a tumbarme nun sofá verde.

FIN
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.