20/08/14

Centro de reinserción moral

Comeza cunha familia de oito persoas, esa familia é levada a un edificio preto da costa onde terá que vivir ata que os seus valores se amoeden a os da sociedade reinante, en especial o concepto de liberdade. 

Mentres viven alí escoltaban repetidas unha serie de frase acordes a ese nova filosofía que impoñían, a frase máis destacable era “Debemos vivir en paz”, pero o home da familia, un curtido veterano, el era capaz de entender o autentico significado daquelas palabras, “Debes ser pacifico para non loitar polo que queres”, el non soportaba a manipulación e logrou fuxir da casa. 

As alarmas activáronse, un avión militar en minutos voaba cara a casa, estaba a unha altura moi baixa e rodeando unha colina cércana, tras pasala colina seguiu cara a vivenda de reclusión pero dende a propia colina o home lanzou un mixil cunha bazoca, o avión fíxose anacos sen sequera ver o proxectil. 

Un segundo avión pronto sucaba o ceo pero sen problemas foi derribado, a pesar diso un terceiro avión achegouse buscando o home pero este tiña un piloto moi excéntrico que antes de sobrevoar a colina xa estaba disparando en tódalas direccións, o home rapidamente escondeuse nun pequeno balado, vendo miles de balas caer por todo o paisaxe, o estraño piloto tras lago tempo de disparo ininterrompido detense no aire, e empeza a buscar a vítima que cría morta, aproveitando a calma, o home con unha fina cadea enganchase o avión e empeza a subir, a un metro do piloto o home saca unha pequena agulla cunha diminuta sustancia clabandolla ao piloto nun pequeno dispositivo electrónico aderido no cuello, o chip derretese e o piloto cae do asento morto.

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.