Últimas Noticias
Eu estou nun
parque de botellón facéndose de día. O parque estaba a carón dun río enorme, estábase
facendo de día e acababan de instalar no río un embalse por debaixo da ponte
que usaba a cidade para comunicarse entre as dúas beiras, a calidade dos
materiais e a súa colocación eran de unha calidade pésima, o groso da estrutura
estaba formado por chapas de metal que empezaron a dobrar cando empezaba a
almacenar auga.
Aínda non chegara
a mediarse cando as chapas empezaron a soltarse, a auga empezou a pasar pero o
nivel da auga seguía subindo, a forza da auga chegou a levar consigo todo o embalse
exceptuando a propia ponte a cal resistiu pese a que o nivel da crecida a
superou, a cidade estaba dividía. Eu como tódolos demais observaba o espectáculo
admirado, un tipo de roupa axustada o corpo e con un casco na cabeza miraba
para nos e parecía apuntar como se fora tirar un bumerán, de feito tiranos un
disco que voaba unha distancia enorme e cunha velocidade esaxerada chegando a
golpearme nunha perna, o disco era como un volante dun coche, moi aerodinámico
e con unhas luceciña intermitente, os rapaces que se encontraban ao meu redor
dinme que iso é unha arma moderna que podes lanzar sen apenas forza e pode
alcanzar a o inimigo a centos de metros, eu lanzoa ao chou, pese a tirala cara
o río ela alzase e volve cara o seu dono, entón eu marcho cos rapaces de alí.
Aparece un vídeo
en branco e negro no que se enfoca o planeta terra xirando como no comezo de un
telexornal, so tres países estaban coloreados de vermello, china, estados
unidos e España, un locutor empeza a falar dicindo algo como “Acaba de xurdir
unha nova oportunidade, dende china un avión cara os estados unidos que fará
unha pequena parada no noso pais” ao escoitalo o grupo xa o entendeu e eu non
sabia se quería entendelo, do que estaba informando era que un grupo de rapazas
chinas pasarían un tempo pola zoa o cal implicaba que novas rapazas querían ser
seducidas e toda a tropa dirixímonos a estación do aeroporto.
Eu non estaba moi
ilusionado polo feito de que as chinas non son populares por ser moi
atractivas, cando chegamos, as rapazas andaban separadas e os meu compañeiros
foron extremadamente rápidos en empezar as súas conversas. Eu estaba a piques
de coñecer unha rapaza que me chamaba a atención cando outro compañeiro calvo e
baixiño se lanza a ela case como se fose un depredador para despois deixarme un
pouco en ridículo.O final eu
esquecinme dese avión e marchei da estación.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comenta que che inspira este soño, que che parece, que aprendiches ou cal é o dilema para ti.
Grazas polo teu aporte.