10/08/14

Cidade Pantasma

Eu e un compañeiro estamos nunha cidade baleira, entramos nun curioso colexio, nese colexio o uniforme era amarelo, un amarelo brillante, dentro encontramos moita xente con instrumentos de conservatorio, entramos nalgunha clase onde había un alumno tocando so, nos pisos de arriba encontrámonos un profesor que nos berra por estar neste colexio, delatábanos a nosa roupa tan normal, nos escapamos cara a entrada e alí cerca dunha caixa de incendios encontramos unha caixa forte tras un cadro, conseguímola abrir pero o único interesante que gardaba era un grupo de billetes verdes, estamos hipertensos co perigo de que nos pillasen, por sorte puidemos escapar correndo do edificio.

Na rúa encontramos todas as fachadas de cor gris, escaparates cheos e ben iluminados, eu achégome a un con articules de Rock pero cando me fixo na corta distancia fíxome que a tenda esta pechada e dentro apreciábase un local baleiro, quedámonos sorprendidos ao comprobar que tódolos comercios estaban nunha situación similar.

Máis tarde vámolos andando ata chegar a unha gasolineira cunha plantación de millo crecido ao seu carón, de súpeto do millo sae un gorila negro e grande berrando e golpeándose o peito cos puños, a nosa rección foi esconderse tras uns bidón e poñémonos a observar a criatura. Chegado a un momento capta a nosa presenza, nese intre o animal fragmentase en anacos e converténdose eses anacos nunha bandada de corvos.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.