09/08/14

Animal Solto

Estou na porta do patio da miña casa coa miña aboa ao meu carón, ao lexos podo ver un grupo de cadelos pelexan por unha presa, pero todos se alexan cando un gran lobo branco con liñas grises se acerca. 

Chegado a un momento cando esta comendo no animal  o lobo míranos e empeza a camiñar cara nos, a aboa asustase e regresa a casa cara a casa pero eu sigo observando, cando o lobo esta moi preto da casa eu empezo a atraer a súa atención para darlle tempo a aboa que inda non terminara de entrar, nun xiro que fago eu ao volverme xa non perdera de vista o animal, entón subo por unha parra alta por se acaso se achega demasiado, cando mirei para atrás o lobo estaba saíndo da porta da casa, ao telo tan preto puiden ver que non era un lobo normal, era un disfraz coma o do oso de Salcedo pero seguía agresivo coas garras, como se mantivese o instinto animal, eu subinme mais alto e el púxose a dúas patas ata lanzarme as súas gadoupas a centímetros da miña pel.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.