11/08/14

Segredo con Emboltorio

Estamos nunha rúa escura de noite, eu e o meu irmán, el ten que mostrarme algo, mira aos lados vendo que ninguén esta observando, dime que estea preparado e saca un envoltorio de un chicle rectangular normal, pero con suma delicadeza destapa o envoltorio, tiña a mesma forma e consistencia que un chicle normal pero era rosa, un rosa brillante, unha cor intensa, unha luz que o meu irmán e eu mirabamos cos ollos medio pechado para protexernos, ese brillo que nos atraia, a cor mais viva xamais vista. 

Tras un minuto o meu irmán cobre o chicle porque sabe que xa foi bastante larga a mirada, os dous volvemos cara a festa, cando andabamos o equilibrio empezou a desaxustarse, a vista perdeu definición, eu estaba nunha sensación de ingravidez, estaba cun largo sorriso, unha sensación sensorial alterada, cando chegamos a onda a xente que estaba na calle continuabamos a desprender esa sensación con todos sen parar de rir. 

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.