15/08/14

A Histeria Habitual

Busca o móbil, aí esta a clave, pero ninguén debe descubrilo, ti so faino e marcha.

Esta era a miña misión cando me reunín cos outros investigadores, eu e un rapaz marchamos na procura dunha pista, eu so bou buscar o móbil, cando volvo con el debo usar a contrasinal e vela no aparato sen que ninguén se fixase, ademais tiña o problema de que non a daba encontrado entre os arquivos, ata que nun instante alguén me pregunta como levo a investigación e bloqueo o aparato, entón vexo que no fondo de desbloqueo estaba a contrasinal, sen dificultade e con disimulo collo un dos ordenadores daquela organización e meto a clave.

Marcho do lugar, collo a enorme cantidade de maletas que levo comigo e métome no autobús, tiña maletas bolsas e mochilas, tiña que levalo de novo a casa, na maioría dos casos as maletas estaban baleiras, eran as propias maletas as que tiña que levar.

O autobús estaba moi destartalado pero cando me poñía a ver a cidade estaba moito peor, todo ruinoso, persoas correndo e gritando de medo, platillos voantes sobrevoando sen presa as rúas, para min era como o habitual, estaba acostumado.

O autobús déixame na estación de tren onde bou aos baños para lavarme un pouco e cambiarme, había unha longa cola, e a xente parecía normal nese entorno ata que unha muller entra correndo e berrando, como se a estivesen perseguindo, ninguén se xirou tan sequera, a muller escondeuse e non parou de mirar a  porta temerosa, eu simplemente entrei no baño e carguei coas miñas mochilas.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.